Novas por contido

O concurso específico, xunto co concurso ordinario e a libre designación, é unha das formas de provisión de postos previstas na Lei do emprego público de Galiza, unha lei que é do ano 2015. Dende esa data, non se convocou ningún concurso específico, o que produciu que máis de 800 postos (básicamente xefaturas de servizo e sección), estiveran ocupadas en comisión de servizos, o que produciu un montón de postos bloqueados nos concursos ordinarios.

En xuño do 2025, a Xunta aprobou un modelo de bases de concurso específico. Ese modelo era moi aberto, moi xenérico, totalmente adaptable a que cada consellería publicase as respectivas convocatorias segundo o seu interese. Non era o modelo da CIG. Nen sequera nos gusta esta forma de provisión. Pero nin coa capacidade tan grande que tiñan para adaptalo e seleccionar, as consellerías tiveron a ben convocar as prazas. E así chegamos ata agora dende o ano 2015. 

Temos xa a primeira consellería que convoca o concurso específico: a consellería de Facenda, incluíndo Atriga. No DOG do 20/05/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2026 pola que se convoca o concurso específico para a provisión de postos de traballo vacantes nesta consellaría (Facenda e Administración Pública).

É obxecto da presente convocatoria a provisión dos postos de traballo vacantes na Consellería de Facenda e Administración Pública que se relacionan no anexo I, mediante o procedemento de concurso específico.

As persoas interesadas en participar no concurso específico deberán presentar a súa solicitude do seguinte xeito:

a) Para persoas aspirantes da Administración da Xunta de Galiza, accedendo ao Portal do empregado público no enderezo electrónico https://portax.xunta.es

b) Para persoas aspirantes doutras administracións públicas, a través da sede electrónica da Xunta de Galiza.

As solicitudes presentaranse no prazo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2026 pola que se convoca o concurso específico para a provisión de postos de traballo vacantes na Axencia Tributaria de Galicia.

É obxecto da presente convocatoria a provisión dos postos de traballo vacantes na Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) que se relacionan no anexo I, mediante o procedemento de concurso específico.

As persoas interesadas en participar no concurso específico deberán presentar a súa solicitude accedendo ao Portal do empregado público no enderezo electrónico https://portax.xunta.es

As solicitudes presentaranse no prazo de vinte (20) días hábiles, que se contarán dende o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galiza.

O concurso específico consiste na valoración dos méritos e das capacidades, os coñecementos ou as aptitudes determinados na convocatoria e relacionados cos postos de traballo que se vaian prover.

O concurso constará de dúas fases, na primeira valóranse os méritos, xerais ou específicos, e na segunda, as capacidades, as aptitudes ou os coñecementos que deberán gardar relación directa co perfil do posto que se vai prover, garantindo o respecto do principio de obxectividade.

Outras novas recentes

Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...