Novas por contido

A CIG interpuxo no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) un conflito colectivo en desconformidade coa interpretación que o Consorcio dá á cláusula do Acordo de Integración e coa práctica do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar consistente en impor, aos/ás traballadores/as coa categoría de PSX de determinados centros de día, vivendas comunitarias e escolas infantís, a obriga habitual (non puntual nen excepcional) de realizar a limpeza dos seus propios centros de traballo, por non dispor de servizo específico de limpeza ou, dispondo dese servizo, por non ser suficiente para atender á dita tarefa.

En novembro de 2023 a Sala do Social do TSXG rexeitou a demanda, sen entrar no fondo do asunto, argumentando que non era obxecto de conflito colectivo, polo que quen quixera reclamar tería que facelo individualmente. Diante deste pronunciamento, en xaneiro do 2024, presentamos recurso de casación perante a Sala do Social do Tribunal Supremo, a impugnar a sentenza da Sala do Social do TSXG por varios motivos, entre outros, por achar que estabamos diante dun conflito colectivo e, por tanto, o procedemento era o axeitado. O 10 de setembro do 2025, a Sala do Social do Tribunal Supremo ditou sentenza, no recurso de casación, pola que anulou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, ao entender que o conflito era colectivo e que, por tanto, a Sala do Social tiña de entrar no fondo do asunto e ditar nova sentenza.

Agora, a Sala do Social do TSXG, entra no fondo da cuestión e declarou non conforme co dereito a práctica do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar de impor ao Persoal de Servizos Xerais (PSX) a obriga de realizar, con carácter habitual, a limpeza de certos centros de traballo

Asemade, o TSXG condenou ao Consorcio a cesar esa práctica, polo que, no caso de non cesala nalgún centro de Galiza, poderiamos executar a sentenza e forzar ese cesamento.

O Consorcio Galego pode presentar recurso de casación contra a sentenza.

Costou anos de inxustiza e abuso, pero aí está !!!!

A CIG, sempre denunciando contra os abusos das xerencias do Consorcio e polos dereitos das/os traballadoras/es !!

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...