Novas por contido

No DOG do 10/05/2022 publican a RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a relación de persoas admitidas e excluídas con carácter definitivo que solicitaron a inclusión nas listas únicas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario de determinados corpos, escalas ou especialidades, ao abeiro do establecido no artigo 5.2 da Orde do 20 de xullo de 2021 e a nova valoración definitiva dos méritos de todas as persoas admitidas nas devanditas listas.

Fan públicas as listas definitivas únicas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se relacionan no anexo desta resolución

As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de <listas de contratacion>; e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galiza (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia Primeira e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Turismo).

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

ANEXO

Corpos e escalas de persoal funcionario

Grupo Corpo/escala Denominacion
A1 205G Escala de sistemas e tecnoloxía da información
A1 2060 Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
A1 2062 Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de camiños, canles e portos
A1 2064 Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría industrial
A2 2051 Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
A2 205H Escala de xestión de sistemas de informática
A2 2077 Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica agrícola
C1 2053 Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
C1 205I Escala técnica auxiliar de informática
C2 2059 Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
  2055 Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

 

 

Outras novas recentes

Luns, 24 Xuño 2024

Xuntanza do CSSL de Medio Ambiente

O pasado venres día 21 celebrouse o Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Medio Ambiente (en adiante CSSL) onde se trataron diferentes asuntos relacionados coa seguridade e saúde dos empregados públicos. Os asuntos tratados foron variados entre os que podemos destacar a roupa de traballo e uniformidade, vehículos, formación, algunhas problemáticas nos centros de manexo de...
Martes, 02 Xullo 2024

Os centros de reeducación para menores infractores na Galiza: !!case unha realidade privatizada por máis de 61,5 millóns de euros!!

A Consellería de Política Social e Igualdade vén de publicar no DOG do pasado martes 11 de xuño a resolución do 28 de maio de 2024 pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a selección de entidade privada sen ánimo de lucro, para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen...
Venres, 28 Xuño 2024

Agacal: a rei morto, raíña que se impón?

A uns meses de que cesaran ao xerente de Agacal e a menos de que nomearan a un novo director desa axencia, vimos de recibir un correo electrónico remitido pola xefa do Departamento de Coordinación Administrativa no que se nos envía un documento nunca antes negociado, e nas que asume as funcións da xerencia por suplencia, segundo unha resolución do 27/03/2024. Botamos en...