Novas por contido

O pasado venres día 21 celebrouse o Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Medio Ambiente (en adiante CSSL) onde se trataron diferentes asuntos relacionados coa seguridade e saúde dos empregados públicos. Os asuntos tratados foron variados entre os que podemos destacar a roupa de traballo e uniformidade, vehículos, formación, algunhas problemáticas nos centros de manexo de fauna...

En canto a formación temos que sinalar que a Administración fixo un resumo dos cursos que se van organizar e que se realizaron neste ano 2024; cabe destacar que en setembro do 2023 dende a CIG enviamos un documento coas actividades formativas que consideremos interesantes para os empregados públicos e encamiñadas fundamentalmente para o persoal de campo. Entre as actividades propostas pola CIG e que se levan adiante neste 2024 son as seguintes: manexo de grupos electróxenos, cartografía e orientación (curso GIS), vehículos 4x4 entre outros, curso de riscos biolóxicos. 

En canto a algunhas problemáticas nos centros de traballo, na CIG destacamos dúas cuestións concretas, por unha banda, a situación dos grupos electróxenos do Parque Nacional das Illas Atlánticas, onde aportamos informe cun reportaxe fotográfico e onde a propia Administración recoñeceu deficiencias, comprometéndose a solventalas coa máxima celeridade, é obvio sinalar que faremos un seguimento deste tema tan delicado para a seguridade dos traballadores e máis cando se manexan máis de 100.000 litros de gasóleo ao ano.

Outro aspecto, do que dende a CIG fixemos unha queixa é no relacionado cos centros de traballo é a dificultade de cobertura das baixas nalgúns deles; existe unha discriminación clara, e que leva anos producíndose, coa provincia de Ourense en comparación coas demais, para cubrir baixas ou vacantes, ben sexa de Axentes medioambientais, vixiantes de recursos forestais, peóns..., polo que solicitamos da Administración corrixir esta situación tan anómala, inxustificada e reiterada no tempo.

No referente a uniformidade e á roupa de traballo destacar que a Administración informounos dun ACORDO MARCO coa Consellería de Medio Rural para a súa provisión, este material ía dirixido para Vixiantes de Recursos Naturais, Capataces de Establecemento, Peóns Forestais e Axentes Facultativos Ambientais. Na CIG propuxemos que se mercara roupa tamén para o persoal técnico xa que levan 10 anos sen recibila, a Administración aceptou a proposta. Como anécdota sinalar que na xuntanza participaron varios xefes de servizo e ningún deles prantexou a merca da roupa para o seu propio persoal técnico.

En canto aos vehículos, a Administración informou da posta a disposición de novos todoterreos, modelos tipo pick-up, na CIG manifestamos que non temos constancia de que se tratase ou negociase este punto en ningunha xuntanza do CSSL medio ambiente; fomos sabendo polos compañeiros que nos ían informando deste tema.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...