Novas por contido

No DOG do 24/05/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2024, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral e do corpo facultativo superior de Administración especial, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 243, do 26 de decembro) pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2024, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral e do corpo facultativo de grao medio de Administración especial, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo II do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 243, do 26 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2024, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 243, do 26 de decembro) pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2024, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 243, do 26 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba tipo test do proceso selectivo que se cita no portal web da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal, ás cales se pode acceder a través do seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/funcion-publica/ funcionarizacion/convocatorias

Outras novas recentes

Xoves, 19 Novembro 2026

Aplicación do Decreto 37/2006 e listas definitivas de PSX e xerocultura

No DOG do 19/11/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dispón a aplicación do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, na cobertura dos postos do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servizos xerais (PSX), e do corpo de auxiliares...
Venres, 27 Novembro 2026

Nomeamento como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de PSX e xerocultura

No DOG do 27/11/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de persoal de servizos xerais, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos...
Luns, 23 Novembro 2026

A CIG esixe que a Xunta faga o seu traballo e realice unha revisión integral dos niveis das persoas empregadas públicas

Na súa deriva discriminatoria cara ao persoal, a Xunta leva tempo facendo propostas de subas de niveis a cachos e onde lle peta. Vimos de rexistrar unha petición para que fagan dunha vez por todas un estudo serio da estrutura de postos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, que está completamente obsoleta e cuns niveis mínimos inferiores a outras...