Novas por contido

Na reunión do día 06/08/2025 a DXEP infórmanos da previsión de publicacións no DOG de resolucións que afectan a varios procesos selectivos. A data de publicación sería a seguinte:

- 13/08/2025: nomeamento en destino definitivo das persoas do proceso do grupo I, categoría 32 (técnico/a superior de Arte)

- 11/08/2025: modificación da relación de aprobados por concurso e concurso-oposición do grupo III-104 (intérprete de lingua de signos).

- 26/08/2025: convocatorias de procesos selectivos de xefe de brigada, bombeiro forestal (grupo V), Ciencias do mar e profesores numerarios e mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

 

Outras novas recentes

Venres, 08 Agosto 2025

Os sindicatos desconvocan a manifestación de axentes do martes 12 de agosto tras os movementos da Xunta

A manifestación de axentes forestais e medioambientais convocada por CIG, CCOO, CSIF e UGT para o martes 12 de agosto queda suspendida tras os compromisos de Medio Rural e Medio Ambiente As organizacións sindicais asistimos o xoves 7 a unha xuntanza coa Conselleira do Medio Rural, na que estaban presentes o D.X. de Montes e o Secretario Xeral Técnico. Expuxemos as...
Luns, 04 Agosto 2025

Directora da EGAP no Consello Reitor: que fastío!

Como un cura que sermona á freguesía durante unha hora, así actúa a directora da EGAP nos consellos reitores. E como un cura iracundo coas ovellas descarriladas, deste xeito se comporta a directora coa representante da CIG por non darlle xabón e levármoslle a contraria. O mércores 30 de xullo tivo lugar unha xuntanza do órgano de goberno da EGAP, o Consello Reitor. Que...
Xoves, 07 Agosto 2025

Comisión de persoal (01/08/25): a constatación dunha discriminación salarial entre o persoal da Xunta

Asistimos á Comisión de Persoal do 1 de agosto para aprobar as modificacións de tres relacións de postos de traballo (RPT) que, con cousas boas e malas, tiñan un nexo en común: o incremento do complemento específico de entre 5.000 e 6.000 € para unha elite de postos de niveis 28 e 30, das escalas de letrados/as e de finanzas, co argumento da necesaria homologación cos seus...