Novas por contido

A CIG denuncia os efectos negativos nas condicións laborais do persoal da Xunta e a perda da independencia no réxime de informe e autorización dos proxectos con impacto no territorio.

O PP empregou a vía de emendas do seu propio anteproxecto para introducir, a calada e sen debate parlamentario, unha serie de medidas que afectan directamente as condicións laborais do persoal empregado público da Xunta. Ampárase na crise da Covid, cun discurso de falsa simplificación administrativa, para impoñer traslados e funcións, pero tamén para saltarse os informes técnicos dos funcionarios/as públicos na autorización de proxectos.

O público é servizo, o privado beneficio
Pretende cambiar o sistema de traballo derivando informes previos dos procedementos de autorización cara as empresas privadas. De ir para adiante, sentará un precedente inédito na Galiza, xa que elimina a independencia para realizar un informe preceptivo e/ou vinculante para a autorización de proxectos que poden ter impacto social, ambiental ou sobre o patrimonio cultural.

A creación de bolsas de expertos externos ou que empresas colaboradoras entren na xestión e informe vai ter consecuencias directas sobre o noso entorno, pola explotación sen control dos recursos da Galiza, ao non garantirse nin poder xestionar por parte dos poderes públicos os posibles conflitos de intereses ou a independenza empresarial.

A Xunta do PP abre as portas ao expolio da Galiza
Ademais, se sumamos a esta falla de independencia, a redución do trámites e a falla de secuencia de informes (serán paralelos), a creación dun “catalogo” (guia) do que van ser accións “informables” o non (estudos e avaliacións de impacto ambiental, etc…) e que o silenzo administrativo terá carácter positivo, da como resultado a facilidade total para dar luz verde á implantación de calquera actuación. Un panorama perfecto para que as empresas constrúan calquera tipo de proxecto en calquera tipo de solo e territorio. Un parque eólico ou unha mina, un parque industrial ou de explotación gandeira intensiva poderá autorizarse incluso nun espazo natural protexido.

Para o persoal da Xunta: un café e unha palmadiña
Para os trámites para os que sexa necesario persoal empregado público non aplica as fórmulas que xa ten hoxe a Xunta para xestionar o incremento de traballo, como a contratación por acúmulo de tarefas ou as comisións de servizo voluntarias. Aquí o PP instaura a mobilidade forzosa a cambio, como moito, dunha gratificación extraordinaria, que ademais é potestativa.

A denuncia da CIG
Na CIG non nos quedamos caladas ante esta intención de desmantelamento do público e de deterioro das condicións do persoal e esiximos a paralización destas medidas na pasada Mesa Xeral de Empregados Públicos (9/02/2021). Alí a Xunta do PP deu a calada por resposta, e mentras “van facendo” co seu partido.
Tamen acudimos aos grupos parlamentares para expoñerlles os nosos argumentos, tan so o BNG respostou. Así que si nada o para, a lei vai a pleno no Parlamento o día 23 de febreiro, e coa maioría absoluta do PP, non se esperan dificultades para a súa aprobación.

Estes son os artigos que adicionan nas emendas e que pretenden cambiar directamente as condicións laborais do persoal empregado público:

Reasignación de efectivos (Emenda 22,adición de novo artigo 75)
Os secretarios/as xerais poderán mover forzosamente (na mesma localidade )ao persoal para xestionar os fondos europeos (para a recuperación ou “outros”).
Si necesitan trasladar o persoal dunha consellería o a outra, ou de entidades instrumentais por medio da dirección xeral de Función Pública.
O persoal trasladado poderá (posible, non seguro) sempre condicionado ao orzamento percibir complemento de productividade ou gratificacións extraordinarias.

Creación de unidades administrativas de carácter provisional (E 23, novo artigo 76)
Crean unidades provisionais con persoal funcionario de carreira. Xustifican pola experiencia do funcionariado que a provisión dos postos se faga con persoal funcionario de carreira trasladado e descartan expresamente a contratación de persoal interino ou laboral temporal (so de xeito subsidiario).

Asignación de funcións a tempo parcial (E24)
A secretaria xeral técnica da consellería poderá asignar novas tarefas ata o 80% da xornada, logo deberan facer as propias para o que poderán contar ou non co apoio de persoal internino/laboral temporal, unicamente se o titular que foi facer outras funcións era voluntario/a.


Quen fai a lei fai a trampa
En conclusión, na CIG valoramos negativamente unha proposta deste calado unha lei coa asignación arbitraria de novas funcións, sen límites temporais, sen compensacións negociadas e tirando aínda máis da corda dun persoal empregado público sobresaturado. Ademais aplica prazos ridículos para informes e amplía a burocracia para dar cobertura á entrada a empresas colaboradoras ou expertas para o que ata o de agora fai o persoal funcionario.

A lei de simplificación administrativa e reactivación económica non xera emprego, tan só posibilita a depredación.
Para máis, esta lei que non apoia aos pequenos sexan labregas, autónomos, pymes ou empresas, tampouco xera emprego público para a tramitación extraordinaria dos macro proxectos que pretenden vender ao mellor postor a riqueza de Galiza e que nos pon ao servizo das grandes empresas privadas.

Outras novas recentes

Venres, 23 Mai 2025

Concurso de traslados de persoal dos institutos marítimo-pesqueiros: relación provisional de admitidas

No DOG do 23/05/2025 publican a RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza,...
Venres, 23 Mai 2025

Concurso de traslados de Gardacostas: relación definitiva de persoas admitidas e puntuacións provisionais

No DOG do23/05/2025 publican: - RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza,...
Mércores, 28 Mai 2025

As Consellarías de Medio Rural e Política Social e Igualdade denegan o permiso parental

O permiso parental de oito semanas, até que a/o menor cumpra oito anos, está regulado, agás polo de agora a súa retribución, e está incluído na carta de permisos do PortaxNo Portal do empregado/a público da Administración da Xunta (PORTAX) aparece este permiso e está activo no apartado de solicitudes. Aínda que o Pórtax omite a información da normativa básica, pódese...