Novas por contido

Comprobación/actualización de datos do persoal integrante das listas propias do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar para a súa integración nas listas do Decreto 37/2006

Segundo nos comunican na Comisión de Listas, proximamente abrirase un prazo para que o persoal do Consorcio se integre nas listas da Xunta. Para que esto se poida levar a cabo e poidan ser tidos en conta os servizos prestados no Consorcio, o persoal que presta ou prestou servizos no consorcio debe:

  1. Revisar a maior brevidade posible o seu expediente do FIDES e comprobar os seus datos, especialmente:
    • Grupo/subgrupo, corpo/escala/categoría.
    • No campo do apartado profesional EXPERIENCIA INTERNA.
  2. Se está todo correcto non hai que facer nada. Se hai que acreditar a experiencia por non figurar ou non estar correcta hai que facelo mediante certificación orixinal ou copia auténtica emitida polas persoas titulares das unidades de xestión de persoal e nas que deberá constar: grupo e categoría, réxime xurídico de vinculación, porcentaxe de xornada no caso de ser inferior a xornada completa, tipo de vínculo ( fixo, temporal...), carácter da cobertura e data de inicio e fin de cada unha das vinculacións.

Esta documentación será remitida ao SERVIZO DE ACTUALIZACIÓN DE DATOS DO PERSOAL da DIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO PÚBLICO E ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL a través do formulario PR004A, por sede electrónica se dispós de orixinais electrónicos ou copias auténticas; caso contrario, terás que facelo de forma presencial segundo o previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Se necesitas axuda, podes contactar coa CIG por internet ou dirixirte aos delegados/as da túa comarca.

Outras novas recentes

Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...