Novas por contido

No DOG do 23/01/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2023 pola que se fai pública a modificación dos temarios que rexerán nos procesos selectivos para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral, subgrupo A2, correspondentes aos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución na temporalidade no emprego público.

- RESOLUCIÓN de 20 de xaneiro de 2023 pola que se fai pública a modificación dos temarios que rexerán nos procesos selectivos para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral, subgrupo C1, ou para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo, grupo B, e para o ingreso nas categorías do grupo III de persoal laboral fixo do V Convenio colectivo da Xunta de Galiza, correspondentes aos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución na temporalidade no emprego público.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...