Novas por contido

A CIG mantivo o pasado mércores 18 de marzo unha reunión coa directora territorial de Sanidade e o xefe de persoal para abordar o teletraballo, a falta de persoal e a situación de distintos servizos.

Teletraballo

Trasladamos a queixa do persoal pola limitación a un único día semanal, unha decisión difícil de entender cando o Acordo vixente permite até o 50% das xornadas e cando a maioría dos postos desenvolven funcións administrativas e técnicas que se realizan de maneira dixital. 

A Dirección Territorial indicou que “estudará” a posibilidade de amplialo a dous días, condicionado á organización do servizo e á coordinación desde a Secretaría Xeral de Sanidade.

Falta de cobertura das prazas saúde pública

Confirmouse que existen tres prazas de inspección farmacéutica (FISP) sen cubrir, así como o bloqueo dunha comisión de servizos de xefatura por non poder asumir unha maior perda de efectivos. Pero non son as únicas: sabemos que hai máis comisións de servizo bloqueadas e as queixas do persoal que quere optar e promocionar son frecuentes (ver táboa). 

Segundo explicaron, estas prazas levan tempo solicitándose (anos nalgunha) á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal —está pendente da aprobación da Subdirección Xeral de Recursos—, sen que até o momento se teña producido a súa cobertura.

Postos vacantes na Dirección Territorial de Sanidade

Posto        Nivel         Nº vacantes 
 Xestor/a de programas de saúde pública 22 1
 Inspector/a farmacéutico/a de saúde pública (Ourense) 24 2
 Inspector/a farmacéutico/a de saúde pública (Verín) 24 1
 Xefe/a de unidade de inspección e control de centros e prestacións sanitarias  28 1
 Inspector/a médico/a 26 1
 Inspector/a farmacéutico/a 26 1
 Xefe/a de grupo 14 1
 Xefatura de negociado 18 1
 Técnico/a sanitario/a 22 2
 Auxiliar de clínica 12 1
 Inspector/a veterinario/a de saúde pública (comarca de Ourense) 24 2


Dende a CIG valoramos positivamente a disposición ao diálogo da Dirección Territorial e o feito de que se recoñezan os problemas existentes. Porén, tamén constatamos as limitacións dun sistema de emprego público centralizado, no que decisións clave como a cobertura de prazas dependen dun sistema ríxido que non ten en conta a prestación dun servizo público adecuado.

Para a CIG, esta situación é insostíbel. Servizos como a inspección farmacéutica, a vixilancia epidemiolóxica ou a inspección veterinaria de saúde pública son esenciais e deben contar cos recursos necesarios. É salientable que o persoal veterinario de matadoiros teña cobertura prioritaria (sinon paralizaría a actividade empresarial) e o que analiza as augas para o consumo humano non: deben estar todos. 

A problemática agrávase en territorios como Ourense, con maiores dificultades para cubrir postos e cunha poboación máis envellecida e rural, o que require reforzar —e non debilitar— os servizos públicos. E temos que ter en conta o tremendo esforzo que fixeron e fan as nosas compañeiras inspectoras farmacéuticas para o control da auga após a vaga de lumes do verán pasado, pois seguimos a ter problemas de potabilidade por arrastres das cinzas en moitas localidades. 

A CIG levará estas demandas ás mesas de negociación para que a saúde pública sexa considerada servizo esencial nos orzamentos, facilitando así a cobertura áxil das prazas no futuro, pero estas as deben cubrir urxentemente.

A saúde pública non pode quedar á espera de decisións políticas: é necesario actuar xa!

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...