Novas por contido

No DOG do 18/10/2021 publican a RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a inclusión nas listas únicas para a cobertura, con carácter transitorio, de prazas reservadas a persoal funcionario en determinados corpos, escalas ou especialidades de persoas integrantes de listas de contratación temporal de categorías profesionais laborais equivalentes, ao abeiro do establecido no artigo 5.2 da Orde do 20 de xullo de 2021.

É requisito o de figurar admitido/a nalgunha lista das categorías profesionais laborais equivalentes ao corpo, escala ou especialidade de persoal funcionario en que se solicita a inclusión en listas, de conformidade coas equivalencias establecidas no anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, modificado pola Orde do 10 de marzo de 2021, que se recollen no anexo II desta resolución.

O prazo para a presentación de instancias comezará o día 19 de outubro e finalizará o 18 de novembro de 2021.

Outras novas recentes

Venres, 17 Outubro 2025

Publicado o Real Decreto que recoñece a xubilación anticipada dos e das axentes ambientais pero “non os aplica” de xeito directo.

O Real Decreto 919/2025, de 15 de outubro, regula os coeficientes redutores da idade de xubilación aplicables ao persoal axente forestal e ambiental das administracións públicas.  Este avance é unha conquista colectiva do persoal axente ambiental e tamén froito da presión e do traballo sindical desenvolto pola CIG durante a tramitación da Lei básica que permitiu incorporar...
Venres, 17 Outubro 2025

A CIG presenta 40 propostas de cambios na xestión e máis de 700 achegas de cursos ao plan de formación 2026 da EGAP

Estas propostas forman parte da campaña da CIG «Por unha EGAP transparente e en galego». A recada foi posible grazas ás abondosas contribucións do persoal desta Administración, que demanda non só o incremento substancial da cantidade de cursos, que permita un acceso máis doado e xusto, senón tamén a total transparencia na selección do persoal formador, como garante dunha...
Martes, 14 Outubro 2025

Promoción interna de corpos xerais (MSF 13/10/25)

As bases das convocatorias de promoción interna separada para corpos xerais (A1, A2, C1 e C2), pasou pola Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario que tivemos o luns 13 de outubro. Para a súa publicación en DOG falta que queden aprobadas nunha futura Comisión de Persoal. As convocatorias recollen as prazas das OEP dos anos 2022 e 2023. A CIG solicitou a...