Novas por contido

No DOG do 12/07/2023 publica a RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2023 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como do persoal da Administración de xustiza de Galiza e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.

Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración de xustiza de Galiza; das entidades locais de Galiza, e o PAS das tres universidades do SUG, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

No DOG do 11/07/2023 publican a RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2023 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (DOG número 211, do 6 de novembro).

No DOG do 11/07/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro) pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

No DOG do 10/07/2023 a EGAP publica unha CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de maio de 2023 pola que se fan públicas as bases e as condicións xerais de participación nas actividades formativas.

No DOG do 07/07/2023 publican:

- ACORDO do 29 de xuño de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Declaran aptas as persoas participantes no período de prácticas a que se refire a base III da convocatoria que figuran no anexo deste acordo, e que foron nomeadas funcionarias en prácticas en virtude da Resolución do 9 de maio de 2023 da Consellaría de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 93, do 16 de maio).

Propoñen ás persoas participantes relacionadas no anexo a que se refire o punto primeiro deste acordo para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira, de conformidade co disposto na normativa vixente.

- RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2023 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, de cinco persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro).

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

No DOG do 06/07/2023 publican a ORDE do 5 de xullo de 2023 pola que se regula o exercicio dos dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galiza nas eleccións xerais ao Congreso dos Deputados e ao Senado, convocadas para o día 23 de xullo de 2023 polo Real decreto 400/2023, do 29 de maio, de disolución do Congreso dos Deputados e do Senado e de convocatoria de eleccións.

No DOG do 05/07/2023 a Axencia Galega da Calidade Alimentaria publica a RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2023 pola que se fan públicos os resultados do proceso selectivo extraordinario de estabilización, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso como persoal laboral fixo na praza de xefatura de negociado referenciada no anexo I do Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galiza, correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza, e se propón a persoa seleccionada.

No DOG do 05/07/2023 a Axencia Galega de Innovación publica a RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para a provisión, mediante contrato laboral temporal, dunha praza de titulado/a superior xestor de proxecto.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles desde o día seguinte ao da súa publicación oficial.

No DOG do 05/07/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría agronómica, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría agronómica, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

No DOG do 05/07/2023 publican a RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2023, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG número 115, do 18 de xuño), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

Outras novas recentes

Venres, 12 Xuño 2026

Xuntanza coa SXT de Medio Rural (10/06/2026)

Cobertura de prazas SPIF Din que a día de hoxe a cobertura no servizo e superior ao 90% e que rematarán de cubrir os postos mediante chamamentos que sairán previsiblemente esta semana. Respondemos que sempre imos tarde co tema da cobertura xa que non se trata de ter o dispositivo ao completo en xullo-agosto-setembro, este ano xa tivemos o primeiro GIF en abril, moito antes...
Xoves, 11 Xuño 2026

Persoal de secretaría dos centros de ensino. Acordo PND xa!

O persoal auxiliar e administrativo dos centros de ensino continúa a sufrir unha situación de infravaloración e abuso organizativo que resulta inadmisíbel. A pesar da percepción errónea de que se trata de “persoal de mesa e ordenador”, a realidade evidencia que non está exento de soportar decisións arbitrarias por parte dalgunhas direccións, que non comprenden —ou non...
Xoves, 18 Xuño 2026

Contra o decretazo nas listas de substitución da Xunta: folga de 1 hora

Dado que a Administración segue adiante coa aplicación do Decreto 40/2026, que modifica o 37/2006 de listas de substitucións chamamos a todo o persoal que forma parte das listas de contratación e ao que está en activo a una folga o vindeiro día 23 de xuño de 11h a 12h. Este problema afectanos a todas e todos. Ó persoal que forma parte das listas que ve recortados os seus...