Novas por contido

O xoves 23 concentrámonos ás portas de San Caetano para continuar a loita contra a discriminación que temos o persoal gardacosta de Galiza polo feito de ser funcionarios e funcionarias.

Hai mais de 10 anos protestabamos pola privatización do servizo que, si ben é certo que se ampliou con novas embarcacións e mellores medios, comportou a incorporación de persoal auxiliar de empresas privadas. Arestora, son unhas 250 as persoas que traballan para o servizo de gardacostas de Galiza, das que arredor de 100 somos persoal funcionario.

O persoal de empresa privada co que compartimos embarcación está incluído no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores e Traballadoras do Mar. Teñen asegurado o acceso á formación necesaria para traballar no mar, ou aos recoñecementos médicos. E tamén poden acceder á xubilación anticipada con coeficientes redutores.

O persoal funcionario do servizo de gardacostas encargámonos da vixilancia, busca, salvamento, protección do medio mariño, loita contra o furtivismo, loita contra a contaminación mariña.. Sen nós, o servizo non funciona. Para exercer o noso servizo, aplícansenos as obrigas esixidas polo Instituto Social da Marina (ISM) para poder embarcar. Pero ao tempo estamos excluídos dos dereitos que teñen os compañeiros das empresas privadas, incluíndo a exclusión á xubilación anticipada con coeficientes redutores.

Cumprimos coas esixencias do réxime especial do mar, e o ISM exclúenos dos beneficios dese mesmo réxime.

Vai xa un ano dende que comenzamos esta loita; un ano dende que a CIG se reuniu por primeira vez coa consellería do Mar para que solicitara ao ISM a inclusión do persoal gardacostas no REMAR, por similitude de ámbito laboral e funcións. Entendiamos que de non facelo estaban a manter unha clara discriminación por razón do réxime xurídico, polo feito de ser persoal funcionario, e que o propio ISM debía resolvelo adecuadamente. Máis non foi así: o ISM mantivo a exclusión.

Entón, impulsamos unha emenda á Lei de pesca para que incluíse ao persoal gardacosta no réxime especial do mar, rematando coa exclusión e protexendo a nosa seguridade e saúde cando exercemos as nosas funcións de servizo público. Esta emenda que promovemos recoñecía un coeficiente redutor do 0,15 para todo o persoal gardacosta que podería ser ampliado por razón das súas funcións, e con carácter retroactivo afectando a toda a vida laboral.

Máis chegado o día do debate das emendas á Lei de pesca, o Goberno do Estado español vetou a emenda que, de non telo feito, moi probablemente sería aprobada. Alí mesmo, no Congreso, o PSOE comprometeuse directamente con nós a buscar unha solución si a Xunta instaba ao diálogo.

Pasaron xa tres meses e a pesares de terllo solicitado, non temos resposta ás notas peticións. Nin da conselleira do Mar, Rosa Quintana, nin do Goberno. O primeiro paso tíñao que dar a conselleira, pero esta cancelounos unha xuntanza que tiñamos acordado; estamos á espera de que volva a concertar unha nova data.

Non nos imos quedar parados, non aceptamos o silencio por resposta. Gardacostas de Galiza e CIG non levamos feito este camiño para rendermos agora.

Imos a polos nosos dereitos, por un traballo seguro e por unha vellez digna: coeficientes redutores xa!!!

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...