Novas por contido

O martes 9 de maio tivo lugar unha xuntanza da Comisión de Persoal na que se trataron os seguintes asuntos: 1) Lei de Igualdade; 2) RPT de Infraestruturas e Mobilidade; 3) RPT de Amtega. Dentro do punto de Rogos e preguntas, o director xeral de Función Pública deu información de: procesos selectivos, Acordo FISP, seguintes RPTs, negociacións de xornadas “especiais”.

LEI PARA A IGUALDADE EFECTIVA DE MULLERES E HOMES DE GALIZA

O director xeral da Función Pública (DXFP) informa de que non hai cambios respecto da Mesa Xeral, agás algunha corrección técnica por proposta da Asesoría Xurídica: menciona que algún artigo que afecta ao persoal pasará a formar parte dunha disposición adicional que modificará a Lei do emprego público de Galiza (LEPG).

Para a CIG esta Lei non achega novos dereitos respecto da lexislación xa existente, non innova nin afonda no camiño da igualdade, co que se queda nunha mera declaración de intencións. Debería recollerse nunha única Lei de igualdade todos os dereitos da diversidade sexual e de xénero que existen hoxe na nosa sociedade. Tampouco vai acorde co Plan de igualdade e co Protocolo de acoso que se está a negociar.

A proposta queda aprobada co voto en contra de CIG, e co voto a favor de CCOO e UGT. Pola súa parte, o CSIF non o ten claro e comunicará o voto posteriormente.

RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO (RPT) DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

A pesares de que recibimos o informe de orzamentos tan só 5 minutos antes de comezar a sesión da Comisión de Persoal, a CIG vota a favor da proposta. O mesmo votan CCOO, CSIF e UGT.

RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DE AMTEGA

Igual que coa anterior, recibimos o informe de orzamentos tan só 5 minutos antes de comezar a CP, o que é unha falta de respecto. A maiores, nesta proposta amortizan prazas que din necesitar (a propia Amtega fai constar na memoria da proposta, que necesitan os postos). E seguen coa apertura a docentes do posto de xerente de proxectos a docentes, e destrúen postos de traballo para financiar a súa creación.

A proposta queda aprobada co voto en contra de CIG, CCOO, CSIF e UGT.

ROGOS E PREGUNTAS

Previsión de seguintes RPTs: Esta semana remitirán convocatoria para Mesa coa RPT de funcionarización de MR, e para o Comité Intercentros pola RPT de Augas e posteriormente para Mesa. Prevé xuntanzas este venres, luns e martes.

Acordo Farmacéuticos/as Inspectores/as de Saúde Pública (FISP): os sindicatos xa enviamos alegacións, pero non hai movementos, e o persoal está intranquilo, disposto a ir á folga. Queremos saber cales son as previsións. > DXFP: esta semana tentarán estudar as alegacións e enviarán un novo texto. Tentarán facer a remisión esta semana. Darán un novo prazo de alegacións.

Proceso selectivo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial convocado no 2019. Os exames foron en xuño e xullo de 2022. A presentación de méritos fase de concurso foi en xaneiro de 2023. Agora mesmo está pendente de publicación da baremación provisional da fase de concurso. Cando teñen pensado resolver este proceso selectivo? > DXFP: avanzando. Farán apertura de prazo de documentación.

Procesos selectivos coa relación de aspirantes que superaron o proceso xa publicada (marzo/abril) e están pendentes de elixir destino:

  • I-5.Veterinarios e A1.Veterinarios > DXFP: mañá remata o prazo para presentar documentación
  • A2.Educadores e A2.Traballo social > DXFP: nun dos dous procesos (non lembra cal) están pendentes de admitir ou non o recurso dunha persoa, co que cambiaría o resultado.
  • C2.Auxiliares clínica > DXFP: entraron 4 novas persoas por falta de titulación de 4 aprobados e remata o prazo a finais de mes

Negociacións de xornadas especiais e outras cuestións: nos vindeiros días (esta semana ou seguinte) convocarán aos sindicatos para negociar unha proposta de acordo por diversos asuntos (xornadas penosas e nocturnas, xornadas de domingos e festivos, etc.)

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...