Novas por contido

Asistimos a unha xuntanza coa Dirección Xeral de Función Pública, a Consellería de Política Social e Orzamentos o xoves 20 de xullo, para negociar un Acordo de condicións de traballo do persoal que presta servizos nos centros de Política Social. 

Informa o director xeral que enviarán unha nova proposta nuns días que conterá unha serie de cambios respeito á anterior que dende a CIG considerabamos inaceptábel. A semana que ven teremos xuntanzas para tratar de chegar a un acordo antes do día 8 de agosto. Desa proposta podemos destacar as seguintes novidades a falta de que nos remitan o texto:

  • Incluirá expresemente no ámbito de aplicación ao persoal do Consorcio.

  • Suprime o parágrafo que permitía reducir o descanso entre xornadas até as 7 horas.

  • A xornada de traballo será de 7, 7 e 10 horas respectivamente.

  • Establecerase un descanso dun domingo de cada dous e non mais de 5 días seguidos de traballo.

  • Reducirase a xornada máxima anual, pero sen que sexa inferior a 1400 horas.

  • Convertirán 144 contratos con xornada inferior á ordinaria en xornada completa.

  • Aumento duns 100 postos de traballo na RPT.

  • Iso sí, parece que parte das cuestións que se recollen van carecer de concreción, xa que poden estar supeditadas ás "necesidades do servizo” ou “posibles limitacións”.

Dende á CIG, e á espera de recibir o novo borrador, manifestamos o seguinte:

  • Instamos a que se definan no documento unhas ratios axeitadas por centros.

  • A uniformidade non está na proposta (si estaba recollida no V Convenio).

  • Non se recolle expresamente á compensación por traballo nocturno.

  • Non inclúe unha definición do que se considera o traballo a quendas.

  • Non se contempla a compensación do 24 e 31 de decembro para o persoal que traballa de luns a venres.

  • Instamos a que conste no acordo que se librarán a metade dos fins de semana (sábado e domingo) e a metade dos festivos. No caso dos festivos existen centros onde isto dista moito de cumprirse.

  • Non se contempla un proxecto de segunda actividade.

  • Solicítase a recuperación do dereito a comedor.

  • Realizar un acordo para cubrir as reduccións de xornada e dun reforzo para as adaptacións de tempo de traballo por motivos de saúde.

  • Analizar a tipoloxía de usuarios que están a entrar nos centros de Política Social por emerxencia social, e como se vai afrontar dun xeito correcto a súa atención.

  • Pedimos que se incrementen os niveis retributivos mínimos do persoal.

Nota: o luns 24 de xullo enviaron unha nova versión, con prazo para presentarmos alegacións ata o mércores 26. Descargar

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...