Novas por contido

Á espera da xuntanza que vamos ter o martes 10 (corresponde á prevista para o mércores 4 e que foi aprazada varias veces), facemos públicos os últimos listados de prazas que temos (non serán os definitivos):

- Listado 1 (prazas para concurso). Actualizado a 05/05/2022

- Listado 2 (prazas para concurso-oposición). Actualizado a 05/05/2022

- Listado 3 (segundo FP: persoal indefinido non fixo sen RPT). Actualizado a 05/05/2022

- Consorcio (con localidades, categorías e equivalencias). Actualizado a 04/05/2022

- Entes (incluíndo os do ámbito de Medio Rural). Actualizado a 04/05/2022

Función Pública ampliou o prazo para presentar alegacións, que vai ser ata o luns día 9 de maio. Así que podes contactar coa CIG.

Estes novos listados son enviados por Función Pública ou xerados dende a súa aplicación. Advertimos que na CIG temos moitisimas alegacións (centos), e ainda estamos no proceso de verificación e mecanizado cos datos que temos e que nos son facilitados polas persoas interesadas.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...