Novas por contido

A directora xeral de Emprego Público (DXEP) informou na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF) da data da xuntanza que os sindicatos solicitamos para falar dos problemas que hai coas eleccións de destino definitivo do persoal funcionario de corpos xerais. Finalmente a xuntanza vai ser o luns 11 de maio. No momento de escribir esta información non enviaran datos, tan só a convocatoria da xuntanza. Esa xuntanza debería ter sido na semana do día 20 de abril, que era cando estaba “previsto” publicar a convocatoria de elección de postos.

En canto aos puntos da Orde do día da MSF, discutimos as convocatorias de oposicións de condución (C1 e C2) e mantemento (C1 e C2).

Para as catro convocatorias, defendemos: o acceso mediante concurso-oposición; que dende a convocatoria ata a elección de destino non pase máis dun ano; a promoción interna separada e co 50%; etc.

Fixemos fincapé na proba con vehículo para os procesos de condución: esiximos que a adxudicación do vehículo sexa por sorteo, pois xa tivemos malas experiencias no pasado por números de aprobados moi diferentes entre os vehículos. Tampouco nos gusta que se midan os tempos, pois ante supostos diferentes para cada persoa candidata, os tempos de resolución tamén van ser diferentes, e iso rompe o principio de igualdade.

Como novidade respecto doutras convocatorias, satisfainos o cambio de criterio da DXEP por permitir a promoción interna vertical e horizontal dende calquera escala do mesmo e inferior subgrupo. A CIG leva anos reclamando que sempre, reciprocamente en todos os casos, se permita participar na promoción interna a calquera funcionario/a que teña a titulación requirida, dende outras escalas de igual ou inferior subgrupo.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...