Novas por contido

A Residencia Xuvenil “Florentino L. Cuevillas” é albergue durante o mes de agosto, cando deixa de facer funcións de residencia de estudantes, dentro da REAJ (Red Española de Albergues Juveniles), tanto é así que continúa a publicitarse no seu web oficial.

Pois ben, grazas a xestión da dirección do centro e co visto bo da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Ourense, o único albergue público de Ourense está pechado.

No ano da recuperación do turismo despois da pandemia, no ano Xacobeo, onde se pretende potenciar a estadía en Ourense, a Consellería de Política Social pecha outro servizo público.

Dende a CIG-autonómica non entendemos como é posible esta política de terra queimada, onde non se coidan os servizos públicos, onde o pouco equipamento público que temos na cidade o pechamos.

Si existen tarefas de mantemento do centro ou calquera outra cuestión que se teña que facer, existen períodos ao logo do ano que se poden realizar e non no momento en que ten que funcionar como un servizo turístico da cidade.

Estas actitudes de desprezo aos servizos públicos dentro da Consellería de Política Social en Ourense non son novos e deberían ter consecuencias, sobre todo en datas tan sinaladas para a recuperación económica da provincia de Ourense, como é este Xacobeo 21-22.

Outras novas recentes

Luns, 02 Xuño 2025

A CIG pide á Valedora do Pobo que garanta que o persoal cociñeiro teña titulación técnica

A CIG acode á Valedora do Pobo ante a negativa da Administración de rectificar sobre a contratación de persoal sen titulación nas cociñas escolares. Coa presentación dunha queixa ante a Valedora do Pobo pedimos que interveña para que as persoas responsables da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional se senten a negociar unha saída xusta á...
Mércores, 04 Xuño 2025

Galegofobia na Xunta: Persoal denegoulle o permiso para acudir aos actos das Letras Galegas a unha traballadora

A denegación totalmente inxustificada para a participación nos actos das Letras Galegas 2025 ten lugar tras a eliminación das conmemoracións do Día das Letras Galegas en 2024 na EGAP e a campaña da CIG “Por unha EGAP transparente e en galego”, dada a deriva de galegofobia e de incuprimento da normativa lingüística na Administración da Xunta Un Servizo de Persoal da...
Venres, 30 Mai 2025

Concurso de axentes ambientais e forestais: un ano para sacar as listas de persoas admitidas

Dende a convocatoria do anterior concurso de traslados en decembro do ano 2012, e posterior resolución en febreiro de 2014, non houbo máis concursos de traslados ordinario das escalas de axentes facultativos ambientais e axentes forestais, ata o actual, convocado o 05/12/2023. Toda unha década que forza a buscar comisións de servizos como a única maneira de solucionar os...