Novas por contido

O 17 de decembro recibimos a convocatoria da EGAP para asistir ao Consello Reitor, que este ano se estableceu o 26 de decembro de 2024.

Como é habitual na EGAP, a convocatoria non se remite coa documentación a tratar na xuntanza (a secretaria da EGAP indica que se enviará en "datas próximas"), quizais coa expectativa de que a leamos por Noiteboa ou Nadal...

Entre os puntos da orde do día figuran os convenios e protocolos de colaboración vixentes, as contas 2024 e orzamentos 2025 e un informe sobre as actividades para o ano 2025.

Se tes algunha pregunta, achega, queixa ou suxestión que queres que teñamos en conta nesta xuntanza, contacta connosco.


>>Actualización 20/12/2024: Documentación do Consello Reitor 26/12/2024 (remisión pola EGAP o venres 20 de decembro.)<<

I . Informes 2024 e 2025

  • Informe da directora: resumo de actividades do ano 2024; informe sobre os convenios e protocolos de colaboración vixentes; informe sobre as actividades previstas para o ano 2025; execución orzamentaria 2024 e orzamentos 2025.
  • Plan de formación para 2025

II. Convenios, acordos e protocolos

  • Convenios:
    • Convenio EGAP - Concello de Ponteareas (formación, divulgación e investigación).
    • Convenio EGAP - Amtega (formación en e-administración e seguridade e protección de datos 2024).
    • Convenio EGAP - Amtega (COMDIX-Marco galego de competencias dixitais 2024).
    • Convenio EGAP - USC-UDC-UVIGO (formación).
    • Convenio EGAP - Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración (plan de formación do Servizo Público de Emprego de Galiza 2024).
    • Convenio EGAP - Consellaría de Política Social e Igualdade (curso de capacitación para o desempeño da función de inspección de servizos sociais).
    • Convenio EGAP - Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes (curso de formación de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional.
  • Acordos de colaboración:
    • Acordo EGAP - Consellaría de Promoción do Emprego e Igualdade & Consellaría de Facenda e Administración Pública (formación en igualdade, prevención e loita contra a violencia de xénero 2024).
    • Acordo EGAP - Consellaría de Promoción do Emprego e Igualdade & Consellaría de Facenda e Administración Pública (formación, divulgación e investigación).
  • Protocolos de colaboración:
    • Protocolo EGAP - Concello de Marín (formación, divulgación e investigación).

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...