Novas por contido

Estes días estase a realizar o acto de elección de destino da convocatoria do ano 2019 da especialidade de Bioloxía. Función Pública rompe co criterio que viña empregando este último ano: ofertar tantas prazas como aspirantes superaran os procesos selectivos para evitar que salten interinos/as con prazas afectadas polas estabilizacións extraordinarias, e unha vez resolto o asunto da temporalidade e antes de que tomen posesión estes, facer unha toma de posesión definitiva con todas as prazas vacantes para o persoal do 2019.

A CIG cuestiona que Función Pública non informou previamente dos criterios que ía seguir para esta toma de posesión en destino provisional. A resposta tardía basease en que oferta máis prazas ocupadas xa que non chegan as “vacantes puras sen requisitos específicos”. Ademais as prazas ocupadas por persoal laboral indefinido non fixo en praza de funcionarios/a agás que a sentenza o diga, non teñen reserva de praza ata o proceso de estabilización. Coa lei 20/2021 as prazas se identifican para contabilizar e ofertar no proceso extraordinario de estabilización, máis se esta é a razón, por que non ofertan todas e que escollan libremente as persoas que superaron o proceso? Porque unhas si ou outras non? Por que non enviaron os criterios e os listados coa información das prazas antes do prazo para poder comprobar que é certo? Por que tanta opacidade?

Si as vacantes son insuficientes e non saen todas á elección de destino o que está facendo a administración é decidir quen se queda e quen se vai. E non con criterios precisamente obxectivos.

E aquí temos un problema engadido, o persoal denuncia que a excesiva temporalidade dalgúns centros deixa no aire a traballos enteiros de investigación que están comezados con persoal interinos. Como se permitiu unha temporalidade do 90% entre o persoal investigador?

Outro problema para esta toma de posesión son os requisitos específicos nos postos dunha mesma especialidade que limitan a sua cobertura. Vemos que na administración os requisitos aumentan en cada modificación da RPT e, xa o viñamos avisando, non se poden por trabas para a toma de posesión. Como vas ter dous anos de experiencia en investigación se acabas de entrar na administración? É lóxico tantas prazas pechadas co requisito dun doutoramento específico cando non se esixen para acceder á especialidade?. Que sexan mérito pero non requisito. Din que os van quitar…pero non sería lóxico que mudaran primeiro a RPT e logo ofertaran as prazas?

 

Expoñemos a continuación os criterios que nos enviou a DXFP o venres 10 ás 15 horas:


DOG NÚM 227, xoves 28 de novembro de 2019

ORDE do 22 de novembro de 2019 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior, escala de ciencias na especialidade de bioloxía, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir trinta e unha (31) prazas, do corpo facultativo superior, escala de ciencias na especialidade de bioloxía, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2018, segundo se detalla:

– Oferta de emprego público do exercicio 2018, aprobada polo Decreto 160/2018, do 13 de decembro (DOG núm. 239, do 17 de decembro): dezaoito (18) prazas de acceso libre das que unha (1) está reservada á quenda de persoas con discapacidade. E trece (13) prazas do proceso de consolidación do persoal indefinido non fixo, das que dúas (2) están reservadas á quenda de persoas con discapacidade (segundo se indica no anexo IV).

Nº Aprobados: 31 Aprobados en prazas de consolidación: 2
Interinos aprobados : 7

Necesitamos al menos 22 prazas mais para a elección de destino

Temos 10 vacantes puras pero 7 delas tiñan requisito indispensable:
370 DOUTORAMENTO EN MATERIA AGRARIA (R.I.).
374 DOUTORAMENTO EN MATERIA FORESTAL (R.I.)
376 DOUTORAMENTO (R.I.).
694 EXPERIENCIA INVESTIGADORA SUPERIOR A DOUS ANOS EN TOXICOLOXÍA OU DOUTOR EN MATERIAS RELACIONADAS CO MEDIO MARIÑO (R.I.)
695 EXPERIENCIA INVESTIGADORA SUPERIOR A DOUS ANOS EN PATOLOXÍA OU DOUTOR EN MATERIAS RELACIONADAS CO MEDIO MARIÑO (R.I.).
697 EXPERIENCIA INVESTIGADORA SUPERIOR A DOUS ANOS EN ACUICULTURA OU DOUTOR EN MATERIAS RELACIONADAS CO MEDIO MARIÑO (R.I.).

1. De RCP sacamos unha listaxe de prazas vacantes, puras ou con interinos/temporais, abertas á escala de bioloxía.
2. A listaxe de prazas resultante remítese ás consellerías afectadas (Mar, Medio Ambiente e Medio Rural) para alegacións e sobre todo, como a maior parte das prazas están abertas á escala de biólogos e a outra escala (químicos, ciencias do mar..) teñen que indicarnos que prazas podemos utilizar para a toma de posesión de biólogos.
3. Recibidas as alegacións das consellerías atopámonos que 21 das prazas tiñan requisito indispensable polo que tivemos que ofertar todas as prazas vacantes para ter polo menos 31 praza sen requisito.
Nº PRAZAS OFERTADAS: 46 das que 14 teñen requisito indispensable

370 DOUTORAMENTO EN MATERIA AGRARIA (R.I.).
374 DOUTORAMENTO EN MATERIA FORESTAL (R.I.).
376 DOUTORAMENTO (R.I.).
717 EXPERIENCIA MÍNIMA DE DOUS ANOS EN PROGRAMAS DE CONTROL E TÉCNICAS DE ANÁLISE DE MICROBIOLOXÍA E PATOLOXÍA DE MOLUSCOS E PEIXES (R.I.).

 

Outras novas recentes

Xoves, 30 Abril 2026

Convocatoria oposicións Condución (C1 e C2) e Mantemento (C1 e C2) (MSF 04/05/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou aos sindicatos a unha Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario, na que se van tratar as seguintes convocatorias de procesos selectivos de acceso libre e promoción interna: - C1-Mantemento de servizos (6 prazas, da OEP 2024). Descargar- C2-Aux. de mantemento (20 prazas, das OEP 2024 e...
Venres, 24 Abril 2026

Decreto OEP 2026 e modificación RPT de AXI (CP 24/04/2026)

Na Comisión de Persoal do venres 24 de abril tratáronse o Decreto da OEP 2026 e a modificación da RPT de AXI. A OEP 2026 continúa coa rebaixa do grupo B a C1. Na forma de acceso en acceso libre e en promoción interna conxunta non se comprometen a que sexa a través de concurso-oposición, e a promoción interna é restritiva (non se comprometen ao 50%, restrinxen o cambio de...
Venres, 24 Abril 2026

Corpos xerais: teñen unha lea monumental coas eleccións de destino e non dan información

Na Comisión de Persoal de 24/04/2026 voltamos a esixir que nos convoquen xa á reunión á que se comprometeron. Na Mesa Xeral do 21/04/2026 comprometéronse a convocarnos a unha xuntanza de carácter técnico para solventar o problema dos actos de elección de destino. Nin nos enviaron datos, nin a listaxe de postos. Non podemos saber cantos postos quedaron vacantes da fase de...