Novas por contido

Na Mesa Sectorial de Persoal Funcionario (MSFP) do venres 19 de xuño tratamos a modificación da RPT de Aturga, e preguntámoslle á DXEP sobre varias cuestións a respecto dos procesos en marcha: as tomas de posesión das escalas sociais, as devolucións dos pagamentos de taxas de procesos selectivos do SPIF anulados, o concurso F0425, a IT no momento da elección de destino e as vacacións e asuntos propios no cambio de vínculo xurídico de persoal interino a persoal funcionario de carreira.

Modificación da RPT de Aturga

Trouxeron a esta mesa unha modificación da RPT de Aturga negociada semanas antes cunhas pretensións un pouco máis optimistas, e atopámonos agora unha RPT castrada pola DXEP, pois aínda que algunha cousa foi modificada pola Axencia a petición deste sindicato, hai que dicir que botamos de menos a proposta de Aturga da apertura dos postos base C1 a xefaturas de grupo abertos a C1 e C2 para dar unha maior cobertura ao posto. 

Tamén mantemos a esixencia da modificación, como mínimo, do complemento específico dos postos de persoal técnico de cociña, pois aínda que pedimos que o complemento de destino sexa de nivel para equiparalos a outros postos iguais, ao cambiar as condición laborais e poñerlle agora “xornada especial”, con base na información exposta na memoria funcional, entendemos que esta modificación das condicións de traballo debe reflectirse no complemento específico, que é o destinado para tal efecto.

Toma de posesión das escalas sociais. Instrucións e protocolos para a calidade e continuidade da prestación de servizos

Na rolda aberta de intervencións a DXEP comezou dicindo que no mes de setembro si que será a toma de posesión das escalas sociais, sempre despois das escalas de infantil e de persoal auxiliar coidador, para que non coincidan.

Tamén indicou que cando se realizan as tomas de posesión envían instrucións ás secretarías xerais técnicas das consellarías. Neste caso, dado o volume de persoas que se moven, envían tamén un protocolo para establecer pautas para garantir a continuidade e calidade na prestación dos servizos públicos, minimizar disfuncións e garantir a transmisión ordenada de coñecemento.

Devolución de pagamento de taxas de procesos selectivos do SPIF (convocatoria de xullo 2025)

Preguntamos pola devolución do pagamento de taxas dos procesos selectivos do SPIF. O 30 de xaneiro de 2026 publicaron no DOG a resolución  (23 de xaneiro de 2026) coa que anularon os  procesos selectivos do SPIF convocados en xullo de 2025 (resolucións do 18 de xullo de 2025) e aprobaban a devolución de oficio das taxas por dereitos de exame, establecendo 30 días para introducir o número de conta no Fides. Como a día de hoxe non se efectuou esa devolución, preguntamos cando a van facer. A diretora contestou que consultará como está o tema.

Concurso F0425

Na MSPF do mércores 17 de xuño faltou información sobre o concurso F0425-Laboratorio, mantemento, limpieza, cociña, recursos naturais e forestais, e precisamos aclarar cales son as convocatorias que incluirán no acto de elección de destino. A DXEP responde que cando estean máis avanzadas as resolucións dos procesos irán informando.

Consulta sobre a IT no momento de escoller destino

Tamén pedimos aclaración do seguinte: No caso dunha persoa que ocupa unha praza en destino provisional e participa no acto de elección de destino, que situación administrativa lle corresponde se, no momento de escoller destino, se atopa en situación de incapacidade temporal (IT) e continúa en IT no momento da toma de posesión? Ademais, que sucede se a praza que estaba ocupando provisionalmente tamén sae a concurso e é adxudicada a outra persoa? En que situación adminstrativa quedan estas persoas?

Sabemos que poden escoller destino e que se agarda para que asinen a toma de posesión após a súa alta médica, pero precisamos saber cal é a situación administrativa, porque entendemos que cesa no destino provisional (xa que outra persoa puido elixilo). Di a directora que hai moitas casuísticas e que dependerá de cada caso, co cal continuamos sen resposta.

Volvemos pedir aclaracións a respecto de vacacións e asuntos propios, pero non as dan

Por último, insistimos en que aclaren a cuestión das vacacións e asuntos propios e o cambio de vínculo xurídico, algo que xa temos solicitado en tantas mesas. A subdirectora xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal traslada que ao existir un cambio de vínculo xurídico de persoal funcionario interino a persoal funcionario de carreira, teñen que desfrutar a parte proporcional das vacacións e asuntos propios polo tempo traballado como persoal interino até a data na que se produce ese cambio, e o resto como persoal funcionario de carreira despois. O problema é que parece que están enviando instrucións diferentes nas distintas consellerías.

Emprego Público di que a xestión das vacacións e asuntos propios a regulan as secretarías xerais técnicas das distintas consellerías, co cal seguimos no mesmo punto de partida, estando a finais de xuño e sen recibir instruccións claras por parte de ninguén.

Outras novas recentes

Martes, 28 Xullo 2026

Asistencia a sinatura electrónica. Procesos selectivos agronómica, agrícola, obras públicas, informática e arquivos (CP 23/07/26)

Emprego Público pasa outra vez o rolo e aproba varios procesos selectivos co voto en contra de todas as organizacións sindicais Na Comisión de Persoal (CP) do 23 de xullo constátase unha vez máis o desprezo negociador da Dirección Xeral de Emprego Público (DXEP) que usa ás organizacións sindicais, representantes lexítimos do persoal da Xunta de Galiza, como meros...
Xoves, 23 Xullo 2026

Zasca do Tribunal Supremo! á carreira profesional (ST 636/2026)

O que Xunta, CCOO e UGT che quitaron a CIG devólvecho nos xulgados Mentres a CIG gastaba tapas de zapato nos xulgados defendendo a dignidade do persoal laboral que obrigaban a funcionarizarse para cobrar a carreira profesional, os do "pacto da foto" (Xunta-CCOO-UGT) dicíannos de todo menos "bonitos/as" diante das traballadoras e dos traballadores. Axeonlláronse diante da...
Martes, 28 Xullo 2026

Cadro de persoal de investigación de carácter laboral da comunidade autónoma; elección de destino de Gain (MX 23/07/26)

A creación do cadro de persoal de investigación laboral nos organismos de investigación veu á Mesa sen negociación previa coa representación das traballadoras e traballadores de cada entidade, deixando fóra 32 organismos dos 50 recoñecidos oficialmente, excluíndo ao persoal de xestión da innovación e omitindo as funcións efectivas dos postos, ademais dunha clasificación...