Emprego Público vén de informarnos da publicación inminente no DOG da seguinte convocatoria da axuda á atención de persoas con discapacidade (o mal chamado FAS2024):
- Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galiza pola que se autorizan os criterios de reparto e convocatoria do Fondo de Acción Social para o exercicio económico do 2024 relativos á axuda para atención de persoas con discapacidade.
- Publicación no DOG: venres 25 de abril de 2025
- Apertura da plataforma para as solicitudes: luns 28 de abril de 2025 (día seguinte ao da publicación no DOG)
- Prazo de solicitudes: 10 días hábiles