Novas por contido

Asistimos á Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario o martes 7 de abril, para tratar varias propostas de modificación de relacións de postos de traballo (bioloxía, ciencias do mar, Fogga e Vivenda). Na rolda aberta de intervención falouse dos concursos de traslados, dos exames de oposición de SPIF, da oferta de destinos de Axentes, do Plan de Igualdade e da carreira profesional.

RPT DA COMUNIDADE AUTÓNOMA

Modifican tres postos de traballo para permitir a toma de posesión definitiva dos procesos selectivos de bioloxía e ciencias do mar, consistente en cambios de especialidade e doutoramento como méritos. A CIG manifestou que ou se lle pon a todos os postos o mesmo ou non se entende a diferenza de niveis entre os postos. Queremos que se sentena negociar para que non teñamos que estar a bailar cos postos segundo a situación.

RPT DE VIVENDA E PLANIFICACIÓN DE INFRAESTRUTURAS

Amortizan 17 postos para crear 15, e modifican determinados aspectos de 5 postos. Rexeitamos a destrución de emprego público para crear postos de estrutura. Rexeitamos a apertura de postos a outras administracións sen acordo de reciprocidade. A xefatura de sección de nóminas en Pontevedra non tería que ser de área de persoal, senón económica.

RPT do FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA (FOGGA)

Modifican a xefatura de Servizo Sector Lácteo e Mercados Agrícolas que pasa de especial a xeral. Cambian a adscrición dun posto de A11 (Xunta, Estado, CC.AA.) a só Xunta (AXG). Para a CIG non hai un argumento sólido para abrira o posto de especial a xeral. Reclamamos máis postos de traballo en Ourense e Lugo pola alta carga que están a sufrir, e con postos de traballo vacantes que non se cubren. A representación de Fogga di que son conscientes dos problemas en Ourense e Lugo, e que están agora tramitando a cobertura dos postos.

ROLDA ABERTA DE INTERVENCIÓNS

Datas de resolución e posesión de concursos de traslados: a DXEP segue sen facilitar información suficiente. Limítase a dicir que: 1) o concurso de axentes está pendente da toma de posesión (nada novo); 2) para corpos xerais no mesmo DOG en que se publique a resolución sairá tamén a data de toma de posesión (están e elaborar o calendario con datas aproximadas), engade que podería ser na próxima semana pero non o ten claro (tampouco queda claro se fala de cando pensa que terán pechado o calendario ou cando van publicar en DOG).

Postos retirados do concurso de escalas sociais: non dá información nin datos.

Data de exame de bombeiros (15 de maio): a DXEP desminte os ruxe-ruxe de que o exame vai ser aprazado. Continúa a data do 15 de maio.

Oferta de prazas para destino de Axentes medioambientais: son 98 prazas para 98 persoas aprobadas. A DXEP di que van revisar (retirar postos e engadir) e publicar as modificacións .

Enquisa Plan de Igualdade: enviouse a todo o persoal empregado público. O prazo de resposta rematou o 6 de marzo. Agora están a analizar toda a información recibida. A CIG engade que queremos saber que porcentaxe houbo de participación, porque a enquisa era mala, con preguntas non axeitadas.

Carreira profesional: a DXEP non ten clara cantas solicitudes quedan por resolver. Revisará e trasladará a información.

Outras novas recentes

Xoves, 01 Outubro 2026

A Xunta fabrica comisións de servizo: (con) concursos a contagotas e postos a dedo

Nestes días vanse dar máis postos en comisión de servizos que no concurso de traslados de corpos xerais. Remata un concurso de traslados de corpos xerais e volven dispararse as comisións de servizo. Nada novo baixo o sol da Administración da Xunta: dende o 16 de setembro de 2026 (día seguinte ao da resolución do concurso) xa se concederon 292 postos en comisión de servizo....
Martes, 06 Outubro 2026

A Consellaría da Lingua  mantén o abuso laboral do persoal lingüista e segue sen achegar os datos necesarios para negociar (xuntanza do 5...

A segunda xuntanza remata sen compromisos concretos para garantir a xornada completa e doce meses de actividade. O luns 5 de outubro tivo lugar a segunda mesa de negociación das condicións de traballo do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, do grupo I, categoría 40.  Un mes despois da anterior xuntanza, a Consellaría de Cultura, Lingua e...
Domingo, 04 Outubro 2026

Os sectores de atención social e coidados únense para rematar coa precariedade de persoal e persoas usuarias

Lanzan unha campaña de mobilización para reclamar, ademais, a xestión directa dos servizos a través dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas eowpzSxtLVM Traballadores e traballadoras do sector de coidados -público e privado- veñen de unificar as súas loitas para denunciar a precariedade que padecen e as consecuencias que isto ten para as persoas...