Novas por contido

A última hora da xornada laboral do 16 de decembro, dende a dirección da Axencia Galega de Innovación (GAIN) remítesenos o texto oficial do 2º Acordo de traspaso: adscripción de postos con nivel orgánico inferior a sevizo e traspaso de créditos asignados aos servizos traspasado, entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Consellería de Economía e Industria, asinado polos Secretarios Xerais Técnicos de ambas Consellerías (Acordo Economía-Educación).

Segundo este acordo, a Axencia Galega de Innovación perde un total de 36 postos, dos cales 26 se van para a Consellaría de Economía e Industria e 10 para o Igape, postos que en parte son de persoal propio de GAIN, aínda que isto pareza un paradoxo e contrario á lóxica.

Así, pasan de GAIN á Consellaría de Economía e Industria os seguintes centros e servizos:

  • CIS Galicia-Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía de o Deseño (12 postos)
  • Servizo Galego de Propiedade Industrial - Segapi (4 postos)
  • Área de Coordinación do Polo Aeroespacial de Rozas (6 postos)
  • 2 postos da Área de Xestión 
  • 3 postos da Área de Programas

Completan o reparto o traspaso de GAIN a Igape:

  • 6 postos da Área de Servizos 
  • 4 postos do Departamento de Xestión de Axudas

Tanto a Consellaría de Educación (da que depende a GAIN coa administración Rueda) como a Consellaría de Economía e Industria (da que dependeu dende a súa creación en 2012), asinantes do acordo, non responderon á solicitude de negociación feita durante a xuntanza á que fomos convocadas o 18 de novembro de 2024, nin tampouco á feita formalmente por escrito.

Dende a CIG manifestáramos nesa data a nosa total oposición á sinatura deste acordo mentres non houbese negociación das modificacións dos postos de traballo, e consideramos que, se asinaban o acordo directamente, a nosa central sindical non participou en ningunha negociación. Así mesmo, dubidamos da legalidade do traspaso do persoal propio de GAIN ao Igape ou Economía pola súa casuística e situación específica, antes das resolucións da estabilización e do cumprimento dos acordos asinados entre determinados sindicatos e Emprego Público. 

De feito, cumprimentos, ben poucos. O propio Acordo Economía-Educación, no seu artigo 6, fai referencia a que “as partes comprométense a respectar o establecido no Acordo entre entre a Consellaría de Facenda e Administración Pública e as organizacións sindicais CSIF, CCOO e UGT para a integración do persoal do GAIN nas estruturas da administración da Xunta de Galiza (artigo nº 6), en virtude do cal, rematado o proceso de estabilización procederase á apertura dun proceso único de integración no VCCU do Persoal Laboral da Xunta de Galiza das prazas obxecto de estabilización; e finalizada a integración procederase á apertura inmediata do proceso de funcionarización voluntaria. Unha funcionarización, que segundo o amentado Acordo Facenda-CSIF-CCOO-UGT (punto terceiro) estaría rematado «antes da finalización do primeiro semestre do ano 2024», ao tempo que tamén indica que a «RPT comezarase a negociar no segundo semestre de 2023 coa finalidade de que estea rematada antes da toma de posesión deste persoal como persoal laboral fixo do V Convenio colectivo» (punto terceiro).  

Un dos poucos cambios do Acordo Economía-Educación do que xa tiveramos coñecemento con relación á proposta inicial de novembro é que o persoal foi avisado polas xefaturas de que finalmente o traspaso non ía efectivizarse con data do 1 de decembro de 2024, como estaba previsto, senón do 1 de xaneiro de 2025. O texto definitivo inclúe entre os cambios un anexo de créditos do capítulo I dos postos traspasados.

A negociación nin existe nin hai intención de facela, abocando ao persoal á vía xudicial.

 

Outras novas recentes

Martes, 04 Agosto 2026

Que vaia facendo balance quen asinou este simulacro de plan de igualdade!

A CIG reclama o rexistro retributivo, imprescindíbel para analizar a fenda retributiva entre mulleres e homes.No mes de xuño a CIG solicitou o rexistro retributivo do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma do ámbito subxectivo do I Plan de Igualdade da Xunta de Galiza, que afecta a máis de 26.000 persoas.A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración do Persoal...
Luns, 03 Agosto 2026

Modificación da RPT de Medio Ambiente e Cambio Climático (29/07/2026)

Nesta xuntanza por parte da CIG solicitamos que o persoal que actualmente non fai quendas poida manter a súa situación até que a praza quede vacante; insistimos na urxencia de abrir a negociación integral das condicións de  traballo da escala de Recursos Naturais e Forestais; e reiteramos a nosa solicitude de abril para abrir unha negociación global sobre quendas, domingos e...
Martes, 04 Agosto 2026

Adxudicacións de destinos (esc. sociais e infantís, pers. aux. coidador), cesamentos de persoal temporal e carreira (CP 31/07/26)

Ademais de tratar os asuntos da orde do día, nesta xuntanza, após a nosa protesta, quedou fixado o 21 de outubro para comezar a negociar o acordo do PND. Repetimos a petición de que se dean destinos adaptados para persoal con discapacidade intelectual; preguntamos pola toma de posesión para corpos xerais e escalas sociais o mesmo día 15 de setembro e por se nas escalas de...