Novas por contido

A Consellería de Política Social envía un documento de instrucións co que pretende limitar o dereito a coller as vacacións recollido no V Convenio Único do Persoal Laboral da Xunta de Galiza, condicionando as vacacións anuais do persoal que traballa nos centros de menores, de atención á discapacidade e de maiores.

Logo do esforzo e risco asumido nesta pandemia, a consellería, en troques de recuperar dereitos que se manteñen recortados ao persoal que está a traballar nos servizos esenciais, precariza aínda máis as condicións do persoal laboral establecendo agora limitacións nas vacacións anuais.

Os centros de atención directa a usuarios foron duramente afectados pola crise sanitaria do coronavirus pola súa especial vulnerabilidade, tanto polas persoas usuarias ás que prestan servizo, como pola cantidade de persoal traballador que conviven cos mesmos. Nos centros de menores, centros de atención a discapacidade ou centros de maiores dependentes da Consellería de Política Social, o persoal fixo (e fai) un grande esforzo para manter o servizo e parar a afección da panedemia mentres a Xunta mantiña unha actitude impositiva e autoritaria arrasando cos dereitos laborais. 

Así, modificou unilateralmente as condicións de traballo coa imposición de quendas longuísimas (de ata 38 horas consecutivas), traslados forzosos a centros de titularidade privada xustificándoo na necesidade de aportar solución na emerxencia social e sanitaria, e non asegurou debidamente a saúde e seguridade dos traballadores/as pola falta de material de protección abondo e adecuado (EPI, máscaras, pantallas, batas, xeles, etc....).

As organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT, defendemos que o servizo publico é garante de calidade e que o esforzo do persoal empregado público é un valor fundamental na loita contra o virus, pero non podemos admitir que dous meses despois se sigan a vulnerar gravemente os dereitos do persoal. Deben recuperarse a negociación das condicións de traballo e os dereitos incluídos no V Convenio Colectivo Único así como tratar as condicións nas que se producen os traslados ou incluso prepararnos e prever como van a ser as actuacións no caso dun recrudecemento da pandemia.

As organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT, mediante este comunicado esiximos:

  • Unha aposta decidida por uns servizos sociais públicos, dignos e de calidade.
  • Incremento de prazas públicas e de xestión directa.
  • A posta en valor do traballo e o esforzo realizado durante a situación de emerxencia sanitaria coa a compensación en dias adicionais de descanso e a mellora das condicións laborais.
  • Recuperar a compensación por festivos e domingos traballados.
  • A redución da xornada máxima anual.
  • A transformación de todos os contratos de fin de semana ou inferiores, a xornada completa.
  • A compensación do exceso horario e o esforzo do persoal que traballou durante o estado de alarma con 10 días adicionais de vacacións durante o 2020.

Por tanto, diante deste atropelo continuado contra o persoal dos centros de atención directa a usuarios, as organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT, vimos de solicitarlle a Conselleira de Política Social, a apertura dunha mesa de negociación para recuperar os dereitos arrebatados no ano 2012, así como a retirada inmediata do borrador de instrucións de vacacións que pretende impoñer.

Se non se produce esa interlocución e negociación, anunciamos un calendario de mobilizacións e accións de protesta de cara a defender as reivindicacións laborais do persoal empregado público que traballa nos centros de atención directa a usuarios, dependentes desta consellería.

Contra a intención da Consellería de Política Social de limitar o dereito ás vacacións anuais

CONCENTRACIÓNS
De 11:00 a 11:30 horas
Diante dos centros de traballo de Política Social

  • Xoves 28 de maio
  • Xoves 4 de xuño
  • Xoves 11 de xuño
  • Xoves 18 de xuño
  • Xoves 25 de xuño
  • Xoves 2 de xullo

Outras novas recentes

Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...