Novas por contido

“Negociación” das bases das convocatorias da nova estabilización do SPIF

Na xuntanza da Mesa Xeral do 19 de xaneiro, a Administración levou as bases das convocatorias do novo concurso de méritos das categorías III-100 (bombeiro/a forestal xefe/a de brigada), V-14 (bombeiro/a forestal) e V-14A (bombeiro/a forestal condutor/a).

Estas convocatorias derivan da modificación que o PP sacou da manga a última hora coa tramitación parlamentaria da Lei 5/2025 de medidas fiscais e administrativas de Galiza, na que se emendou a si mesma, anulando a OEP de 2023. Isto supuxo un xiro importante nas regras de xogo dos procesos selectivos na función pública galega.

No seu momento, dende a CIG solicitáramos que se trataran todas as prazas das brigadas de 2019 en condicións de igualdade: ou que se incluísen todas ou que se excluísen todas. A Xunta fixo caso omiso, provocando “o xogo das cadeiras” con prazas das mesmas características e xerando unha competencia inxusta entre compañeiros e compañeiras.

Chamádemos parvas! A que sentenzas xudiciais se refiren para cargarse a OPE de 2023 e armar todo este lío? Por que a Xunta queda calada e opta por ignorar a súa obriga de información, transparencia, negociación real e seguridade xurídica? Que están a agochar ao seu persoal bombeiro?

Por iso, a CIG decidiu esixir de novo as sentenzas e poñer de manifesto os problemas que Emprego Público xerou dende o comezo da estabilización ao non querer tratar a todas e todos en condicións de igualdade. Pouco lles importa ter ás persoas traballadoras do SPIF nunha continua incerteza, con despedimentos innecesarios (xa mesmo) e coa anulación de procesos selectivos xa convocados.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...