Novas por contido

A historia repítese

Tal e como informamos en xuño, segundo Función Pública, por "problemas de xestión" os trienios do persoal laboral do SPIF funcionarizado en xuño se aboarían na nómina de xullo.

Desta volta é Medio Rural quen nos informa de que:

Por problemas que xurdiron na tramitación administrativa , non se poden aboar na nómina do mes de xullo os trienios ao persoal laboral do servizo de incendios funcionarizado no mes de xuño.

Porén, unha vez solucionados os problemas detectados, informámoslles que o pagamento dos trienios dende a data de funcionarización farase efectivo na nómina do mes de agosto.

Dende a Conselleria de Medio Rural pregamos transmitan as nosas desculpas a todas as persoas afectadas.

O que en xuño foron "problemas de xestión", agora en xullo son "problemas que xurdiron na tramitación administrativa".

Agardamos que os problemas realmente se resolvan e que na nómina de agosto se faga efectivo o pagamento dos trienios adebedados.

Outras novas recentes

Martes, 24 Novembro 2026

Convocatorias de concursos-oposicións de promoción interna aos subgrupos A1, A2 e C2

No DOG do 24/11/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo A1. - RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna,...
Martes, 24 Novembro 2026

A Administración actúa como polo sen cabeza coas tomas de posesión

Por fin rematou a toma de posesión convocada no DOG do 11 de novembro de 2026, a toma de posesión en escalas de persoal funcionario que ía ocupar maioritariamente postos en centros de destino das Consellerías de Educación, Política Social, Medio Rural e Medio Ambiente. Podíamos imaxinarnos que nada ía saír ben tendo como referencia a toma de posesión convocada en agosto,...
Xoves, 19 Novembro 2026

Oposicións acceso libre: corpos superior, xestión, administrativo, auxiliar; escala FOL; enquisador, (para 24/11/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou Mesa Xeral e Mesa Sectorial para discutir as bases das convocatorias dos seguintes procesos selectivos. Se é do teu interese, podes contactar coa CIG: Corpo superior-A1. Acceso libre. 60 prazas. Oposición. Descargar Corpo de xestión-A2. Acceso libre. 57 prazas. Oposición. Descargar Corpo...