- Detalles
Función Pública vén de remitirnos unha nova documentación da funcionarización OPE 22-23 e da funcionarización por PI horizontal específica.
Descarga a documentación da funcionarización OPE 22-23. Alegacións ata o 30 de outubro.
Descarga a documentación da funcionarización por PI horizontal específica. Alegacións ata o 27 de outubro.
Se queres comentar algo, contacta coa CIG.
- Detalles
Función Pública vén de convocarnos a dúas xuntanzas, mesa previa o mércores 25 e Mesa Xeral o venres 27 de outubro. Na orde do día traen un novo borrador de Orde pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais.
Se tes algo que comentar, contacta coa CIG. Descarga o novo borrador.
- Detalles
Función Pública vén de convocar ás organizacións sindicais a unha xuntanza previa para o mércores 25 de outubro e unha Mesa Xeral para o venres 27 sobre a RPT de Política Social. Para ambas xuntanzas envían a mesma documentación. Con carácter previo a estas xuntanzas tivemos outra xuntanza o pasado venres 20 de outubro.
Resulta sorprendente, ou non tanto coñecendo como "traballa" Función Pública e tendo en conta que o prazo de alegacións remata mañá, nos envíen xa a documentación para ambas xuntanzas. Isto pode significar dúas cousas: ou van a pasar ampliamente das alegacións ou terán que enviar unha nova documentación unha vez analizadas as alegacións que lles enviemos. Un exemplo máis da vontade negociadora desta Administración.
Descarga a documentación. Se tes algo que comentar, contacta coa CIG.
- Detalles
Continúa a liorta xudicial polo dereito a traballar no sector público nos periodos de inactividade do persoal fixo descontinuo. O Tribunal Supremo admitiu a tramite o recurso de casación da CIG para discutir se o réxime de incompatibilidades se aplica nos periodos de inactividade dos contratos fixos descontinuos
Aló polo 2020, a instancia da CIG, un traballador fixo descontinuo de 6 meses do SPIF gañara unha sentenza que lle outorgaba o dereito a traballar no concello durante o periodo de suspensión do seu contrato. Naquel momento a Xunta recorreu aquela sentenza ante o TSXG e gañou, abocando ao traballador a non poder traballar nos periodos de suspensión do seu contrato ao denegarlle a compatibilidade.
A interpretación torticeira da norma de incompatibilidades que fai a Administración autonómica para asoballar e abusar sobre o seu persoal atenta contra o dereito ao traballo das persoas, o que as aboca a unha vida de miseria xa que teñen que subsistir por debaixo do IPREM (o indicador da pobreza para o 2023 está nos 600 euros brutos mensuais).
Mais agora temos unha boa nova, o día 17 de outubro notificáronnos a admisión polo Tribunal Supremo do recurso de casación interposto pola CIG sobre o réxime de incompatibilidades do persoal temporal descontinuo.
En concreto, o Tribunal Supremo deberá pronunciarse sobre:
“Determinar si el periodo de inactividad laboral en las relaciones laborales del personal temporal discontinuo, debe considerarse como desempeño de actividad en el sector público y, como tal, sujeto en consecuencia al régimen de incompatibilidades regulado en la Ley 53/1984, de 26 de diciembre, de Incompatibilidades del personal al servicio de las Administraciones Públicas.”
Ao albor desa boa nova, o mesmo día 17 de outubro, na mesa xeral de Orzamentos, a CIG esixíulle de novo á Administración que permita compatibilizar e traballar ao seu persoal fixo descontinuo nos periodos de suspensión do contrato.
Na CIG estamos ansiosas en que se faga xustiza e que o Tribunal Supremo cree xurisprudencia para que a Xunta non lle negue nunca máis a ningún outro/a compañeiro/a o poder traballar no período de inactividade do contrato.
- Detalles
A Consellería de Medio Rural comprometeuse a convocar mesa para negociar as condicións laborais do persoal do servizo de incendios forestais, grazas a presión que exerceu o persoal coas súas peticións. Pasan os días e polo de agora non temos nin proposta nin convocatoria da Administración. Nós si lle enviamos algo para traballar, un borrador de acordo marco regulador e o anexo de incendios.
E mentres, os compañeiros e compañeiras de seis meses quédalles pouco para que os larguen para casa xa que a suspensión do contrato comeza o vindeiro 2 de novembro, 6 meses sen cobrar e sen poder traballar no sector público.
O luns 16 e martes 17 de outubro a Administración convocou a Mesa Xeral para tratar a lei de medidas e a lei de orzamentos 2024. Na CIG pedímoslle que ampliaran o contrato de 6 a 12 meses do personal do SPIF e o traslado dos dereitos do V Convenio Colectivo (coa introducción dunha disposición á Lei de Emprego Público de Galicia), para que non se perderan dereitos e que partiramos disa base mentres negociabamos as condicións de traballo específicas para todo o persoal do SPIF. Negáronse outra vez, como no 2022 e no 2021.
Non é de estrañar, quérennos sen dereitos laborais e funcionarizados, somos máis baratos.
Isto é o que perdemos:
- Promocións internas ao 50%
- Adscricións provisionais obxectivas e superiores categorías
- Roupa e calzado de traballo (agás EPI)
- Descansos e compensacións por traballar domingos e festivos
- Dereito a negociar a carteleira anual
- Límites de activación dos periodos de alto risco
- Trienios iguais para todos e de 33,15 euros.
- Acordo de xubilación parcial…
Somos pacientes, somos traballadoras, somos servizo público, pero….OS DEREITOS LABORAIS… PARA CANDO?
- Detalles
O día 10 de outubro de 2022 tivo lugar unha xuntanza para expoñerlle ás OOSS a acta única que quere implantar a Conselleira de Medio Rural.
A Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, despois de máis de 2 anos dende que se tivera a primeira reunión e de que a CIG presentara alegacións por escrito a unha proposta de modelo de acta única, a administración explicou cal vai ser o funcionamento da nova aplicación “SIRFOG”. O acceso a esta aplicación deberase facer a través da Intranet da Xunta, co usuario corto e contrasinal.
A aplicación servirá para tramitar o inicio de calquera denuncia das distintas leis que afectan a Consellería do Medio Rural (lei de montes, lei de incendios, lei de recuperación de terras agrarias...).
A acta confeccionarase na aplicación e xerará unha acta que será enviada directamente ao Servizo Técnico Xurídico para a iniciación do procedemento. A través da mesma plataforma o Servizo Xurídico poderá solicitar unha aclaración de acta ou comprobar o estado da mesma.
Deste xeito todas as actas quedaran arquivadas e en todo momento se poderá facer unha procura por DNI ou referencia catastral para localizar unha acta.
O día 17 de outubro tivo lugar unha xornada formativa para coñecer a aplicación da "acta única" e para a tramitación das actas de inspección.
Dende CIG solicitamos que os traballadores/as teñan acceso ao catastro para poder cumprimentar os datos da persoa titular das parcelas inspeccionadas. A administración infórmanos que iso a día de hoxe non é posible, pero que ven posible que a propia aplicación extraia os datos directamente do catastro.
- Detalles
A dúas horas escasas do comezo da xuntanza de hoxe con Función Pública, achégannos un novo punto para a orde do día cunha proposta de modificación da RPT de Política Social, pola que crean varios postos nos Equipos de Valoración da Dependencia e da Discapacidade e nos equipos de Protección do Menor das xefaturas territoriais. Tamén propoñen a modificación de seis postos de director/a de Centro Sociocomunitario para adaptala á realidade vixente.
As formas e a vontade negociadora debe primar en toda negociación. Aínda que esta modificación supoña a creación de postos de traballo, non é de recibo que traian esta proposta a correr e sen darnos tempo a analizar algo do que temos coñecemento hoxe e que non se negociou previamente coa consellería.
Podes descargar a proposta nesta ligazón e se queres comentar algo, podes poñerte en contacto coa CIG.
- Detalles
A Consellería de Facenda e Admón. Pública convocounos a unha xuntanza que terá lugar o 27 de outubro, para tratar unha modificación da súa relación de postos de traballo (RPT). Se resulta do teu interese, podes descargar a proposta aquí.
Para achegarnos o que consideres, podes contactar coa CIG.
- Detalles
Función Pública convocounos aos sindicatos a unha mesa previa á Mesa Xeral o 20 de outubro con varios asuntos.
BOLSA DE HORAS POR CONCILIACIÓN
Proxecto de Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se modifica a Orde do 20 de decembro de 2013, conxunta da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería de Facenda, así como a Resolución conxunta do 8 de agosto de 2014, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Dirección Xeral da Función Pública, no relativo ao desfrute da bolsa de horas de libre disposición por motivos de conciliación familiar. Descargar.
FUNCIONARIZACIÓN DE PERSOAL LABORAL FIXO EN EXCEDENCIA
Resolución do XX de XXX de 2023 da Dirección Xeral da Función Pública pola que se procede á apertura do prazo para solicitar a participación nos procesos de funcionarización polo persoal que se atope en situación de excedencia voluntaria, excedencia voluntaria por incompatibilidade ou por prestación de servizos noutra Administración pública e se aproba e se dá publicidade ao modelo de solicitude de participación (código de procedemento XXXX). Descargar.
MODALIDADE ESPECÍFICA PROMOCIÓN PERSOAL LABORAL FIXO (FUNCIONARIZACIÓN)
IMPORTANTE: Cada unha das seguintes resolucións vai acompañado dun anexo I cunha listaxe das categorías e un anexo II cunha listaxe das persoas, polo que cumpre que cada persoa afectada comprobe se figura no anexo II.
RESOLUCIÓN do XX de xxxxxx de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo superior da Administración xeral e corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1. Descargar.
RESOLUCIÓN do XX de xxx de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2. Descargar.
RESOLUCIÓN do XX de setembro de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Descargar.
RESOLUCIÓN do XX de xxx de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1. Descargar.
FUNCIONARIZACIÓN
IMPORTANTE: Cada unha das seguintes resolucións vai acompañado dun anexo I cunha listaxe das categorías e un anexo II cunha listaxe das persoas, polo que cumpre que cada persoa afectada comprobe se figura no anexo II.
Resolución do XX de XXX de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral e corpo facultativo superior da Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao Grupo I, do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico. Descargar.
Resolución do XX de XXX de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao Grupo II, do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico. Descargar.
Resolución do XX de XXX de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao Grupo V, do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico. Descargar.
Resolución do XX de XXX de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo da Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao Grupo III, do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico. Descargar.
Resolución do XX de XXX de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao Grupo IV e V, do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico. Descargar.
- Detalles
Aparentemente, nos seguintes meses teremos a convocatoria de tres concursos (primeiro incendios, despois escalas sociais, seguido do resto de administración especial). Do resto (corpos xerais e demáis escalas), o DXFP non se compromete. Mentres, teiman en manter a valoración das comisións de servizo no baremo de traballo desenvolvido.
Despois de varias xuntanzas e escritos de alegacións, e catro borradores do concurso de traslados de Administración especial, que servirá de modelo para todos os concursos, a CIG e a Dirección Xeral de Función Pública mantemos numerosas diferenzas. Aquí, queremos destacar dúas cuestións:
Concurso de traslados para todo o persoal
O tempo que pasa entre concursos é excesivo. Temos xente que leva anos e anos desprazándose entre localidades cando hai numerosas vacantes dispoñíbeis (que se adxudican en comisión de servizos, a dedo). Temos algunhas escalas con máis de 10 anos sen concurso. A CIG esixe que se convoquen os concursos de traslados para a totalidade dos corpos e escalas da Administración Autonómica, de xeito que poidan estar TODOS resoltos antes do 31/12/2024.
O DXFP non dá prazos. Tan só fala da orde que van seguir (algúns): primeiro o das escalas de incendios, despois as escalas sociais, e por último o resto da administración especial. Dos corpos xerais, e do resto de escalas de administración xeral non di nada, non se compromete a poñer datas, nen sequera aproximadas.
E aquí cabe unha reflexión: existe a posibilidade de facer un concurso único para absolutamente todo o persoal da Administración autonómica, con todas as prazas vacantes? Non é obrigatorio que os concursos teñan que ser por escalas ou grupos de escalas, podería ser para a totalidade dos postos á vez. Cada concursante só vai poder facelo ás prazas que están abertas ao seu corpo, escala ou especialidade. E isto tamén resolvería as situacións que se teñen dado no pasado de que os corpos que primeiro concursan eran os que collían os mellores postos cando estaban abertos a varios deles.
Deste xeito tamén se poderían incorporar ao concurso único os corpos xerais e escalas que Función Pública agora elude contestar cando van concursar.
Traballo desenvolvido en comisión de servizos
O baremo do traballo desenvolvido calcúlase cunha fórmula que ten en conta o tempo que se prestou servizos en diferentes niveis. O problema está en como valorar os niveis en comisión de servizo.
A CIG teno claro: as comisións de servizo son adxudicadas sen criterio obxectivo algún, directamente a dedo, a vontade das persoas con responsabilidade política na Administración. Nesa situación rexeitamos que un nivel obtido porque a alguén lle saiu das narices concedelo, teña o máis mínimo valor como mérito nun concurso de traslados. Outra cousa diferente sería se existise algún tipo de criterio obxectivo para a súa adxudicación. Pero non é o caso.
No último concurso de corpos xerais mediaron tantos anos entre que se solicitaron as prazas e se resolveu o concurso, que por medio houbo un importantísimo número de prazas libres que foron adxudicadas en comisión de servizos. Mesmo puidemos ver como xente que obtiña un destino, estaba en comisión ao día seguinte. Non houbo criterio algún, non houbo obxectividade, foi algo discrecional. E no caso de administración especial, pasaron tantos anos dende o anterior concurso que temos unha enorme cantidade de persoas en comisión. E agora imos valorar iso como mérito?
A CIG, así como todos os sindicatos presentes nas xuntanzas (CCOO, CSIF, UGT e SEPGA), solicitamos que o tempo traballado en comisión de servizos fora valorado como no posto de orixe. O DXFP por agora, teima en manter o seu criterio.

