Novas por contido

Asistimos a xuntanzas co director xeral de Funcion Pública (DXFP) os días 14 e 15 de setembro, para falarmos de múltiples asuntos que poderían ser do teu interese.

Negociación de procesos selectivos (e promoción interna)

Queixámonos porque de acceso libre xa se examinaron e sería de sentido común que tomaran posesión a P.I. antes que o acceso libre. Ademais en decembro caducaría unha OEP de hai 3 anos de PI (corpos xerais), que non se convoca dende xaneiro de 2020. -> DXFP: Van sumar as prazas das OEP de 2020 e 2021. Deixarían as de 2022 para máis adiante. Negociarase a convocatoria cando rematemos “o mais inmediato”.

En outubro traerán e negociar as convocatorias doutros 14 procesos selectivos. Irían no lote as promocións internas pendentes das ofertas dos anos 2020 e 2021 (acumuladas)

Concursos de traslados

Queremos que convoquen os concursos de TODOS os corpos e escalas, de xeito que poidan estar resoltos o 31/12/2024 como data tope. O DXFP di que non vai simultanear varios procesos. Envían novo borrador xenérico para corpos especiais con prazo para alegar ata o día 22 de setembro. Primeiro irán as escalas sociais (psicoloxía, medicina, enfermaría, educación, traballo social, fisioterapia, terapeuta, aux. de clínica, xardín infancia, pedagoxía). En todos estes non hai postos abertos a outras escalas diferentes. Nun segundo concurso irían as enxeñarías, ciencias e pode que veterinarios/as. Poderían ir neste segundo o resto das escalas de especiais.

Promoción interna horizontal (funcionarización)

É a funcionarización do persoal laboral fixo que superou os últimos procesos selectivos (da OEP-2022). Afecta a 75 persoas dos procesos de veterinario/a, terapeuta, psicólogo/a, médico/a, ordenanza.. Aceptan parte das alegacións polo que vai ser unha promoción interna horizontal xa que tiveron exames equivalentes aos procesos das escalas de persoal funcionario. Cualificarán como apto/non apto. Haberá batería de preguntas, permitiranse textos legas. Non eliminan taxas pero van estudar.

Expediente electrónico

Enviarán proposta para a Mesa de negociación co novo expediente do FIDES. Preocupa o envorcado de datos do Portax (van priorizar os das persoas inmersas en procesos selectivos). Recoñecen problemas en Medio Rural polas persoas fixas-descontinuas. Farán un manual e xornada de formación para persoas dos servizos de persoal.

Excedentes e funcionarización

Nos vindeiros meses imos ter unha convocatoria onde se recollan todos os casos de excedencia, cun prazo mais grande do normal para que lle dea tempo ao persoal que non esta na Administración xa que necesitan que manifesten a sua intención. Sobre isto reclamamos que se lles permita volver á excedencia porque desta forma hai menos prexuízos para este persoal e para a xestión das prazas e tamén o dereito do persoal que ten reserva de praza que non queira funcionarizarse a voltar. Tamén solicitamos repesca xeral. 

Cuestións para as mesas de negociación

Relátanse os puntos que van ir ás mesas de negociación. Solicitamos que a regulación da lei de impulso (conciliación) vaia a mesa a rematar de negociarse xa que anunciaron cambios no documento que descoñecemos. Van varias RPT sen rematar de negociar ou sen resposta de alegacións: presentamos queixa por proceder das consellerías e que se regulen estes procedementos negociais.

Anuncia que están a traballar xa cunha nova RPT de Política Social.

Rogos e preguntas

Despois de dous días de xuntanzas, o DXFP só nos permitiu expresar oralmente uns poucos rogos e preguntas. O resto enviámosllos por escrito. Como é costume, respostou ao que quixo.

Como está a orde de integración do persoal que falta do Ingacal en Agacal? (Di a xerencia que hai que agardar ao decreto de investigadores/as nos postos de investigación. Solicitamos que o persoal do Ingacal teña a Carreira Profesional como o resto do sector público. Non resposta.

Modificación urxente do decreto de listas para que podas escoller entre os dous últimos exames para evitar que obrigatoriamente puntúen os procesos de estabilización. Resposta que van propoñer unha modificación puntual do decreto (e algunha cousa máis que non indica).

Hai 10 persoas que aprobaron dous procesos selectivos. Solicitamos que tomen medidas para que corra a lista de aprobados. Non resposta, só que hai procesos nos que non se cubriron todas as prazas.

Solicitamos previsión de datas e que se resolva o concurso de méritos antes de que sexa o exame do concurso-oposición dos procesos da Lei 20 (primeiros exames o 29 de setembro). Non resposta. Só indica que vai saír a autobaremación nos vindeiros días pero que como xa detectaron erros vai a haber moitos cambios.

Adscricións e superiores categorías: preguntamos polo ruxe-ruxe de que FP non vai autorizar adscricións nin superiores categorías de persoal laboral que ocupa prazas xa funcionarizadas a outras prazas de laboral. Non resposta.

Prazas para a toma de pose de procesos nos que non se cubriron todas as prazas, como o de agrícolas, pídese que ao menos saian para a elección de destino non menos que o número das convocadas. Solicitamos que saian todas as vacantes non afectadas pola Lei 20. Non resposta

Previsión de nomeamento e toma de posesión enxeñerías e resto procesos selectivos pendentes dos últimos actos. Queda para a Mesa Xeral.

Somos coñecedores dunha recente comunicación do departamento de recursos humanos da ATRIGA, “consensuada coa Consellería” sobre a reincorporación logo de desfrutar unha licencia sen soldo que modifica substancialmente a práctica seguida durante os anos de vixencia da Resolución do 24 de febreiro de 2016, limita os dereitos recollidos nesa resolución e prexudica ás persoas empregadas públicas. Queda para a Mesa Xeral.

Que pasa coa carreira profesional dos contratos de relevo de xubilación parcial do 75%? E por que queda persoal sen respostar?, cando van cobrar? Queda para a Mesa Xeral.

Axudas de custe ao quilometraxe: demandamos que apliquen o km a 0,26 polo RD462/2023. Di que non e de aplicación directa. Vai proposta modificación Orde o martes a MXEP e CP. Solicitamos efectos retroactivos a entrada en vigor do BOE (18 de xullo)

Esta ao dispor do persoal o permiso parental novo das 8 semanas ao ano para coidado de menores de oito anos? Queda para a Mesa Xeral

En referencia ao artigo 217 do RD Lei 5/2023 e se vai sacar unha nova OPE nova ou vai ampliar o número de prazas na OPE xa existente. Queda para a Mesa Xeral

Previsión da toma de posesión de gardacostas: "mirará"

Toma posesión de 2019 SPIF. Queixa por anulación de chamamentos. Vaise adiantar sobre o ultimo cronograma que era decembro? Queda para a Mesa Xeral

Toma posesión traballo social: ruxe-ruxe de que van ter que agardar á resolución do concurso de traslados. O DXFP di que é falso.

Convocar paritaria por postos compatibles adscricións de saúde e tratar posibilidade funcionarizados. "Mirará".

Modificacion listas a funcinarios. No caso de incendios (bombeiras forestais) faran proposta de como se pode combinar listas laborais de fixos descontinuos de 6 meses con funcionariais, no resto iran facendo igual que as outras.

RPT pendentes de funcionarización: están a traballar, pero queren pechar concurso.

RPT Consorcio. Reclamoulle ao xerente do Consorcio e Política Social para rematar e incluír as prazas creadas nestes dous anos.

Outras novas recentes

Xoves, 19 Decembro 2024

De non vacante a vacante: onde están as miñas vacacións?

Aínda que a administración xeral da Xunta ten personalidade xurídica ÚNICA, hai consellerías que non o queren entender e van por libre. Esta insubmisión dalgunhas consellerías crea problemas coas vacacións xeradas polo persoal temporal e interino das listas cando están cubrindo un posto “non vacante” e son chamados para cubrir un posto vacante e aceptan. É certo que...
Xoves, 19 Decembro 2024

A Xunta quere aprobar unha moi escasa Oferta de Emprego Público do 2024

Para seguir a tradición, a Administración achéganos na propia mesa (para que non dea tempo a reflexionar nin a alegar) catro follas cos anexos das prazas da OEP 2024. Limítanse a contarnos o que hai nas táboas. Polo tanto, ademais de que poidamos impugnar a propia OEP, estudaremos impugnar a falta de negociación. E ante a falta de datos ou de tempo para poder estudalos ou...
Xoves, 12 Decembro 2024

UGT torpedea e crispa a negociación do I Plan de Igualdade de Portos de Galiza (05/12/24)

Esta foi a reacción á postura manifestada pola CIG de rexeitamento a dar validez tanto á proposta de plan de igualdade como de diagnose elaboradas pola Dirección Xeral de Simplificación Administrativa da Xunta antes da constitución da comisión de igualdade, que Portos puxo enriba da mesa. A xuntanza de constitución da Mesa de Igualdade de Portos de Galiza foi, cando menos,...