Novas por contido

O luns 29 e o martes 30 de maio tivo lugar a xuntanza da Mesa Xeral e a Comisión de Persoal respectivamente, onde se aprobou a RPT de Augas de Galiza. Dentro do punto de Rogos e preguntas, o director xeral de Función Pública deu información de: procesos selectivos, RPTs (incendios, educación, Gain), funcionarización, concursos de traslados, integración da Axencia de Turismo e EPOSH e carreira profesional.

MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DE AUGAS DE GALIZA

1.- Opoñémonos as amortizacións de postos que traen na proposta para a falsa regularización procedente da Lei 2/2013 de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galiza, lei que está plenamente derogada polas sucesivas leis de orzamentos; máis aínda porque a día de hoxe a D.X. de Orzamentos non precisou (dende o ano 2013) cal é a cantidade económica que tería que minguar Augas de Galiza. Como ben pon na memoria, xa naquel momento Augas de Galiza regularizou o seu orzamento deixando sen dotación orzamentaria 35 postos por un importe de 1.012.611,07 €.

Pero veñen agora con que hai que aumentar esa dotación orzamentaria con 9 postos máis, xunto con 11 postos da extinta EPOSH. A maiores, manteñen sen dotación orzamentaria 13 postos dentro da RPT que se aproba.

En resumo, e segundo os nosos cálculos, amortízanse 55 postos de traballo por non ter dotación orzamentaria, pero quedan 13 postos mais na RPT sen dotación orzamentaria.

2.- No proceso negociador coa consellería, a documentación indicaba que o importe de creación de postos nesta RPT ascendía a 3.970.155,63. Na memoria económica que se nos presenta o importe de creación é de 2.026.748,38.

O mesmo pasa co importe das amortización con dotación orzamentaria: nas distintas mesas de negociación coa consellería e os representantes de Augas o importe das amortizacións ascendía a 1.175.501,11, e na memoria económica que se nos presentou o mesmo día da Mesa Xeral, o importe ascende a 574.341,91. Non cadran as contas.

3.- Opoñémonos á minoración do gasto a través da amortización de postos en “diferido” que aparece na última folla da memoria económica. Como se pode dotar economicamente postos que se crean nesta RPT con cartos que aínda non existen porque os posto cos que os pretenden financiar están ocupados a día de hoxe? Din que os cartos para poder crear os posto que se pretenden saen doutras partidas económicas, transferindo crédito do capítulo II do orzamento de Augas, pero non indican de que programas, artigos, conceptos e subconceptos. Só e unicamente mencionan o capitulo II como un saco sen fondo. E se é así, e a partida económica que pode detraer do capitulo II ao I, pedimos que se manteña ese importe para a dotación e creación dos postos e se elimine a amortización en “diferido” que se pretende.

4.- Unha vez mais, falta o informe favorable e obrigatorio da D.X. de Planificación e Orzamentos. Pero a Administración non só convocou a Mesa Xeral como farsa de negociación senón que para dar mais veracidade a que a Mesa Xeral non é para negociar cos sindicatos, xa enviaron ao mesmo tempo a convocatoria da Comisión de Persoal para o día seguinte e coa mesma documentación. Consideramos ese proceder fora de toda negociación.

5.- Na negociación que se mantivo co consellería, indicóusenos que os postos que se estaban a crear da extinta EPOSH, eran para dar cobertura a todo o persoal, tanto aquel que voluntariamente se vai integrar, como para aqueles que renuncian a integración. Opoñémonos a que quen renunciou a ser integrado voluntariamente nesta Administración (e que por iso vai gañar mais cartos que os seus homólogos que se integren ou que existen dentro da Xunta de Galiza), se lle poida colocar dalgún xeito nun código de RPT de augas. Solicitamos que en todo caso, tanto os que rexeitaron como os que non poden ser integrados, se cree un cadro de persoal nos que se identifique os seus postos, e con elo se eliminen desta RPT os postos que se crearían en función do persoal da EPOSH.  

Voto: 

  • En contra: CIG
  • A favor: CCOO, UGT e CSIF

ROGOS E PREGUNTAS

Procesos selectivos

Nos vindeiros días publicarán as listaxes provisionais de admitidos e excluídos de 48 procesos de estabilización da Lei 20/21 (irán todos os de persoal laboral). Abrirán o prazo para presentar a documentación. Figurará quen non teña acreditado o nivel de galego.

RPT incendios, educación e GAIN

A finais desta semana enviarán para negociación ás RPTs de Medio Rural (brigadas helitransportadas). 

En breve comezará a negociación da RPT de Educación e de GAIN.

Funcionarización

Na semana que vén sairán varios nomeamentos de funcionarización. Despois do verán irá o resto.

Concursos de traslados

Preguntamos pola previsión da negociación dos concursos (xeral, especial, laboral..). Sen resposta do DXFP

Integración da Axencia de Turismo e EPOSH

Preguntamos pola previsión da Axencia de Turismo, sen resposta.

Da EPOSH, o DXFP informa que tentarán finalizala en xuño.

Carreira profesional

Di que continúan coa tramitación. Publicarán no DOG do 2 de xuño a presentación de documentación no FIDES (comezará o día 5). Afecta unhas 500 persoas. Non haberá requirimento individualizado.

Outras novas recentes

Luns, 20 Abril 2026

Situación dos procesos de estabilización do persoal laboral do SPIF

Resolución do Tribunal Supremo sobre os recursos do proceso de estabilización O Tribunal Supremo (TS) vén de comunicar o rexeitamento a trámite, por razóns formais sen entrar no fondo, dos recursos presentados tanto pola CIG como pola Xunta de Galiza en relación cos procesos de estabilización do persoal laboral do SPIF. Esta decisión ten como consecuencia inmediata que a...
Venres, 24 Abril 2026

Corpos xerais: teñen unha lea monumental coas eleccións de destino e non dan información

Na Comisión de Persoal de 24/04/2026 voltamos a esixir que nos convoquen xa á reunión á que se comprometeron. Na Mesa Xeral do 21/04/2026 comprometéronse a convocarnos a unha xuntanza de carácter técnico para solventar o problema dos actos de elección de destino. Nin nos enviaron datos, nin a listaxe de postos. Non podemos saber cantos postos quedaron vacantes da fase de...
Venres, 24 Abril 2026

Escala técnica de orientación laboral: previsión de publicación da resolución de adxudicación de destinos

Na comisión de persoal do 24/04/2026, preguntamos en que estado se atopa o proceso de elección de destino da escala técnica de orientación, dado que o día 04/04/2026 se publicou no DOG a convocatoria de elección de destino. A directora xeral anunciou que unha vez revisado todo se publicará nas vindeiras semanas (2 ou 3 semanas como moito).