Novas por contido

No DOG do 01/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de servizos xerais (PSX) (subgrupo C2), e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de xerocultor ou xerocultora (subgrupo C2).

● Fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo auxiliar : escala de persoal de servizos xerais (PSX) e escala de xerocultor ou xerocultora

● Nestas listas provisionais tamén figuran as persoas que solicitaron a inclusión nas listas para a contratación temporal das categorías profesionais 43 (xerocultor/a) e 44 (persoal de servizos xerais) do grupo IV de persoal laboral, ao abeiro da Resolución do 7 de marzo de 2019 (DOG núm. 54, do 18 de marzo).

● As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, no apartado Listas de contratación, e no Servizo de Aten ción e Información á Cidadanía a través do teléfono 012

● Nas devanditas listas figura a seguinte información:

– Persoas solicitantes admitidas na lista, con indicación da puntuación provisional resul tante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.

– Persoas solicitantes excluídas, con indicación da causa de exclusión

● 10 días hábiles para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...