Novas por contido

Continuamos as xuntanzas entre Función Pública e os sindicatos (CIG, CSIF, SEPGA, CCOO e UGT) para discutir os criterios e as bases da Oferta de Emprego Pública extraordinaria (OEP) do ano 2022, afectada pola Lei 20/21, de temporalidade.

O DXFP fai un repaso aos últimos cambios no documento de criterios da OEP (repite algunha das cuestións expostas na xuntanza anterior):

  • Explica que o concepto de ocupación “ininterrumpida” (menos de 3 meses) tamén afecta ás prazas da Disposición Adicional 8ª da Lei 20/21.
  • Que unha praza non estea creada en RPT non é un requisito para que poida ser ofertada. Abonda con que teña dotación económica, e xa se incluirá en RPT posteriormente.
  • Como xa dixo na xuntanza anterior, nesta OEP irán as prazas afectadas pola Lei 20/21. A OEP ordinaria (a de reposición de efectivos) será posterior.
  • Para verificar a non interrupción do vínculo, non computará o tempo de suspensión de contrato do persoal fixo-descontinuo.
  • Engaden probas físicas ou psicotécnicas relacionadas coas tarefas naquelas escalas/categorías que sexa necesario (por exemplo, en escalas de incendios).
  • Os entes instrumentais, caso de convocar separadamente, aplicarán os mesmos criterios que os de Función Pública. Apunta a que todos os entes do artigo 45.a. da LOFAXGA serán convocados xuntos, mentres que os do artigo 45.b. (Portos de Galiza ou Seaga, por exemplo), poderían ter convocatoria diferente ainda que cos criterios comúns. Non é unha decisión pechada.
  • O que si farán será detallar os entes por separado no decreto de oferta, o que lles permitirá tomar a decisión posterior de convocar unido ou non.
  • Acepta a proposta da CIG de separar a OEP de estabilización da OEP ordinaria.
  • O director preguntoulle ás OOSS a súa opinión sobre a inclusión na OPE extraordinaria das prazas de persoal fixo descontinuo de 6 meses do SPIF do ano 2019. É curioso, porque o outro día dera por feita esta inclusión.
  • Informa de que a oferta ordinaria será dunhas 700 prazas.
  • Insiste en que a oferta extraordinaria non pode implicar incremento de costes.
  • Os postos ocupados por persoas con sentenza de indefinición posterior ao 31/12/2020 irá incluidos na oferta.
  • Teñen intención de ofertar as prazas que veñen de Seaga sempre que sexa xurIdicamente posible.
  • Os erros existentes na data de ocupación das prazas, non teñen importancia neste intre, xa que o importante agora é definir a forma de acceso aos postos. Afinar a data será algo posterior.

A CIG manifestou o seguinte:

  • Mantemos que hai que retirar a data do 30/12/21 como referente, pois iso non o di a Lei 20/21.
  • Por non ter sido identificadas en convocatorias anteriores, hai que retirar a observación de “convocadas” que consta en moitas prazas dos listados que nos facilitou a DXFP.
  • Precisamente para que non pase o exposto no punto anterior, nesta oferta hai que identificar as prazas, ben na publicación da oferta, ben da convocatoria.
  • O persoal empregado público ten que estar en condicións de atender á cidadanía no idioma que estes elixan. Por iso, o idioma galego ten que ser un requisito.
  • O concurso de traslados previo ten que ser resolto simultaneamente aos procesos selectivos. Así evitariamos os destinos provisionais.
  • Non concordamos co epígrafe de que se ofertarán as prazas comezando polas de maior antigüidade. Propoñemos que se oferten tódalas vacantes e non as de maior antigüidade primeiro.
  • Apoiamos a convocatoria separada dos entes (cos mesmos criterios que os de Función Pública)


O DXFP négase a falar agora dos aspectos concretos das convocatorias. Mantén que a súa máxima vai ser a seguridade xurídica. O luns enviarán o borrador do decreto de OEP. Partidarios de esixir, con carácter xeral, o idioma galego como requisito (están en consultas coa asesoría xurídica), pero non irá no texto da oferta. A decisión de modular os servizos prestados segundo a Administración tamén está na mesa da asesoría xurídica. Manteñen 3 meses como o máximo para considerar a ininterrupción.

Respecto da integración nas bolsas de substitución das persoas que non superen os procesos, o DXFP manifesta dúbidas de interpretación. Unha interpretación está na inclusión de quen supere un exame. Pero tamén hai que interpretar sobre o concurso de méritos (incorporar a quen supere unha puntuación mínima?).

O baremo xeral negociarase con posterioridade á convocatoria da OEP. No mes de xuño teremos unha primeira reunión con algunhas das cuestións que poidan ir no baremo. Tentarán ter o mesmo sistema nuns procesos e noutros. Intentarán modular ao máximo que permita a seguridade xurídica.

Teñen a intención de unir as prazas de persoal laboral e funcionario, ofertandoas como persoal funcionario. Valorarán igual a experiencia entre escalas de persoal funcionario e categorías de persoal laboral que sexan equivalentes. O DXFP solicita a opinión dos sindicatos. A CIG comunicará a súa postura unha vez valorado.

A representación da CIG manifestou que queremos entrar a negociar xa agora, e que conste no documento de criterios, moitos aspectos das convocatorias, porque as decisións que se tomen van repercutir no resultado final. Queremos falar do requisito de galego, puntuacións, probas, cortes, tribunais, tipo de probas... Tamén é fundamental ter a lista dos postos con todos os datos correctos, tal e como lle pediramos xa en febreiro.

A maiores, na OEP convocarán unhas 100 prazas para a funcionarización do persoal laboral fixo que quedaron atrás.

A promoción interna

Respecto da promoción interna, o DXFP di que en moitas escalas haberá moi poucas vacantes para a oferta ordinaria e promoción interna. Di que terán os datos dentro duns meses.

A CIG reclama a reconsideración dos criterios manexados por Función Pública, pola historicamente ridícula oferta, pola súa dureza e desprazamento, que converte a promoción interna nunha carreira de obstáculos. O DXFP advirte que en moitas escalas haberá moi poucas vacantes para promoción interna (calcularano dentro duns meses). Farán unha referencia a promoción interna posteriormente cando saiban o que queda nas escalas respectivas.

Reclamamos tamén unha maior permeabilidade entre escalas, permitindo que calquera empregado/a poida presentarse por promoción interna a calquer escala para a que cumpra os requisitos.

O percorrido da OEP

A intención do DXFP é remitir aos sindicatos o luns 16 o borrador de Decreto da OEP. Non falou de novas xuntanzas, e sabendo que a oferta ten que estar publicada en DOG antes do día 1 de xuño, poderían querer aprobar o decreto nun Consello da Xunta o xoves 26, o que deixa pouca marxe de días tendo presente que primeiro ten que pasar por Mesa Xeral e Comisión de Persoal.

Outras novas recentes

Luns, 14 Abril 2025

Concurso de traslados de consumo

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitiunos a información de que o mércores 16 de abril publicarán no Diario Oficial de Galiza as seguintes resolucións para o concurso ordinario de traslados das escalas de inspección e de axentes de inspección de consumo: Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas Puntuacións provisionais das...
Venres, 11 Abril 2025

A dirección da EGAP aposta agora pola «externalización» dos temarios

As persoas á fronte da EGAP escúndanse na falta de medios para a privatización da elaboración dos temarios de promoción interna e libre do persoal da Xunta de Galiza, un antigo compromiso que a EGAP incumpre ano tras ano. Na CIG levamos moitos anos lembrándolle á EGAP o compromiso de elaboración dos temarios, tanto no referido á promoción interna como á libre. Até o de...
Luns, 14 Abril 2025

Concursos traslados, carreira profesional, sentenzas destinos, concurso específico, teletraballo (MSF 11/04/25)

O pasado venres 11 de marzo, tivo lugar unha xuntanza da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, na que se trataron os seguintes asuntos: 1) concurso de traslados de profesores e mestres de escolas náutico-pesqueiras, e de axentes de extensión pesqueira, 2) concurso de traslados de arqueólogos/as, delineantes, arquivos, bibliotecas e museos. Na rolda aberta de...