Novas por contido

O venres 15/06/2026 publicáronse os actos de elección de destino de varias escalas, despois de ter rematado o concurso de traslados das mesmas (arqueólogos, facultativos, axudantes e auxiliares de arquivos, bibliotecas e museos, restauración en bens artísticos e arqueolóxicos e delineantes).

O caso máis rechamante é o da escala de delineación, con 15 prazas que quedaron vacantes despois do concurso e tan só ofrecen 6 prazas para as as 6 persoas que teñen que elixir destino. E para máis inri, na DXEP cometeron unha chapuza e “esquecéronse” de que teñen a outra promoción máis con 9 persoas aprobadas pendente de escoller destino definitivo e agora parece que van sacar unha corrección de erros para poder incluír á promoción “perdida” no acto de elección de destino.

Na escala de arqueoloxía onde sobraron 20 vacantes do concurso ofrecen 15 prazas para 15 aspirantes.

No caso de auxiliares de arquivos, bibliotecas e museos hai 57 vacantes sobrantes do concurso e ofrecen 28 prazas para 28 persoas aprobadas.

E no caso da escala de facultativos (A1) e axudantes (A2) de arquivos bibliotecas e museos, se ben as vacantes sobrantes son xustas, hai que ter en conta que sobraron prazas abertas a varias especialidades e que se poden ofrecer igualmente, o mesmo que sucede na escala de restauración.

Noutros actos de elección de destino como o de expertos lingüistas onde 15 postos sobraron do concurso, só ofrecen 13 para 12 persoas. É certo que saen todos os postos de nivel e que o resto máis ou menos teñen as mesmas características, pero razón de máis para sacar todos. E o mesmo para o caso de titulado superior lingüista.

Dende a CIG temos claro que no concurso de traslados de calquera corpo e escala hai que ofrecer absolutamente todas as vacantes. E tamén temos absolutamente claro que se ningunha persoa funcionaria que concursou optou por esas prazas, deben ofrecerse todas as prazas sobrantes para os procesos de elección destino. Non facelo e pretender seguir vivindo nunha administración clientelar onde os postos que se reservan se ofrecen logo en comisión de servizos para vendelos como favores.

Vimos de esixirlle á DXEP que se ofrezan todos os postos sobrantes dos concursos de traslados nos actos de elección de destino posteriores.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...