Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas e que dea resposta ás necesidades específicas de cada centro.
A CIG leva as tarefas feitas, e xa enviamos, o que pode ser a base, para comezar a traballar o futuro acordo.

Principios xerais colectivos:
- Axilidade nas coberturas: cobertura inmediata de toda baixa e permiso. Durante o proceso para a cobertura (2 días máximo) adaptaranse as funcións ordinarias ás circunstancias extraordinarias provocadas pola falta de persoal. Pasados os dous días acordados sin cobertura, a partir do 3º día establecerase un método de compensación, por esta carga de traballo engadida.
- Cobertura das prazas estruturais: creación de prazas por sobrepasar rateos fixados neste acordo ou polas limitacións que por esixencias de Saúde Laboral se teñan que adaptar postos do persoal que ocupa esa praza. Garantirase a creación das prazas para o inicio do seguinte ano académico. En tanto non se produce a creación e modificación da RPT, cubriranse mediante cúmulos de tarefas para evitar a sobrecarga do persoal.
- Todas as modificacións que impliquen un cambio organizativo, precisarán consenso co departamento afectado, e de ser o caso, si a modificación e substancial, negociación coa representación dos/as traballadores.
- Uniformidade: Se lle proporcionará a todo o persoal que presta servizos na Consellería de Educación os uniformes que se precisen acordes á categoría profesional e á área onde desenvolven os seus servizos. Comprenderán por ano académico: 2 prendas de indumentaria laboral e 1 de calzado de traballo ou calzado de seguridade si o servizo que presta así o require. Serán proporcionados todos os EPIs que en materia de PRL sexan necesarios.
- Encadre das categorías dacordo a LEPG: As diferentes categorías profesionais que conforman o colectivo Persaol Non Docente (PND), serán encadradas no grupo ou subgrupo que lle corresponda dacordo coa titulación académica requirida para o acceso. Abrindo o grupo B para Técnicos Superiores e eliminando a Agrupación Profesional. Darase un encadre real das funcións desempeñadas. Así mesmo promocionaranse as escalas que a día de hoxe non se lle pide titulación específica para o desempeño pero existe esa oferta formativa dentro do catálogo académico da Consellería de Educación.
- Contabilizar cursos doutras consellerías ou actividades formativas non curriculares aínda que sexan en horario habitual centro.
- Negociar e aprobar as rateos específicas de centros e as RPTs antes do 15 de setembro de cada curso escolar, con negociación previa nas Xuntas de Persoal e entrega de datos dos centros e persoal á representación do persoal coa antelación necesaria para que sexan avaliados.
- As equipas técnicas deberán ter actualizadas as medicións dos espazos especialmente cando estes espazos sexan ampliados ou modificados. Así mesmo as modificacións dos espazos deberán ter a correspondente avaliación de riscos realizada antes da incorporación do persoal ó traballo neses espazos.
- Modificación da normativa relativa aos rateos dos comedores , persoal coidador, persoal administrativo e subalterno. - Rateos: negociación de rateos por categorías en función de actividades formativas, ampliación dos centros, medicións reais (as actuais están obsoletas), estructura do edificio. En concreto no que atinxe a:
-
Contabilizar cursos doutras consellerías ou actividades formativas non curriculares aínda que sexan en horario habitual centro.
-
Negociar e aprobar as rateos específicas de centros e as RPTs antes do 15 de setembro de cada curso escolar, con negociación previa nas Xuntas de Persoal e entrega de datos dos centros e persoal á representación do persoal coa antelación necesaria para que sexan avaliados.
-
As equipas técnicas deberán ter actualizadas as medicións dos espazos especialmente cando estes espazos sexan ampliados ou modificados. Así mesmo as modificacións dos espazos deberán ter a correspondente avaliación de riscos realizada antes da incorporación do persoal ó traballo neses espazos.
-
Modificación da normativa relativa aos rateos dos comedores , persoal coidador, persoal administrativo e subalterno.
- Itinerancias: É fundamental regular as condicións de todo o persoal afectado polas itinerancias de xeito que se compatibilice coa vida persoal e familiar das persoas traballadoras.
- Seguridade e Saúde Laboral: Realizarase un plano preventivo específico no que se avaliarán todos os postos de traballo segundo tipoloxía de centro e funcións. Terase en conta de forma específica os riscos no embarazo e lactación (suspensión por risco).
- Xornada de traballo, horarios e permisos: 35 horas, desfrute real dos asuntos propios e regulación de nocturnidades. Os permisos solicitaranse por medios telemáticos a través dun sistema normalizado e xenérico para todos os centros. A súa denegación deberá ser motivada, por escrito, con indicación expresa das necesidades do servizo e dos recursos procedentes, non admitíndose denegacións xenéricas.
- Espazos axeitados e diferenciados: Para o descanso do persoal, para gardar as pertenzas persoais. Eliminación de sinalización excluínte.
- Recoñecemento profesional e negociación dun catálogo de funcións: O persoal de administración e servizos dos centros educativos será encadrado no grupo e subgrupo de clasificación profesional que corresponda en función da titulación esixida para o acceso e das funcións efectivamente desempeñadas. En ningún caso poderá producirse unha situación de infraclasificación profesional que supoña unha rebaixa das condicións laborais ou retributivas do persoal. Elaboración dun catálogo que terá por obxecto definir as funcións propias de cada grupo, subgrupo e categoría profesional, evitando a asignación de tarefas alleas ao posto e garantindo a adecuación entre funcións, responsabilidade e clasificación profesional.
Con tal motivación, a CIG leva anos traballando de cara este colectivo e con moita máis intensidade estes dous últimos anos. Aquí deixamos recompilación:
- 28/07/26. Plantón sindical na Mesa Xeral pola non negociación dun acordo para o Persoal Non Docente
- 18/06/26. Plantón sindical a Educación na negociación da RPT ata que non negocie un acordo para o persoal non docente
- 08/05/26. Persoal Non Docente e Cociñas: Asembleas abertas, días 13 e 20 de maio
- 22/04/26. Video da asamblea da CIG por Persoal Non Docente e Cociñas (do 16/04/26)
- 10/04/26. Persoal Non Docente e Cociñas: Asemblea aberta, mércores 15/04/26
- 10/04/26. Benvidos á loita do persoal non docente dos centros de ensino!
- 09/04/26. Concursos de traslados, Persoal non docente, carreira profesional e chamamentos do Consorcio
- 18/03/26. A CIG mobilízase en Educación e entrega máis dun milleiro de sinaturas pola negociación dun acordo para o persoal non docente
- 11/03/26. Por un acordo para o Persoal Non Docente: concentración 17/03/26 en Compostela
- 14/10/25. A CIG reúnese coa consellería de Educación polo persoal non docente e as cociñas
- 02/10/25. Persoal non docente de Educación mobilízase por unhas condicións de traballo dignas
- 24/09/25. Persoal non docente e escalas de cociña: concentración mércores 1 de outubro. Táboa reivindicativa
- 02/07/25. A CIG mobilízase para reclamar a profesionalización das cociñas da Xunta e na defensa dos dereitos do persoal non docente
- 18/06/25. Mobilízate pola profesionalización das cociñas da Xunta e os dereitos do persoal non docente
- 15/02/24. E as condicións de traballo do persoal non docente dos centros de ensino, "pa" cando?

