Novas por contido

A CIG-Autonómica ten denunciado en numerosas ocasións a situación de sobrecarga do persoal de limpeza dos centros de ensino  e que dende a reapertura dos centros no mes de maio do ano 2020 (o comenzo da pandemia) aínda se agrava máis por recaer nelas toda a responsabilidade na limpeza e desinfección dos centros fronte a Covid-19. 

Educación publicou na súa páxina web os distintos protocolos sen ningún tipo de negociación previa da distribución do traballo e incluso aplicando e impoñendo horarios ao persoal, todo isto a pesar de que en innumerábeis ocasións solicitamos xuntanzas cos seus responsábeis e rexistramos achegas e consideracións a cada un deses protocolos. 

Ao fin, a consellería, en outubro dese ano 2020, autorizou unha serie de contratos na modalidade de acumulo de tarefas ata xuño do 2021, que se volveron a renovar para o curso 2021-2022. Como xa dixemos no seu momento, a medida foi insuficiente xa que estes contratos so se autorizaron para algúns centros (aínda que o protocolo aplícase en todos  por igual) e non foi acompañada da negociación de criterios xerais e obxectivos como esixiamos dende a CIG

Este tipo de contratos por acúmulos rematan o día 31.03.2022 e non se van prorrogar ata o remate do curso 2021-2022 producíndose o despedimento das traballadoras da limpeza. Como non fomos informados dos ceses tampouco o fomos dos motivos que os xustifican. Pero o que si temos claro que esta “nova normalidade” require de aumento da limpeza e desinfección de centros máis aínda si se pretenden relaxar outras medidas preventivas tal e como temos a incidencia de contaxios a día de hoxe. 

A CIG-Autonómica solicitoulle á consellería que  mude a súa decisión mantendo os contratos existentes, cando menos, ata o remate deste curso 2021-2022 e para o vindeiro curso 2022-2023 negociar a modificación do Protocolo eliminando o punto 4.1 onde se indica que “nos supostos nos que existan varias persoas dedicadas a tarefas de limpeza, unha delas realizará total ou parcialmente a súa xornada na quenda de mañá, podendo realizarse rotacións no uso das quendas. Cando as tarefas de limpeza se realicen por unha única persoa realizará parte da súa xornada (polo menos 1/3) en xornada de mañá”. 

De non negociarse ratios e cargas máximas de traballo debe volver todo o persoal de limpeza ás condicións anteriores a aplicación deste protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19. 

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...