Novas por contido

Unha vez máis volve a chegarnos as queixas do persoal de novo ingreso do corpo auxiliar. O día 23/05/2024 publicouse no DOG tanto o nomeamento como a regulación do período de prácticas deste persoal.

Ao igual que na promoción anterior, a administración opta por deixar sen cobrar o 100% unha mensualidade coa desculpa de que o persoal necesita formarse para acreditar os seus coñecementos de informática. Na administración do século XXI as persoas funcionarias dende a agrupación profesional ata os corpos e escalas do subgrupo A1 traballan con ferramentas informáticas e á ninguén excepto ao persoal do corpo auxiliar se lles esixe esa formación. Como xa dixemos en relación á promoción interna, isto é producto dunha mentalidade dos tempos da máquina de escribir Olivetti 98.

Ademais si se necesitase unha formación específica, a solución nunha administración normal e decente sería realizala en horario de traballo e con plenos dereitos retributivos.

Xa o fixemos constar con anterioridade e tamén neste proceso, dende as alegacións ás bases da convocatoria.

Agora ben, a administración terá a tixola polo rabo pero iso obriga tamén a cumprir. E neste caso, como pasou con anterioridade, non se está a cumprir: se o curso selectivo ou o período de prácticas se realizar desempeñando un posto de traballo, percibiranse ademais as retribucións complementarias correspondentes a este.

A administración o que ten que facer e deixarlle claro a este persoal e ás direccións territoriais que ou ben non teñen que desempeñar funcións do posto, ou ben, si as fan, teñen que cobrar a integridade das retribucións.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...