Novas por contido

Desde a CIG temos o orgullo de anunciar unha nova vitoria xudicial que pon fin a unha discriminación que viña sufrindo o persoal laboral fixo, indefinido e descontinuo da Xunta de Galiza

A CIG foi o único sindicato que tomou a iniciativa de presentar un conflito colectivo contra a Xunta para denunciar que a Administración non estaba recoñecendo correctamente o valor dos nosos trienios.

A Xunta de Galicia, ata o de agora, aplicaba un criterio de prorrata temporis. Isto significaba que, aínda que o traballador/a consolidase o dereito ao trienio cada tres anos, a administración non pagaba o 100% do seu valor, senón que o reducían proporcionalmente ao tempo efectivamente traballado.

Tras a nosa demanda, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) fallou ao noso favor, declarando que:

  • A práctica da Xunta de computar o complemento de antigüidade (trienios) proporcionalmente ao tempo efectivo de prestación de servizos non é conforme a dereito.
  • O persoal laboral (fixo, indefinido e descontinuo) ten o dereito a percibir o 100% do valor do trienio vixente por cada tres anos naturais de prestación de servizos.

Esta sentenza confirma o que a CIG sempre defendeu: que non se pode aplicar unha sanción por "parcialidade" a un contrato que é de xornada completa durante os períodos de chamamento.

Esta vitoria é froito da constancia e da preocupación real da CIG polo benestar do seu persoal. Mentres outros sindicatos gardaron silencio ou non priorizaron esta loita, a CIG foi a única organización que levou este conflito aos tribunais para defender os dereitos económicos dos traballadores e traballadoras.

Seguiremos traballando para que as túas condicións laborais sexan respectadas.

Non aceptamos recortes nos nosos dereitos!

Outras novas recentes

Martes, 05 Mai 2026

Convocatoria oposicións Condución (C1 e C2) e Mantemento (C1 e C2) (CP 08/05/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou Comisión de Persoal para o venres 8 de maio, na que se van aprobar as convocatorias dos procesos selectivos de C1 e C2 de condución, e C1 e C2 de mantemento. Os documentos son exactamente iguais que os que enviaron para a MSF do luns 4 de maio.  Os catro teñen as seguintes características: forma de...
Luns, 04 Mai 2026

Destinos corpos xerais e convocatoria oposicións mantemento+condución (MSF 04/05/26)

A directora xeral de Emprego Público (DXEP) informou na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF) da data da xuntanza que os sindicatos solicitamos para falar dos problemas que hai coas eleccións de destino definitivo do persoal funcionario de corpos xerais. Finalmente a xuntanza vai ser o luns 11 de maio. No momento de escribir esta información non...
Xoves, 07 Mai 2026

A CIG denuncia ao Consorcio por prácticas irregulares na xestión de nóminas

 O Consorcio reclámalle ao persoal cartos que non lle aboou previamente en concepto de IRPF Na prestación por risco durante o embarazo, as traballadoras tardan en cobrar a prestación varios meses, adiantándolle o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar o salario na contía correspondente á prestación. Esta situación ocasiónaa a demora na tramitación da...