Novas por contido

A CIG vén de instar á Dirección Xeral de Emprego Público a constituír e convocar a Comisión Paritaria de Formación para o Sector da Autonómica e a garantir a negociación efectiva da formación antes de que o plan anual 2027 sexa aprobado polo Consello Reitor da EGAP; así como antes da aprobación dos restantes plans específicos de formación do sector.

A formación non pode decidirse unilateralmente. O artigo 37.1.f do Estatuto básico do persoal empregado público e o artigo 153.1.f da Lei do emprego público de Galiza obrigan a negociar os criterios xerais dos plans e fondos de formación, incluídas as necesidades, prioridades, recursos, colectivos destinatarios, condicións de acceso, seguimento e avaliación.

Porén, a EGAP presenta os seus programas anuais ao Consello Reitor sen unha negociación colectiva previa que permita ao persoal participar na definición das súas propias necesidades formativas. Na CIG insistimos en que a aprobación formal por este órgano non substitúe a Mesa Xeral nin converte en negociado un plan previamente elaborado pola Dirección da Escola.

A Xunta creou en 2014 a Comisión Paritaria de Formación Local, integrada pola Administración, a Fegamp e as organizacións sindicais máis representativas. Este órgano continúa aprobando e supervisando os plans financiados para o persoal das entidades locais. En cambio, Emprego Público non identifica nin acredita unha comisión equivalente e operativa para o persoal da Administración autonómica.

Dende a CIG reclamamos que se constitúa e se convoque a Comisión Paritaria de Formación para a Autonómica, destinada ao persoal da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais. Se Emprego Público afirma que xa existe, deberá acreditalo documentalmente, convocala e dar conta da súa actividade.

A CIG esixe, tamén, información completa sobre os fondos, os custos, as solicitudes, as persoas solicitantes, as prazas, as admisións, as exclusións, as listaxes de agarda e a demanda non atendida, con datos desagregados por actividade, territorio, colectivo e sexo. Sen esta información non é posíbel avaliar se a oferta responde ás necesidades reais nin coñecer o desfasamento entre a demanda e as prazas dispoñíbeis.

Os plans incluídos no Acordo de formación para o emprego das administracións públicas deben seguir o procedemento específico de negociación e aprobación previsto nel. Para abranguer tamén a formación financiada con fondos propios, na CIG propoñemos crear un órgano técnico paritario na Mesa Xeral ou establecer un procedemento periódico de negociación e seguimento.

A formación é un dereito do persoal e unha ferramenta para mellorar os servizos públicos. Non pode seguir planificándose por inercia, de costas ás necesidades reais e contando sempre co mesmo círculo de persoas colaboradoras.

 

Novas relacionadas

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...