Novas por contido

O martes 9 de febreiro participamos na Mesa Xeral de Empregados Públicos na que tratamos a orde de integración do persoal laboral fixo do CIXTEC como persoal laboral fixo da Xunta de Galiza e unha modificación da RPT de GAIN.

Ao inicio da mesa, o DXFP comunica que a Comisión de Persoal, prevista ao remate da Mesa Xeral, adíase xa que están estudando a posibilidade de simplificar o trámite para a documentación a presentar polo persoal laboral fixo do CIXTEC que opte pola integración na Admón Xeral da Xunta de Galiza.

Integración do CIXTEC: Función Pública manifesta que a orde de integración é a mesma que as dos outros entes xa integrados no pasado e que están buscando a maneira de simplificar a documentación a presentar.
A CIG segue a preguntar cal é a situación do persoal do CIXTEC que se atopa en excedencia voluntaria por incompatibilidade.
FP di que a Admón subrogouse nos dereitos e obrigas do persoal do CIXTEC pero que analizarán o caso concreto.
A CIG preguntou polos níveis de CD e CE dos postos a crear en AMTEGA para o persoal laboral fixo que se integre e, posteriormente, se funcionarice
O DXFP manifesta que están a traballar na RPT e que antes de que o persoal do CIXTEC solicite a integración xa poderían coñecer o perfil dos postos nos que se funcionarizarían.

Modificación RPT GAIN: Xa nos opuxemos no ano 2019 á creación da “Xefatura do Departamento de Coordinación do Polo Aeroespacial de Rozas”, situada en Castro de Rei (Lugo), con forma de provisión por LD, na escala de enxeñaría especialidades: industrial, telecomunicacións e camiños, canais e portos e con adscrición A11 (Xunta de Galiza, Estado e outras CC.AA.) a costa da amortización de postos de traballo realmente necesarios.

Non se entende como nestes dous anos non foi ocupado nin tan siquera en comisión de servizo co importante que era tal como manifestaron o conselleiro e propio presidente da Xunta naquel momento. Como non o dan cuberto, agora queren adaptar o posto á persoa e trasládano para Santiago de Compostela, aínda que todo o seu traballo se desenvolva en Rozas (Lugo). Na CIG opoñémonos rotundamente á manipulación interesada dos postos de traballo que, curiosamente, só se fai para os postos de estructura.

Rogos e preguntas: 

  • O DXFP informa de que conforme vaian rematando os procesos selectivos as eleccións de destino faranse de xeito telemático.
  • Respostará por escrito ás alegacións formuladas ao buzón de postos ofertados para aux. de clínica e camareiras/os limpadoras/es
  • Do buzón de postos de Aux de clínica retiran as prazas de fin de semana e incorporaron 8 postos máis. Ofertaranse 53 postos para 40 aprobados.
  • Do buzón de camareiras/os limpadoras/es retiraron 13 postos de fin de semana e os postos de fixos discontínuos, resultando 162 postos para 125 aprobados.
  • FP dí que están traballando na RPT da Admón Xeral e Social para a funcionarización, prevendo tanto os postos do persoal laboral fixo como os do persoal temporal.
  • Están a traballar tamén na RPT do Consorcio e na RPT de AMTEGA para a incorporación do persoal do CIXTEC. Non ofrece prazos concretos.

A CIG pregunta por:

  • Carreira profesional, tanto o que se refiere a convocatoria para o grao II como a negociación da carreira ordinaria: Función Pública resposta que será posiblemente neste mes de febreiro.
  • Concurso de traslados de persoal veterinario e finanzas: respostan que o teñen bastante avanzado.
  • Concurso de corpos especiais: Pedimos a negociación das bases de xeito inmediato. Non respostan.
  • Concurso traslados persoal laboral: Pedimos concurso previo á funcionarización. Sen resposta.
  • Negociación dun acordo das condicións de traballo para todo o persoal das Illas Atlánticas e que nos convoquen de inmediato: Non temos resposta.
  • OEP 2021: Pedimos datos da temporalidade na Xunta, desagregado por categorías, escalas, corpos...(consolidación, estabilización e libre) e, expresamente, pedimos a inclusión na consolidación dos postos catalogados como indefinidos non fixos por resolución administrativa do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.
    FP resposta que semestralmente é publicada a temporalidade nas administración públicas, sendo a galega a que ten unha porcentaxe máis baixa e que a OEP será negociada neste trimestre.
  • Rexeitamos a autoemenda do grupo parlamentar do PP para a modificación da LEPG: Esta autoemenda obvia a negociación de cuestións que afectan ao persoal empregado público. Instamos a retirada da mesma e a convocatoria de Mesa Xeral para a súa negociación. A autoemenda do PP contempla trienios para o persoal dos entes instrumentais que se integran na Xunta, a autorización para as entidades privadas a colaborar nos trámites administrativos da Lei de simplificación e reactivación económica así como a mobilidade forzosa do persoal da Admón da Xunta. Tamén se ven afectados os requisitos para o acceso á segunda actividade dos bombeiros forestais e restante persoal do SPDCIF.
    Función Pública limítase a respostar que haberá unha transaccional na que se recollerá que os traslados de persoal serán voluntarios.

 

 

Outras novas recentes

Mércores, 05 Agosto 2026

Xuntanza informativa sobre as eleccións de destino (05/08/26)

Nesta xuntanza comunicáronsenos as datas relevantes de resolucións de adxudicacións de destino, cesamentos, incorporacións, tomas de posesión e outras informacións sobre escolas infantís (A2 e C1), persoal auxiliar coidador, escalas sociosanitarias, e outros asuntos (comisións de servizo, conciliación, adaptacións de postos, prestacións por embarazo e COMEs).
 
Na reunión...
Martes, 04 Agosto 2026

Caos —de novo— nas nóminas de Medio Rural

Máis de 50 compañeiras e compañeiros ven como a Administración lles desconta máis de 1000 euros nas nóminas de xullo.  O caos na xestión das nóminas do persoal de Medio Rural volve quedar en evidencia. Nesta ocasión, máis de 50 axentes ambientais da provincia de Pontevedra sufriron descontos superiores aos 1000 euros na nómina de xullo baixo o concepto «Específico...
Martes, 11 Agosto 2026

A Consellaría do Medio Rural asina acordos aos cachos para o persoal do SPIF

O luns día 10 de agosto a Consellaría do Medio Rural e as organizacións sindicais CCOO, CSIF e UGT asinaron uns acordos parciais para o persoal do SPIF que entenden que son un logro sen precedentes. Para a CIG isto dista moito da realidade. Deseguido explicámosche o porque.En primeiro lugar, a Consellería tiña moita présa en pechar estes acordos en pleno verán; tanta, que...