Novas por contido

O ISM denega a asimilación do persoal gardacostas no réxime especial do Mar á vez que lle aplica todas as esixencias dese réxime especial para poder realizar as súas funcións.

As preto de 250 persoas empregadas no servizo de Gardacostas de Galiza encárganse da vixilancia, busca, salvamento e protección do medio mariño e da importantísima loita contra o furtivismo. De todas estas persoas só a metade son persoal funcionario público que comparte espazo e funcións co persoal laboral da Consellería do Mar e coas empresas privadas coa que a Consellería do Mar privatizou os servizos auxiliares das embarcacións.

Mentres este persoal das empresas privadas non ten dificultades para estar no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar (TREMAR) e acceder á xubilación anticipada con coeficientes redutores por causa das súas funcións, o persoal gardacostas funcionario queda excluído destes dereitos mais se lle aplican as obrigas do ISM para poder embarcar.

A CIG reuniuse no mes de marzo coa Consellería do Mar para que solicitara ao ISM o TREMAR para o persoal gardacostas por asimilación de funcións xa que de non facelo se estaba a producir unha discriminación clara por razón do réxime xurídico. Temos que lembrar que este persoal funcionario estaba encadrado ata o ano 1996 nese réxime especial e que os xulgados do Social seguen a recoñecer os coeficientes redutores durante toda a vida laboral independentemente de onde cotizaran ao persoal gardacostas xubilado, co fin de complementar as suas pensións.

Acaba de chegar a resposta do “Instituto Social de La Marina” a que tivemos acceso. Nesta resolución o ISM bota balóns fóra e derívannos ao recoñecemento dos coeficientes redutores pola vía do RD 1698/2011 polo que se regula o réxime xurídico e de procedemento xeral para establecer os coeficientes reductores e anticipar a edad de xubilación no sistema da seguridade social. Mais na práctica sigue obrigando a este persoal funcionario a pasar un recoñecemento médico específico de embarque e a manter ao día os cursos necesarios para o embarque e xestión das embarcaciones á vez que lles denegan o acceso a estes recoñecementos e formación específica por no estar adscritos/as ao TREMAR.

E cal é a xustificación do ISM para excluílos? Pois que son funcionarios e funcionarias públicas acollidos ao réxime xeral da Seguridade Social. Pois claro, nalgún sitio tiñan que estar encadrados, pero isto non xustifica que non o poidan estar no TREMAR. Non atopamos ningunha normativa que xustifique a exclusión.

La consideración de funcionarios del personal del Servicio de Guardacostas de Galicia hace que se encuentren excluidos del campo de aplicación del Régimen Especial de la Seguridad Social de los trabajadores del Mar estando encuadrados en el Régimen General de la Seguridad Social por aplicación del artículo 136.2 del texto refundido de la Ley General de la Seguridad Social, aprobado mediante Real Decreto Lexislativo 8/2015, de 30 de octubre. En dicho artículo se establece que se encuentran expresamente comprendidos en el Régimen General de la Seguridad Social:

i) El personal funcionario al servicio de las administraciones públicas y de las entidades y organismos vinculados o dependientes de ellas.

Por outra parte lembramos que a razón fundamental da solicitude de asimilación ou entrada no TREMAR é pola dereito fundamental á protección da saúde deste persoal que comparte o mesmo ámbito laboral que os seus compañeiros. Con esta resolución o ISM obriga pero non protexe ao funcionarios e funcionarias gardacostas da Xunta de Galiza.

Solicitámoslle a Consellería do Mar que recorra a resolución do ISM e que faga as xestións necesarias para eliminar a discriminación e protexer ao seu persoal, pero aínda estamos pendentes de resposta.

Máis na CIG non nos quedamos paradas e estamos a traballar nunha segunda vía cos grupos parlamentares para que se introduza unha emenda que recoñeza os coeficientes redutores no anteproxecto da Lei de pesca en tramitación nestes momentos no Congreso dos Deputados.

Outras novas recentes

Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...