- Detalles
O mércores 21 de xullo tivo lugar o CSSL de Incendios onde dimos conta das grandes eivas de riscos laborais no SPIF.
|
ASUNTO |
CIG |
CONSELLERÍA MEDIO RURAL |
|
Dotación de emisoras TETRA para o persoal vixilante fixo e arranxo das pistas de acceso ás casetas |
Solicitamos que se cumpra o plan de acción onde se contempla que se deberá realizar un mantemento periódico e arranxo das pistas de acceso as casetas Se a administración non arranxa as pistas ou proporciona un vehículo todoterreo verémonos na obriga de denuncialo |
Van adquirir 44 emisoras tetra para entregar aos vixilantes, en base o acordo marco Realizarán unha revisión das pistas e aumentarán a disposición orzamentaria para o arranxo dos accesos |
|
Simulacros de nivel 1 e prácticas de manexo de emisoras. |
Solicitamos que a Subdirección de Incendios elabore un plan axeitado e se estandarice a realización de este tipo de simulacros. |
Os datos aportados pola Administración en canto o números de simulacros solicitados dende a CIG son dispares en cada provincia |
|
Vacinación do persoal de incendios, e recordatorio da necesidade de cumplir o protocolo Covid. |
Reiteramos o abandono do SPIF en canto o protocolo de vacinación coma servizo de emerxencias e servizo esencial. Solicitamos o mantemento dos protocolos antiCovid, que se dote ao persoal de máscaras FFP2 e fomentar o traballo binomio brigada-motobomba a quendas de 10 horas |
|
|
Ficha de características físicas das garrafas de espumóxeno |
Apostamos pola necesidade de establecer plans de formación para o manexo con seguridade deste tipo de sustancias. Solicitamos a entrega ao persoal de fichas de seguridade destes retardantes así como as recomendacións do seu uso e procedementos de almacenaxe Que se leve un rexistro das persoas que os empregan e formación axeitada |
Entregáronnos a ficha de seguridade do producto e o Servizo de Prevención fixo un balance sobor o emprego destes , indicando que están compostos de tensoactivos aniónicos, de composición moi similar de productos coma os lavalouzas. O producto concentrado sen diluír provoca irritación ocular grave,polo que é necesario o emprego das gafas que se empregan no servizo |
|
Designación dos membros do subcomité de Epis. |
Solicitamos que se constitúa este Comité |
Pola Administración os seus integrantes serán o subdirector de incendios ou o xefe de servizo de Programación. |
|
Situación dos medios en alto risco (O persoal en determinadas provincias se está a poñer un puntos altos no monte) |
Manifestamos que non ten sentido situar os bombeiros forestais neste tipo de lugares É preciso dunha vez por todas algo de empatía e respeto hacia o persoal do SPIF |
|
|
Emprego dos bombeiros forestais nas emerxencias de medio rural |
Dende a CIG levamos anos e anos loitando polo emprego cando sexa necesario do emprego do SPIF no Apoio en Continxencias no Medio Rural,primeiro polo establecído no RD 1031 /2011,pola consideración do SPIF como Servizo de Emerxencias,no Convenio actual e no propio CNAE Solicitamos que se incluían aos/as bombeiros/as forestais e demáis categorías para que poidan actuar en Apoio en Contixencias no Medio Rural e Natural |
|
|
Rotativos V1 vehículos de extinción. |
Reseñamos a pouca calidade destes equipos |
Entregáronse sinais luminosos a todas as brigadas, e vanse realizar cursos de manexo destes |
ROGOS E PREGUNTAS
Sopladoras Still.
Utilizadas para a desinfección. Teñen un fallo de fabricación, a empresa púxose en contacto ca Administración para que se leven os sopladores para reparar.
Autorescatadores de osíxeno químico.
Posibilidade de que o contrato quede deserto, xa que é máis que posibél que as empresas non cumpran o prego de garantir 10 minutos de osíxeno químico. Son productos moi específicos e case que non hai moitos modelos no mercado. O presidente do Comité propón baixar nos pregos técnicos o tempo de duracion de 10 a 7 minutos. E unha decisión moi importante para tratar en rogos e preguntas, polo que se solicita que se leve o Subcomité de EPIS
Solicítase o número de prendas que se lle entregaron os axentes ambientais
De non obter está información terremos que denuncialo en vía xudicial.
Deficiencias nos vehículos todoterreo do persoal fixo discontinuo de 6 meses.
Dende a CIG solicitase que se solucionen inmediatamente as deficiencias destes vehículos, rodas inaxeitadas, baca sen topes dianteiros e traseiros, mal selado de caixas traseiras...
Roupa de inverno do SPIF.
Dende a CIG solicitamos información de como está o procedemento da roupa de inverno,e as datas de entrega deste equipamento ao persoal.Dende a Administración indicasenos que sera entregada antes de rematar o ano 2021.
Intercomunicadores para os/as bombeiros/as forestais.
A consecuencia das demandas na Inspección de traballo pola CIG , vanse a entregar intercomunicadores ao persoal bombeiro forestal. Coma non se poden adxudicar a través de un contrato menor e teñen que seguir o procedemento reglamentario.A Administración indícanos que vai axilizar o procedemento.
- Detalles
A Comisión de Persoal do 28 de xullo de 2021 aproba a adenda que mellora o Acordo das condicións de traballo do persoal técnico de incendios dos subgrupos A1 e A2, co voto favorable de todas as organizacións sindicais.
Fixeron falta dous anos de loita e a unha dura folga do persoal técnico do Servizo de Prevención de Incendios Forestais para conseguir a mellora das súas condicións laborais. O acordo foi difícil pois a consellería do Medio Rural se amparaba en que estaba pendente dunha forte reestructuración do servizo que afectaría a estructura e funcións, razón pola que preferían esperar alongando meses incluso anos unha situación insostible e de alta conflitividade co persoal.
Finalmente na mesa de negociación fomos capaces de chegar a unha adenda de mellora do Acordo actual que recolle as demandas máis urxentes, proposta que foi ratificada en asamblea de traballadores cunha alta participación e que pecha o conflito laboral.
Na CIG somos conscientes de que é un avance significativo pero tamén de que a prioridade é fortalecer os cadros de persoal para baixar a carga de traballo. E desconfiamos dunha reestructuración onde non se contemple o reforzo deste servizo esencial para Galiza máis, pola contra, que artellen unha centralización que afonde no illamento do rural co desmantelamento dos 19 distritos forestais.
Olla aquí o comunicado conxunto das organizacións que convocamos a folga do persoal técnico do SPIF.
- Detalles
Despois de moitos meses dando a paliza a Función Pública para que desen unha solución á situación das compañeiras e compañeiros que superaron a promoción interna de corpos xerais e que ao tempo participaron no concurso de traslados, e que por mor do enorme retraso deste último proceso se encontran nunha situación de incertidume, por fin tiveron a ben enviarnos a súa postura.
En xeral, o que propoñen é:
- O concurso será resolto con anterioridade ao acto de elección de destino definitivo.
- Quen no concurso obteña un posto aberto ao grupo superior, poderá tomas posesión dese posto, xa no novo grupo, quedando excluido/a da elección de destino definitivo.
- Quen xa tomou posesión na promoción interna do posto que viña ocupando por estar aberto ao grupo seperior, xa está en destino definitivo, por imperativo das bases da convocatoria, polo que non participará na elección de destino.
Temos que dar resposta inmediata a Función Pública co noso parecer ao texto que enviaron, para unha urxente publicación no web de Funcion Pública, tendo en conta que o venres 30 remata o prazo para renunciar ao concurso de traslados. Así que se tes algo que dicirnos, contacta coa CIG xa.
Este é o texto íntegro do que nos enviou Función Pública:
NOTA ACLARATORIA SOBRE A CONCORRENCIA DOS PROCEDEMENTOS DE CONCURSO DE TRASLADOS E PROMOCION INTERNA
En relación coa concorrencia dos procedementos de concurso de traslados e a promoción interna, INFORMASE:
As persoas que se atopen afectados, ao mesmo tempo, polo procedemento de concurso de traslados F0219 e polos procesos selectivos de promoción interna pendentes do acto de elección de destino definitivo, seranlles de aplicación o seguinte:
1. O concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia resolverase con anterioridade as eleccións definitivas derivadas dos procesos selectivos de promoción interna, as cales, faranse inmediatamente despois da resolución do concurso.
2. As persoas que dende a convocatoria do concurso de traslados da administración xeral teñan promocionado a un grupo superior mediante a promoción interna e obtiveran en dito concurso un posto de traballo aberto ao posto ao que teñan promocionado, poderán tomar posesión do mesmo como funcionario dese novo grupo.
Neste caso, non participaran na elección de destino definitiva do proceso selectivo de promoción interna.
3. As persoas participantes no concurso de traslados que non obteñan unha praza aberta ao subgrupo ao que promocionaron, e se atoparan en destino provisional ou excedencia por prestación de servizos no sector público froito do proceso selectivo de promoción interna, deberan participar no acto de elección de destino definitivo.
- Detalles
Valoración das repercusións xurídicas e sindicais da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) que declara ilegal a sección segunda do Acordo de Concertación relativo á carreira profesional do persoal da Xunta de Galiza
Na CIG asistimos con abraio a unha campaña dos sindicatos amarelos culpándonos de tumbar a carreira profesional e, case que, das dez pragas de Exipto.
Dende o minuto 1 no que foi negociado o Acordo de Concertación, todo o mundo sabía que artellar un sistema de carreira profesional que non fora universal, ademais de ser ética e sindicalmente reprobable, era contrario ao principio de igualdade e vulneraba o ordenamento xurídico do Estado español e o dereito europeo.
Non foi porque non o advertiramos, ata dimos a coñecer sentenzas de diversas administracións ratificadas polo Tribunal Supremo que obrigaban a que carreira profesional tivera carácter universal.
A CIG gañou a sentenza contra a Orde do sistema extraordinario de carreira, conseguindo que o persoal interino e temporal acadaran o mesmo dereito que o persoal fixo e funcionario de carreira. Mais, a Xunta aguillada por CCOO e UGT, no canto de estender o dereito a todo o persoal, recorreu en casación a sentenza.
Agora vimos de gañar a demanda contra a sección 2ª do Acordo de concertación que excluía a este persoal; resultando, da sentenza do TSXG, uns fundamentos de dereito ben clariños nos que fica patente a ilegalidade manifesta deste acordo discriminatorio entre a Xunta, CCOO e UGT.
E, como non podía ser doutro xeito, as comparsas da Xunta, CCOO e UGT, acúsannos de anular o sistema de carreira e que o persoal funcionario de carreira imos deixar de cobrala. Pois ben, a realidade é outra:
- A anulación da sección 2ª do Acordo de Concertación non aparella a anulación do grao I e II do sistema extraordinario de carreira. As razóns son sinxelas: a sentenza anula un “acordo sindical” non anula a “Orde pola que foi convocado o grao extraordinario”.
Como exemplo, as Ofertas de Emprego Público (OEP) dos anos 2017 e 2019: foron declaradas nulas polo TSXG a instancia da CIG, e isto non obrigou á Administración a suspender as OEP, senón a incrementar e convocar postos que non ofertara. - Que pasaría si, como di CCOO e UGT, a Xunta de Galiza decidira extinguir o complemento de carreira profesional do persoal que xa o percibe, como consecuencia de que o TSXG declarou que a Sección 2ª do Acordo de Concertación é discriminatoria?
Deixando claro que sería por iniciativa propia e non por mandato xudicial, sucederían tres cousas:- A Xunta de Galiza podería estar a violar a garantía de “indemnidade”, pola cal ninguén pode ser represaliado por solicitar a tutela xudicial efectiva dos tribunais. E, de certo, esa eventual acción carrexaría consecuencias de toda índole para os responsábeis de poñela en marcha.
- A Xunta de Galiza estaría a violar o dereito á carreira, que xa forma parte do núcleo das relacións laborais e administrativas dos “beneficiarios de boa fe”: laborais fixos e funcionarios de carreira.
- A Xunta de Galiza non estaría a dar cumprimento nen a esta sentenza xudicial, nen á do réxime extraordinario que ordena recoñecer ao persoal temporal a carreira profesional.
- Finalmente, non debemos confundir, como intencionadamente fan CCOO-UGT-Xunta, os seguintes tres conceptos: o "dereito á carreira profesional", a "convocatoria do grao extraordinario de carreira" e un "acordo sindical" ilegal.
- O dereito á carreira (derivado do EBEP e da LEPG) non hai resolución xudicial que poida derroga-lo porque é un dereito de configuración legal.
- A convocatoria do grao extraordinario dispón dunha sentenza propia que declara que hai que incluír ao persoal interino e temporal.
- O Acordo sindical UGT-CCOO-Xunta foi declarado discriminatorio co persoal con vínculo temporal e polo tanto nulo.
- O artigo 73 da Lei da Xurisdición Contencioso Administrativa é claro cando fixa que as sentenzas que anulen un precepto ou unha disposición xeral non han afectar, por si mesmas, á eficacia das sentenzas individuais ou actos administrativos firmes que o aplicasen.
Mais neste asunto, nen sequera a Orde do grao extraordinario de carreira constitúe un eventual acto de aplicación do “Acordo de Concertación”, xa que a Orde do grao extrarodinario é un acto de aplicación do dereito á carreira profesional (do EBEP), non do Acordo de Concertación. Este Acordo non é máis ca un pacto entre dúas partes, polo que determinaron unha forma (discriminatoria) de poñer en marcha o dereito á carreira do EBEP.
Por outra banda, o sistema ordinario de carreira nin está negociado, nin está implantado, nin a Xunta parece ter intención de facelo. Os sindicatos asinantes sabedores do fracaso están a intentar acusar á CIG do que non foron capaces de sacar para adiante xa que a Xunta nin sequera publicou o remendo que lle fixeron para incluír ao persoal funcionario interino nun sistema ordinario inexistente a día de hoxe.
Mesmo, o bifachito sindical, no canto de utilizar o instrumento que lles brinda a sentenza da CIG para forzar a inclusión de todo o persoal nas convocatorias de carreira, o que está a facer é pedir que a Xunta recorra para que o persoal temporal excluído siga sen cobrar.
En definitiva, menos manipulación dos que pactaron a discriminación e máis cumprimento do principio de igualdade.
Se queren, é moi doado de arranxar: convocatoria maña mesmo da Mesa Xeral de Empregados Públicos e negociar entre todos unha carreira profesional universal e sen discriminacións.
- Detalles
Unha nova sentenza do TSXG declara ilegal a carreira profesional da sección segunda do Acordo de Concertación por discriminación do persoal laboral, interino e temporal.
Esta é a segunda sentenza xudicial gañada pola CIG contra a exclusión da carreira profesional do persoal funcionario interino, laboral temporal e fixo que non optara por funcionarizarse. Neste caso afecta á sección segunda do Acordo de Concertación, o pacto da vergoña que asinaron Xunta, CCOO e UGT. Na CIG nunca tivemos dúbidas desta cuestión, que foi un dos motivos polos que non asinamos o Acordo de concertación. Para nós, o principio de igualdade é básico na negociación colectiva e por suposto é un dereito fundamental.
Os seus efectos:
- Non afecta ao réxime extraordinario, polo que seguiremos cobrando o primeiro grao e continua o dereito a cobrar o segundo, que recordamos está orzamentado para 2021.
- Anula o pacto sindical vergoñento entre a Xunta e CCOO/UGT que provocou a violación do dereito a igualdade e non discriminación do persoal empregado público.
- Axuda a reforzar as demandas individuais que procuran a declaración do dereito individual co cobro do sistema extraordinario dende o 1 de xaneiro de 2019.
- A Xunta terá que negociar unha nova carreira profesional coas organizacións sindicais que lle outorgue o dereito a todo o persoal, sen que iso implique que poda derrogar ou revogar os dereitos xa concedidos en base ao sistema extraordinario de carreira profesional.
- Ademais, complementa a sentenza previa sobre a Orde de carreira, determinando que o dereito á carreira profesional non pode ficar restrinxido ao persoal funcionario de carreira ou laboral fixo que decida funcionarizarse
Porén, a sentenza non é firme, e a Xunta pode recorrela en casación como fixo coa anterior, demandamos que non o faga e se sente a negociar xa o grao ordinario e recoñeza canto antes o grao extraordinario para o persoal que excluíu.
- Detalles
Recibimos documentación para unha modificación da Relación de Postos de Traballo de Medio Rural, coa que a consellería quere crear a "Unidade de Investigación de Incendios Forestais". No lote vai a amortización de cinco postos de traballo.
A primeira xuntanza vai ser o venres 23 de xullo, e xa co verán enriba, descoñecemos se o trámite de Mesa Xeral quedará para despois do verán. Se queres aportar algo, contacta coa CIG.
- Detalles
Recibimos borrador da convocatoria do proceso selectivo para as prazas de persoal funcionario das escalas sanitarias (Lei 17/1989), correspondente ás OEPs dos anos 2018, 2019, 2020 e 2021.
Xa era hora, xa non lles cabía no corpo nin un minuto máis a cara de vergoña de que a 21 de xullo de 2021 nos enviaran o primeiro borrador para negociar a convocatoria duns postos que comezaron ofertando no ano 2018.
Xa fai días que recibimos aviso de que o temario estaba a circular, esquecendo, se cadra, que o persoal funcionario escolleu aos seus lexítimos representantes nas eleccións sindicais. E cando nos chegou, foi con copia a sindicatos que representan ao persoal sanitario, non ao persoal funcionario.
Temos de prazo ata o 20 de agosto para presentar alegacións escritas. Se queres dicirnos algo, podes contactar coa CIG.
- Detalles
Estamos convocados a unha Mesa Xeral de Negociación de Empregados/as Públicos/as, que vai ser o venres 23 de xullo.
Os asuntos da Orde do día son:
- Modificación da RPT de Vicepresidencia primeira e consellería de Presidencia. Descargar.
- Modificación da RPT de cultura, Educación e Universidade. Descargar.
- Modificación da RPT de Política Social. Descargar.
- Modificación da RPT de AGACAL. Descargar.
- Acordo de condicións de traballo do persoal técnico do SPIF. Descargar.
- Corrección de erros da RPT de funcionarización. Descargar.
- Convocatoria de funcionarización a grupo B do persoal laboral fixo de incendios do grupo III-categoría 100. Descargar.
- Convocatoria de funcionarización a grupo C2 do persoal laboral fixo de incendios dos grupos IV e V. Descargar.
Se tes algo que dicirnos, contacta coa CIG.
- Detalles
A funcionarización do persoal laboral fixo supón un aforro de 13 millóns de euros nos orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2022.
O capítulo I (gastos de persoal) dos orzamentos da Xunta recolle un importe de 200 millóns de euros para pagar as nóminas e cotizacións do persoal laboral fixo susceptible de funcionarizarse (sen incluír os importes das antigüidades). Como o persoal funcionario de carreira non cotiza pola continxencia de desemprego, co cambio de vínculo xurídico de persoal laboral a funcionario a Administración aforra trece millóns de euros que saen do 5,5% das cotizacións a cargo da Administración (a maiores do 1,55% que deixa de cotizar o/a traballador/a).
Nin a Xunta, nin moito menos CCOO e UGT como sindicatos cómplices desta funcionarización chapuceira, manifestaron que destino se lle vai dar a eses 13 millóns de euros. Na CIG temos claro que eses cartos que a Xunta deixa de achegar ás arcas da Tesourería da Seguridade Social teñen que reverter ao persoal empregado público.
Cumpre lembrarlle ao “trío calavera” que a Lei 1/2012 de medidas temporais en determinadas materias de emprego público da Comunidade Autónoma de Galiza supuxo un recorte de dereitos que se manteñen a día de hoxe.
Dende entón, a Xunta nunca amosou a máis mínima intención de reverter ese brutal recorte nos dereitos sociais e económicos do persoal empregado público da Administración Autonómica de Galiza.
Por exemplo, con eses cartos poderíanse recuperar as modalidades e os importes do Fondo de Acción Social, que lembramos pasou de 9.136.392 € no 2010 a 2.000.000 € no 2020, máis de 7 millóns de euros de recorte cada ano. Ou poderíanse utilizar para recuperar os máis de 700 contratos anuais do persoal necesario para rematar definitivamente coa suspensión do artigo 19 do V Convenio e posibilitar así o dereito ao descanso en sábados, domingos ou festivos.
Son só dúas mostras do que se podería facer, mais poderían ser outras medidas en beneficio do conxunto do persoal empregado público, como un novo acordo de xubilación parcial anticipada ou o establecemento dun plan de igualdade que permita a conciliación do persoal que traballa a quendas, por exemplo.
O que non pode ser é que a consellaría de Facenda, aproveitando a primeira quenda funcionarizada a primeiros de xullo, faga uso deste aforro para incrementar níves ou reclasificar a uns poucos achegados/as, ou que pretenda adicar este orzamento ao pago do persoal que participe na xestión dos fondos de recuperación e resilencia, vía produtividade ou gratificacións extraordinarias.
Por iso, dende a CIG reclamamos con carácter urxente a apertura dunha mesa de negociación na que se procure o investimento en beneficio de todo o persoal deses 13 millóns de euros que, ben empregados, poden dar para moito.
A Xunta non pode negarse á apertura desa mesa de negociación co argumento da falta de recursos económicos. Ou que vai facer con estes trece millóns?
- Detalles
A non cobertura das vacantes, baixas e permisos, bloquear o teletraballo, non vacinar ao persoal veterinario ou agora a eliminación da cita previa provoca a desprotección das empregadas e empregados públicos e das persoas usuarias deste servizo público.
Para a CIG as críticas á atención das oficinas agrarias comarcais nada teñen que ver co traballo que realiza o seu persoal sinón ao seu desmantelamento progresivo e implacable. Primeiro foron as funcións de extensión e formación que privatizaron e centralizaron e agora a obriga aos usuarios e usuarias a relacionarse dixitalmente, un plan anterior á pandemia que incumpre a propia Lei de administración dixital ao non realizarse o inventario previo de dixitalización.
A pesar deste desastre da xestión política, o persoal empregado público segue a realizar un esforzo importantísimo na atención das persoas usuarias potenciando e favorecendo o desenvolvemento deste sector primario vital para a economía galega. Traballo que moitas veces teñen que preparar e que logo o sistema obriga ás persoas a acudir a unha xestoría a rematar (rexistrar) establecendo un novo gravame efectivo para o agro galego.
Na CIG vimos de presentar un escrito á Consellería de Medio Rural, ao presidente do Comite de Seguridade e Saude Laboral e á Dirección Xeral da Función Publica para esixir medidas de proteccion ao persoal das OACS e de seguridade cara ás persoas usuarias.
Para o persoal das OACs non hai dereitos laborais nin dereito á seguridade e saúde
Mentres, a Xunta non reforza con persoal as unidades, non atende as peticións de persoal auxiliar de rexistro previsto na LEXIDGA, non cubre vacantes, baixas e permisos, nin tan sequera as vacacións do persoal, non atende a moitas flexibilidades horarias por conciliacions...
Para mais bloquea o teletraballo (incluso o covid) e non vacinou ao persoal veterinario negándolles incluso as PCR cando fan inspeccións en granxas con positivos covid. Unha cuestión de saúde pública gravísima xa que poden ser focos de novas mutacións do virus.
A última ocurrencia da Consellería de Medio Rural: eliminar a cita previa
Na CIG defendemos a cita previa nas campañas, o que se demostrou un sistema eficaz para mellorar o servizo e para evitar aglomeracións e recordamos que a atención puntual e ordinaria sempre se deu sen problemas nestas unidades polo que non se xustifica a eliminación da cita previa. Entendemos que con ista nova medida dirixida as OACs, quérese culpabilizar de novo ao persoal da nefasta xestión da Consellería de Medio Rural nestes servizos agrarios e gandeiros.
Estará o conselleiro de Medio Rural a preparar o camiño a novas privatizacións ou responde a nova onda propagandística de remodelación das oficinas?

