Novas por contido

Resumo dos asuntos tratados: procesos selectivos de finanzas e letrados, RPT de CEEI e GAIN, información sobre concursos, criterios de corrección, elección de destino, carreira profesional, vacinación, funcionarización, teletraballo..

Os días 1, 2 e 3 de marzo participamos en xuntanzas con Función Pública (Mesa Sectorial de Funcionarios, Comisión de Persoal, e unha xuntanza previa). Poñemos a túa disposición un resumo, incluíndo as preguntas, respostas e informacións facilitadas como rogos e preguntas.

RPT DA VICEPRESIDENCIA SEGUNDA (ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN)

Presentan unha modificación pola que adaptan a RPT ao decreto de estrutura que decidiron. Só despois de insistir facilitaron a memoria económica. Amortizan un posto e deixan a porta aberta a máis amortizacións no futuro con motivo da aprobación da RPT global. . Rexeitamos a apertura dos postos de LD a outras administracións así como a cobertura mediante Concurso Específico. Voto na Comisión de Persoal: CIG, CCOO e UGT en contra. CSIF a favor.

RPT GAIN-AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

Pareceríache lóxico se o posto de “Deán da Catedral de Santiago”, ubicado en Santiago de Compostela, fose cambiado a “Deán da Catedral de Santiago”, reubicado en Monforte? Pois iso é o que fan: moven o posto de “Xefatura de Departamento de Coordinación do Polo Aeroespacial das Rozas”, en Castro de Rei, Lugo, que pasa a ser “Xefatura de Departamento de Coordinación do Polo Aeroespacial das Rozas”, en Santiago de Compostela. Voto na Comisión de Persoal: CIG, CCOO e UGT en contra. CSIF a favor.

PROCEDEMENTO DE INTEGRACIÓN COMO PERSOAL LABORAL FIXO DA XUNTA EN AMTEGA DO PERSOAL PROCEDENTE DO CIXTEC

A última hora, a Administración colou no documento sen dar explicacións o novo complemento persoal de mantemento de retribucións en concepto de antigüidade metido ás agachadas na lei de medidas fiscais e administrativas 2021. Un complemento totalmente discriminatorio que crea unha doble escala salarial dentro do persoal da Xunta co que a CIG está totalmente en contra e que vén a desvirtuar por completo o decreto 129/2012 de integración dos entes, rexeitado tamén pola CIG dende a súa aprobación. Voto en Comisión de Persoal: CIG en contra. CCOO, CSIF e UGT a favor.

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO DA ESCALA DE LETRADOS, SUBGRUPO A1

Expusemos unhas ideas principais (se queres coñecer as alegacions polo miudo, contacta coa CIG):

  • Defendemos concurso-oposición.
  • A promoción interna ten que ser separada do acceso libre, con probas, temario, convocatorias diferentes. O DXFP recoñece que debería haber algunha diferenza. Reclamamos que a promoción interna sexa co 50% das prazas.
  • A porcentaxe de prazas cubertas nas tres convocatorias anteriores non foi superior ao 50% en ningún dos anos. Esto indica claramente que o proceso selectivo é inadecuado. Así que sen renunciar a modelos obxectivos (test), queremos que supriman algún exercicio, substituir algún dos actuais por test, ou evitar que as mesmas partes do temario entren en exercicios diferentes (é dicir, que se eliminen).
  • Programa: substituir temas por normas de dereito. Se non o fan, a EGAP que edite manuais ou polo menos referencias bibliográficas.

Os demáis sindicatos subscriben a inadecuación das probas exposta pola CIG. O DXFP afirma compartir a preocupación pola non cobertura das prazas, pero confía en que manter o aprobado do primeiro exercicio para quen o tivera superado no proceso anterior (unhas 5 ou 6 persoas), facilitará a cobertura das prazas. De non funcionar, estudarían outras medidas en convocatorias posteriores.

A aprobación das bases queda para outra Comisión de Persoal.

CONVOCATORIA DOS PROCESO SELECTIVO DA ESCALA SUPERIOR E TÉCNICA DE FINANZAS

Son as seguintes convocatorias:

  • Escala superior de finanzas, A1, promoción interna.
  • Escala superior de finanzas, A1, estabilización e promoción interna. 
  • Escala técnica de finanzas, A2, estabilización e promoción interna.

Respecto dos borradores iniciais engaden uns cambios:

  • Primeiro exame non antes de 3 meses.
  • No procesos de A1-libre+PI: retiran as prazas de libre e promoción interna, polo que só convocarían as 3 de estabilización.
  • No proceso de A2-libre+PI: das 34 prazas, retiran as de libre, das 8 de PI reducen a 5 e das 3 de discapacitados pasan a 1. Quedarían entón tan só 21 prazas (de estabilización, con 5 para P.I.).

A maiores do que está polo miudo nas alegacións escritas, fixemos un repaso a unhas ideas principais:

  • Tres meses para o primeiro exercicio é pouco. Propomos seis meses, como en letrados.
  • Defendemos separar a promoción interna do acceso libre, con probas, temas e corte diferentes. A promoción interna que sexa do 50%.
  • Non concordamos coa decisión de impedir participar na promoción á escala superior a quen non sexa da escala técnica de finanzas. Evidentemente con reciprocidade para ir destas escalas a outras.
  • Nota de corte nas bases.
  • Estes son outros procesos con probas inadecuadas, como demostran, a cantidade de prazas que quedan vacantes en anos sucesivos. Defendemos probas obxectivas, suprimir algún exercicio, suprimir as probas orais, .. e evitar que as mesmas partes do temario entren en exercicios diferentes.
  • Na fase de concurso, a puntuación máxima por antigüidade para a promoción interna, obtense con 12,5 anos. Esto vai igualar os méritos de empregados que teñan importantes diferenzas de antigüidade, polo que hai que ampliar o tempo.
  • No proceso de estabilización pasa xusto o contrario: fan falla 29 anos de servizos na escala para ter o máximo de puntos de experiencia profesional. Convén reducilo.
  • Advertimos dun erro en A1-libre xa que puntuarían máis o tempo traballado en A2 que na propia escala A1.
  • Formación: faltan entidades formadoras.
  • Programa: substituir temas por normas de dereito. Se non o fan, a EGAP que edite manuais ou polo menos referencias bibliográficas.

O DXFP resposta: que probablemente pasen o primeiro exercicio a non antes de seis meses, que valorarán ampliar o tempo para a preparación da exposición oral, e que estudarán simplificar as probas e temarios (as consellerías están a estudar as alegacións dos sindicatos).

ROGOS E PREGUNTAS

Concursos de traslados

  • Concurso xeral: seguen coa previsión de que estará resolto por xullo. Este mes de marzo sairá o listado definitivo. En marzo ou abril o baremo provisional.
  • Concurso persoal veterinario: pendentes dunha xuntanza con Sanidade para ver os postos e a modificación da RPT. A xuntanza con sanidade será a semana que ven e se teñen acordo remitirán en  breve as bases corrixidas e as prazas. A negociación podería ser por marzo ou abril.
  • Concurso de finanzas: presentarán as bases para negociar neste mes de marzo.
  • Concurso especial: limítase a dicir que en abril falará dos prazos.

Carreira profesional

  • Din que neste mes de marzo, ou abril, estaremos negociando o grao II.
  • E o caso do persoal interino que xa é de carreira que tamén teñen dereito.
  • Non resposta a se as persoas que non quixeron presentarse á funcionarización, ou non aprobaron, terían ou non que devolver o diñeiro da carreira xa cobrado. (lembrar que fai tempo dixera que pensaba que si).

Vacinación: segundo o DXFP seguen estritamente os criterios fixados polo ministerio. O persoal non docente de centros de ensino será vacinado nas mesmas datas (pedimos explicacións a se se referian as mesmas datas que os docentes, pero a resposta non foi clara). Reprochamos a educación por non convocar á representación do persoal non docente, xa que os sindicatos de docentes “non nos representan”.

Criterios de corrección fisioterapia: a nota de corte está fixada en 50 persoas para 10 prazas, para un total de 403 persoas candidatas. Así, a fase de concurso vai quedar en pouco ou nada. Puxemos un exemplo doutro proceso (A1-corpos xerais, OEP-2017): 35 prazas, 1.176 matriculados/as, presentáronse 519, aprobaron o primeiro exame 236, o 20% das persoas matriculadas ou 50% das presentadas. A diferenza é enorme. O DXFP toma nota pero non dá resposta.

Eleccións de destino aux.enfermaría e camareiro/a-limpador/a:

  • CIG afirma que un sindicato está a transmitir a información de que o persoal temporal e indefinido que superou o proceso selectivo vai poder quedar en excedencia por incompatibilidade e quedar no posto que ocupa. 
  • Comprendemos que as persoas de promoción interna poidan pedir excedencia, pero sería a primeira vez que se lle permite ao persoal non fixo. Pedimos que o clarifique.
  • Resposta o DXFP que son 5 as persoas temporais ou indefinidas que superaron o proceso, e que terán que escoller destino (non poden pedir excedencia por incompatibilide).
  • Preguntamos tamén polo destino definitivo: afirmamos que ante a negativa do goberno a que haxa concurso de traslados como persoal laboral, pensamos que o destino definitivo vai ter que agardar a despois do proceso de funcionarización, e por tanto vai tardar anos. Non temos resposta.

Funcionarización do persoal laboral fixo: este mes ou o que ven negociación da RPT de funcionarización. Antes do verán todo rematado. En outubro farían a actualización en DOG.

A neglixencia de educación xa tivo consecuencias: lembrámoslle ao representante de Educación que en setembro do 2019 se comprometera a meter na RPT os postos de persoal laboral de centros que estaban creados e ainda non incluíran na RPT (non o fixeron). Tirámoslle das ourellas afirmando que por pola sua culpa, unha boa cantidade de prazas vacantes non puideron ser ofertadas nas eleccións de destino do persoal que superou o proceso selectivo de camareiro/a-limpador/a, simplemente porque non existen a efectos de RPT.

Outras novas recentes

Xoves, 19 Decembro 2024

A Xunta quere aprobar unha moi escasa Oferta de Emprego Público do 2024

Para seguir a tradición, a Administración achéganos na propia mesa (para que non dea tempo a reflexionar nin a alegar) catro follas cos anexos das prazas da OEP 2024. Limítanse a contarnos o que hai nas táboas. Polo tanto, ademais de que poidamos impugnar a propia OEP, estudaremos impugnar a falta de negociación. E ante a falta de datos ou de tempo para poder estudalos ou...
Martes, 17 Decembro 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Incendios

O día 09 de decembro de 2024 tivo lugar a reunión do Comité S.S.L. de Incendios onde se abordaron os seguintes temas: -. Plan de formación 2025/2028. Dende a CIG pedimos que se abra un prazo de alegacións e que se incorpore a lexislación vixente da Lei básica de Bombeiros Forestais, de obrigado cumprimento, en canto neste caso permita un desenrolo do marco formativo, para...
Martes, 17 Decembro 2024

Mesa de seguimento do acordo de funcionarios do SPIF: consecuencias dun acordo "sen letra pequena"

O día 13 de decembro 2024 celebrouse a 9ª reunión da mesa de seguimento do acordo de funcionarios do SPIF onde a Administración presentounos uns gráficos nos que se reflexa a porcentaxe de cobertura así como a de vacacións,  comparando os anos 2023 con 2024. Dende a CIG insistimos que: - Unha vez máis que, logo do traslado do acordo ao persoal laboral, é de recibo que se...