Novas por contido

O DOG de 08/04/2015 publicou a orde do 25 de marzo pola que se inicia o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galiza do persoal laboral fixo da extinta Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH), adscrita á entidade pública empresarial Augas de Galiza. O número de postos a integrar era de 48 e se establecía un prazo de 15 días  para manifestar a opción de integración.

Non sabíamos se houbera ou non peticións de integración do persoal laboral fixo da EPOSH. O caso é que polo transcurso do prazo de tres meses previsto sen existir resolución expresa, quedaron todas desestimadas.

As retribucións do persoal do EPOSH son totalmente opacas e son as establecidas no ano 2005 no convenio asinado polo goberno, en funcións, de Manuel Fraga,  sendo Alberto Núñez Feijoo o conselleiro de Política Territorial,  de quen dependía organicamente este chiringuito. No convenio se establecen unhas retribucións mui por enriba das do convenio único do persoal laboral da Xunta e o valor do trienio representa un 5% da suma de todos os seus haberes.

Na Lei de Medidas fiscais e administrativas para o ano 2021 da Xunta de Galiza, se inclúe  unha modificación do decreto de integración que ven a permitir que o persoal procedente das entidades instrumentais do sector público autonómico, por exemplo a EPOSH, que se integre como persoal laboral fixo da Xunta de Galiza e que, en virtude do seu convenio colectivo de orixe, perciba en concepto de antigüidade unhas cantidades superiores ás establecidas no convenio do persoal  laboral da Xunta, terá dereito a un complemento adicional e independente que consistirá na diferenza positiva e que se manterá incluso no caso da funcionarización.

En pleno verán, o día 5 de agosto de 2021, seis anos despois da publicación da Orde que iniciaba o procedemento de integración, celebrouse a Mesa Xeral de negociación para debater a Orde pola que se modifica a Orde de integración do ano 2015, e aperturar un novo prazo de presentación das opcións de integración.

Por se fora pouco, tivemos que agardar un ano máis para que aquela modificación da Mesa Xeral de agosto de 2021, quedase aprobada en Comisión de Persoal. Outra vez foi en verán, ás agachadas, o día 5 de agosto de 2022. A proposta quedou aprobada co voto en contra de todas as organizacións sindicais.

Como curiosidade, dicir que nesta Comisión de Persoal, o secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas manifestou que todo o persoal da EPOSH solicitara a súa integración no ano 2015.

Hai algún motivo que explique os atrasos na integración do persoal laboral fixo da EPOSH?

  1. A paralización da integración permitiu continuar percibindo as retribucións superiores do seu convenio de orixe sen que se lles aplicase a absorción das retribucións superiores previstas na Orde de integración do 2015.

  2. A paralización permitiu a aprobación, sen negociación, da disposición adicional primeira da Lei de medidas fiscais e administrativas, Lei 4/2021,  para a creación dun complemento adicional para o mantemento das diferenzas positivas polo valor superior da antigüidade, tanto no momento da integración como laboral fixo como na posterior funcionarización.


Non queremos ser mal pensados, pero pode estar detrás disto o feito de que a propia Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, é persoal laboral da EPOSH, e por tanto é beneficiaria da modificación da Orde de integración?

Agora parece que si vai a cousa: comeza a revisión dos expedientes de integración.

Outras novas recentes

Luns, 23 Febreiro 2026

Xuntanza para o calendario nas escolas infantís (AGASS e Consorcio) no curso 26/27

Onde están as horas de programación e titorías?A CIG solicitara semanas atrás, negociar o calendario para o vindeiro curso 26/27 antes da publicación do procedemento de admisión de alumnado.   Calendario de traballo para o curso 2026/27 A mediados de marzo publicarán o procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso 26/27. Este documento afecta ao calendario de...
Venres, 27 Febreiro 2026

RPTs de Cultura e Agacal; conv.concurso de traslados educ. infantil-coidadores/as e xerocultores/as-PSX (CP 26/02/2026)

Modificación da RPT de Cultura: chega 1 ano despois, polo que non era necesaria; e apertura contraditoria e inxustificada da dirección do CGAC a outras administracións, á vista do claro perfil técnico. Mentres, Agacal non negocia as modificaciónse pretende branquear a situación da dirección do CIAM, que semella ilegal; sen esquecer a proposta de cambios non xustificado noss...
Martes, 24 Febreiro 2026

RPTs de Cultura e Agacal (MSF 20/02/2026)

Cultura modifica a RPT para abrir unha praza de dirección do CGAC (previamente aberta á Administración Xeral da Xunta e Museos), á Administración estatal das comunidades autónomas, ao persoal docente e á Administración local, de xeito contraditorio e inxustificado. Mentres, Agacal non negocia, non responde ás alegacións e non facilita a RPT e o cadro de persoal coas liñas...