Novas por contido

O 17.03.2026 a CIG e as demais organizacións sindicais asinantes do acordo polo que se establece o réxime de prestación de servizos do persoal que desenvolve a súa actividade laboral no territorio dos arquipélagos do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galiza, rexistramos unha solicitude dirixida á D.X. de Emprego Público e Administración de Persoal, para a constitución da Comisión de Seguimento do devandito acordo e a convocatoria da primeira xuntanza o máis axiña posible.

Nestes meses dende a sinatura do acordo o 25 de xuño de 2025, a CIG recibiu información de importantes e reiterados incumprimentos en relación ao establecido no acordo para o réxime de prestación de servizos e irregularidades na concesión de indemnizacións por razón de servizo.

Por todo isto e porque o propio acordo dispón que a Comisión de Seguimento constituirase aos seis meses da sinatura e reunirase de forma ordinaria unha vez cada ano natural, exiximos a inmediata constitución da Comisión de Seguimento e a convocatoria da primeira xuntanza para tratar estes e outros asuntos relacionados e evitar a volta atrás hacia un concepto feudal na xestión do único Parque Nacional da Galiza.

Outras novas recentes

Xoves, 01 Outubro 2026

Publicación listas provisionais PSX e xerocultor/a

No DOG do 01/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de servizos...
Martes, 06 Outubro 2026

Elección de destino de varias escalas de C1, C2 e AP

No DOG do 05/10/2026 publican a Resolución pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...
Mércores, 30 Setembro 2026

En mans de quen están as traballadoras do Consorcio? Alguén aos mandos? Hai alguén aí?

Xuntanza coa xerencia do Consorcio (29/09/26) O martes 22 de setembro tivemos que pecharnos no Consorcio porque a situación para moitas das traballadoras que deixaron de prestar servizos no Consorcio, é insostible. Manifestamos que non nos moveríamos do acceso ao edificio se o xerente non nos daba un día e hora para reunirnos por culpa das ilegalidades que están facendo...