Novas por contido

O proxecto de decreto contempla o despido aos cinco anos en caso de avaliación negativa e deixa fóra o 70% dos traballadores/as do sector

A Xunta de Galiza presentounos un proxecto de estatuto do persoal investigador da Administración xeral e das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico. Nel loan as bondades de unificar ao persoal que realiza tarefas de investigación e como potenciador do Sistema galego de investigación e innovación. Pero cando lemos o articulado do mesmo vemos con claridade a falsidade destas supostas bondades.

A CIG presentou alegacións a un proxecto de estatuto que afonda na inestabilidade laboral ao contemplar o despido procedente aos cinco anos en caso de avaliación negativa, deixa fóra o 70% dos traballadores/as, xa que non regula o persoal de administración e xestión nin os ciclos formativos, e abre a porta da privatización ao permitir a entrada directa das empresas.

  • Non unifican o persoal investigador, xa que deixan fóra ao persoal investigador do sistema universitario. E tamén deixan fóra a unha parte importante do persoal que a lei 14/2011, do 1 de xuño da Ciencia recolle como integrante do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Investigación: o persoal que realiza funcións de xestión, administración e servizos.

  • Tampouco “harmonizan” ó persoal: o que fan é pretender obrigar a todo o persoal funcionario e estatutario, que leva moitos anos realizando investigación, a laboralizarse empregando a chantaxe de quedar fóra da carreira investigadora.

  • E de paso precarizanos, introducindo un sistema de avaliación permanente que pode supor o despido procedente.

  • Non define o sistema de avaliación que pretende implantar, e tampouco ten acordado coa Axencia Estatal de Investigación que esa avaliación sexa homologada para progresar na carreira investigadora.

  • E aínda hai unha novidade que vai máis aló do ámbito de aplicación deste estatuto: por primeira vez unha norma que ten como ámbito subxectivo o “persoal laboral de investigación da Administración Xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia” vai ser de aplicación a persoal de empresas privadas.

  • Hai outro aspecto onde esta norma é completamente deficiente, na perspectiva de xénero e na igualdade. Non establece medidas concretas neste eido e nin tan sequera ten elaborado un informe de impacto de xénero.

Rolda de prensa 21/03/2023, polo estatuto do persoal investigador

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...