Novas por contido

As tres organizacións sindicais, CIG (Ensino e Autonómica) - CUT - SNEP, chamamos o próximo mércores 3 de xuño á loita e mobilización dos 3 sectores cun mesmo fin: “Melloras laborais, sociais e salariais: convenios dignos e xustos”, así como baixada das ratios, máis persoal na atención directa, xornadas xustas, máis recursos, mellores instalacións... A CIG, CUT e SNEP, convocamos folga no sector de Infantil 03 da pública e da privada, chamamos a encher as rúas galegas a todo o persoal traballador dos tres sectores e aumentamos o paro parcial de 9h a 15h

Tamén facemos unha chamada pública de unidade de acción reivindicativa nas rúas galegas, organizada por todas as entidades sociais, organizacións, plataformas, e asociacións que aposten polas mobilizacións e a folga, tendo claro que a loita é o único camiño e miren polo interese colectivo e non polo propio.

E, por suposto, dirixida á Xunta de Galiza, concretamente á Consellaría de Política Social, que é quen ten todas as competencias e o poder de modificar a mesma situación de precariedade que sofren estes 3 sectores.

Coincidindo as reivindicacións nos 3 sectores e tendo as competencias a Xunta de Galiza, que se comporta como un bunker, xuntemos as nosas forzas na Galiza os tres sectores e negociemos nós as nosas condicións!!!

Recordámosvos as tres accións reivindicativas a levar a cabo:

 

Un CAMIÑO DE SANTIAGO REIVINDICATIVO de 3 etapas, cunha XORNADA DE FOLGA (na última etapa):

- O 1 de xuño 1ª etapa saída 11:30 h. Arzúa ate Arca, con caravana de coches cos delegados/as de cada sindicato que teñen horas sindicais.

- O 2 de xuño 2ª etapa saída 11:30 h. Arca ate Monte do Gozo, igual á 1ª etapa cos delegados/as aos que se pode unir persoal traballador que poida e queira participar.

- O 3 de xuño 3ª etapa con MANIFESTACIÓN, saída 11:00 h. do Monte do Gozo á Xunta (San Caetano), nunha xornada de folga cun paro parcial de 6 horas (das 9:00 ás 15:00h.), ao que está chamado todo o persoal traballador, que non teña SS.MM de mañán, ou non estea en quenda de mañán no seu posto de traballo. Aumentamos 1h. o paro parcial pola solicitude feita polos centros de traballo máis alonxados de Santiago de Compostela.

 

Dende a CIG, chamamos públicamente á unidade de acción mobilizadora nas rúas de Galiza aos 3 sectores: Discapacidade, Menores e Infantil 0-3 (este pública e privada), así como dar continuidade mañán, a un novo “Mércores en loita” nos centros de traballo. As accións desenvolvidas polo persoal traballador destes tres sectores, baixo o lema "PolíticaSocialenLoita" pretende visibilizar, unha vez máis, as súas condicións precarias diante da sociedade para chamar a atención da conselleira Fabiola García.

A CIG anima ao persoal dos centros de traballo que aínda non participou nesta acción a facelo mañá e a compartir nas súas redes sociais e no correo unitario das tres organizacións sindicais politicasocialenloita@gmail.com as imaxes nas que se amosen as súas principais reivindicacións. Ademais, en paralelo, tamén se está a mover  outra iniciativa baixo o título "Concienciación Social" a través da cal se detalla en vídeos e imaxes o día a día do persoal traballador e que compartimos canle de Youtube.

 

Outras novas recentes

Venres, 16 Outubro 2026

A Dirección Xeral de Emprego Público pasa o rolete pola Lei de medidas e a Lei de orzamentos de 2027, sen negociar (CP 15/10/26)

Na xuntanza da Comisión de Persoal do 15 de outubro, a directora xeral volveu ás andadas de facer imposíbel calquera posibilidade de negociación efectiva, impedindo que haxa calquera avance nas condicións laborais do persoal da Administración xeral da Xunta e entes. Xa se está a convertir en costume ter que dicirlle á diretora xeral de Emprego Público que coa CIG non conte...
Venres, 09 Outubro 2026

Ampliación do prazo de elección de destino na especialidade de limpeza e cociña

No DOG do 09/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2026 pola que se amplía o prazo para a elección de destino na agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña, convocada pola Resolución do 24 de setembro de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 186, do 30 de setembro). Amplían o prazo...
Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data. ASUNTO: O que se...