Novas por contido

Os criterios de bases para os procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021 van ir á Comisión de Persoal xunto coa carreira profesional o venres 28 de outubro, despois de pasar primeiro por Mesa Xeral de Empregados Públicos, tras a solicitude da CIG para intentar aportarlle melloras.

O último borrador de criterios de bases xerais para as convocatorias de estabilización trae, de novo, cambios sen explicación. E xa van 6 borradores diferentes con vai e ven en puntuación nos méritos, engádegas e incluso volta atrás en cuestións xa acordadas. Ante esta situación na CIG esiximos que se trate previamente na Mesa Xeral de Empregados Públicos para intentar mudar a posición da Función Pública naquelas cuestións que son lesivas para o persoal.

Criterios para as bases de estabilización

En resumo a día de hoxe o que hai no borrador de Función Pública para a Comisión de Persoal:

  • Méritos ata a data da convocatoria.
  • Valoran os servizos prestados de vinculación temporal.
  • O coñecemento da lingua galega será requisito. Se non ten Celga, exame previo tipo test, equivalente a Celga e eliminatorio.
  • Valóranse categorías e escalas equivalentes. Ademais integradas, refundidas ou sucesivas (por extinguidas ou en proceso): recolleranse de xeito específico en cada convocatoria.
  • Desempate: 1º) infrarrepresentación muller no seu caso; 2º) maior tempo de servizos prestados escala/categoría administración convocante; 3º) maior tempo de servizos prestados noutras categorías/escalas da administración convocante; 4º) maior idade; 5º) sorteo. No concurso-oposición: o segundo desempate será a maior puntuación na fase de oposición.
  • No concurso-oposición (60 oposición-40 concurso):
    • Un exercicio C1, C2 e AP; e máximo dous para A1 e A2. Preferentemente tipo test.
    • Non hai autoavaliación.
    • Distribución de 30 (experiencia)-10 (outros méritos).
    • O tempo traballado terá dúas valoracións diferentes: na administración convocante na categoría/escala, con 0,25 ptos/mes; e outras administracións, con 0,125 ptos/mes. Anos para o máximo: 10.
    • O valor da formación na lingua galega e linguaxe administrativa volve a puntuación de partida cun máximo de 2,5 puntos
  • No concurso:
    • Autoavaliación dos méritos nos procesos da Dirección Xeral da Función Pública (resto opcional).
    • O tempo traballado (70 puntos): na administración convocante na categoría/escala, 0,30 ptos/mes; diferente á convocante, 0,15 ptos/mes (proporción 2-1).
    • Outros méritos (30 puntos):
      • Formación: ata 17,5 puntos, mínimo 8 h/curso, 0,04 ptos/hora (máximo con 437,5 horas).
      • Grao coñecemento da lingua galega: ata 5 puntos.
      • Exercicios aprobados coa fase de oposición rematada con data posterior ao 1.01.2002: máximo 7,5 ptos., 2,5 puntos por exercicio ou proba superada. Nas escalas ou categorías que non houbo acumúlase na formación (apartado de formación específica). Non puntua o exercicio de galego, probas psicotécnicas ou físicas.

Como novidade din que valorarán os servizos prestados en encomendas de xestión nas entidades instrumentais; mais deben aclaralo, pois xorden interpretacións.

O que non aceptan:

  • Valorar tamén os servizos prestados en diferente categoría/escala na administración convocante.
  • Compensar o tempo de inactividade obrigada do persoal fixo-descontinuo.
  • Aclarar que vai pasar coas prazas de fixos descontinuos de 6 meses. Como lle van valorar o tempo traballado en SEAGA a este persoal?
  • Reducir o peso da formación e introducir neste baremo as titulacións.
  • Valorar exercicios superados en procesos superados como temporais, reducir a puntuación e eliminar o límite de tempo.
  • O peso da experiencia profesional na administración convocante e o intervalo con respecto a outras administracións é insuficiente.
  • Aclarar onde, como, a quen e por que van valorar servizos prestados en entes instrumentais por que é unha novidade que non xustifican.

Outras novas recentes

Venres, 17 Xullo 2026

Datas dos concursos de traslados e procesos selectivos (MSF 16/07/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do xoves 16, a directora xeral de Emprego Público (DXEP) deu información actualizada das previsións das datas de toma de posesión dalgúns concursos de traslados e procesos selectivos. Indica a DXEP que debido ás incidencias técnicas das últimas semanas, tiveron que ampliar os prazos (como foi en corpos xerais ou escalas sociosanitarias) para...
Luns, 20 Xullo 2026

Esiximos novas avaliacións de riscos para gardas e axentes ambientais

A CIG reclama avaliacións de riscos para todo o persoal axente ambiental e garda de recursos naturais en base as novas directrices do INSST Nestes días estamos a solicitar á Xunta a elaboración de novas avaliacións de riscos laborais adaptadas á Lei 4/2024, básica de axentes forestais e medioambientais, e ás novas directrices do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no...
Luns, 27 Xullo 2026

Nomeamento como persoal funcionario dos subgrupos A1, A2, C1, C2, persoal subalterno e apertura do prazo posesorio

No DOG do 27/07/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244,...