Novas por contido

Este luns 18/05/26, a CIG solicitoulle ao conselleiro de Facenda unha xuntanza para dar solución e que nos actos de elección de destino participen todas as promocións que estean nesa situación, sen que ningunha quede relegada a un futuro incerto.

As case 500 persoas funcionarias de corpos xerais que concorreron á promoción interna do ano 2023 en convocatorias derivadas das ofertas de emprego dos anos 2020 e 2021 non van poder acceder ao destino definitivo por unha decisión da directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.

Das oito promocións de corpos xerais que están pendentes de obter o seu destino definitivo (dúas promocións en destino provisional, unha de persoal funcionarizado, unha de promoción específica, dúas de estabilización e dúas de promoción interna), unha delas, a promoción interna do 2023 non vai poder acceder, coa conseguinte perda de dereitos.

E todo isto pola decisión, ou mellor dito, pola indecisión e inhibición da directora xeral, de Emprego Público.

A titular deste órgano directivo dependente de Facenda, ten manifestado en varias mesas de negociación que non vai convocar acto de elección de destino para as persoas desta promoción interna.

Descoñecemos os motivos pois o argumento empregado en primeiro lugar foi que “non toca”. Despois, que “os procesos aínda non están aínda rematados”, cando si o van estar antes de que se convoquen todos os actos de elección de destino (as resolucións coas relacións de persoas que superaron os procesos publicouse no DOG do 30 de abril e a entrega de documentación remata a final de mes).

Ao mesmo tempo esta directora xeral non nos proporcionou datos, nin de cantas persoas teñen que elixir posto nesta promoción interna, nin de cantas na anterior (hai persoas que no concurso obtiveron postos abertos), nin de cantas prazas concretas faltarían para poder levar adiante todas as eleccións de destino, xa que a información foi xenérica.

Tampouco da datos de cando tomarían posesión as persoas desta promoción que ve adiada a súa toma de posesión.

Ás persoas que aprobaron a promoción interna hai que darlles destino definitivo, e adiar esa decisión non soluciona o problema da falta de prazas e resta dereitos ás persoas funcionarias problemas causados por unha decisión inxusta e incomprensible.

E si unha dirección xeral se inhibe nas súas funcións, o conselleiro ten que chamala á orde e obrigala a dar unha solución.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...