Novas por contido

No 2022, cando se comezaron a negociar as convocatorias dos procesos da Lei 20/2021, dende a CIG fixemos alegacións ás bases como por exemplo a do computo do período de inactividade. Non nolo admitiron e logo, sen recollelo nas bases, o aplicaron de oficio na metade do partido, o que provocou o actual caos nos baremos.

Daquela, cando se podía solucionar incluíndoo nas bases, a administración fixo caso omiso, polo que a CIG votou en contra das bases do proceso e presentamos demandas. Mentres, outros sindicatos votaron a favor desas convocatorias.

Comezado o ano 2024, Función Pública modificou o criterio de puntuación da experiencia profesional puntuando o tempo de inactividade. E xustificaron este cambio dicindo que é una interpretación diferente do criterio e non unha modificación, e baséanse na "recente xurisprudencia do Tribunal Supremo" como di a nota informativa que colgaron na súa páxina web. O resultado é que esa "recente" interpretación do 2024 ven a modificar os cálculos do 2023, deixando os autobaremos con puntuacións ficticias (ás veces ata da metade da puntuación real).

O 18 de xullo do 2024 a CIG mantén unha xuntanza "informativa" con Función Pública por mor dos procesos selectivos de estabilización. Nesa reunión nos din que o proceso vai seguir co autobaremo actual, sumando a puntuación por inactividade, pero que só baremaran á xente que entra no número máximo de persoas a baremar. É dicir, non van ter en conta a puntuación "real" no autobaremo, senón a do 2023, polo que nin a puntuación nin os postos do autobaremo reflicten a realidade dos aspirantes.

A CIG, non conforme con este proceder, solicitou:

◦ Paralizar os procesos de alegacións.

◦Abrir un novo prazo de solicitude de participación nos procesos selectivos onde houbera persoal fixo descontinuo coa intención de actualizar os autobaremos.

◦ Baremar a todas as persoas solicitantes.

◦Tamén instamos a reclamar a todo o persoal afectado por esta circunstancia.

O día 11 de outubro de 2024, dende a CIG reiteramos a solicitude feita a Función Pública xa que, canto máis avanza o proceso nas diferentes categorías, máis aspirantes se ven prexudicados e discriminados nestes procesos que non está a ter en conta os méritos a todos os aspirantes por igual. Algúns incluso quedando fora dos baremos cando, pola súa puntuación real, terían opción a coller praza.

Ao final, chegamos ao momento da publicación dos baremos definitivos do concurso e comprobamos que Función Pública segue erre que erre en tirar para adiante co proceso sen dar opción á revisión dos autobaremos, e así nos atopamos con:

◦ Persoal que non sae na baremación provisional por non ten computado o tempo de inactividade e, que ten maior puntuación que persoas baremadas, chegando incluso a estar dentro das posibles propostas para acadar posto.

◦  Listas que segundo as bases da convocatoria* non foron revisadas e outras que non foron ben revisadas.

*Ao persoal laboral fixo ou ao que se atope en condicións de adquirir a fixeza en virtude dos procesos selectivos en curso, que se presenten aos procesos derivados da Lei 20/2021, non se lle computarán os servizos prestados como persoal laboral temporal na categoría que sexa equivalente á escala funcionarial convocada.

Chegados a este punto, solicitamos á administración que abra un prazo para actualizar os autobaremos ou que baremen a todo o persoal que está sen baremar. Así como que paralicen os proceso ata que corrixan as incidencias derivadas da non valoración do tempo de inactividade nos autobaremos. E que asuman as súas responsabilidades as persoas encargadas destes procesos.

Basta xa desta disfunción da Función Pública

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...