Novas por contido

No DOG do 27/05/2022 publican o DECRETO 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galiza.

No DOG do 27/05/2022 publican o DECRETO 72/2022, do 25 de maio, polo que se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galiza.

No DOG do 24/05/2022 publican a RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2022 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

No DOG do 23/05/2022 publican a RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo para a provisión, mediante contrato laboral temporal, dunha praza de titulado/a superior, xestor de proxecto (proxecto HIBA).

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles desde o día seguinte ao da súa publicación oficial.

No DOG do 23/05/2022 publican a RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo de acceso libre e de estabilización para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galiza.

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

No DOG do 23/05/2022 publican a RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 20/05/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2022 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

- RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2022 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

- RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2022 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

No DOG do 20/05/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020 (DOG número 249, do 11 de decembro).

Declarar rematadna fase de oposición do proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.

No prazo dos dez (10) días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución no DOG, as persoas aspirantes actuarán do xeito que se indica nesta resolución.

- RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de veterinarios (subgrupo A1), convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020 (DOG número 249, do 11 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican a cualificación da aspirante convocada ao segundo exercicio.

-RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de veterinarios (subgrupo A1).

No prazo dos 10 días hábiles seguintes ao da publicación da presente resolución no DOG, as persoas aspirantes actuarán do xeito que se indica nesta resolución.

No DOG do 18/05/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2022 pola que se convocan os cursos correspondentes ao primeiro semestre do Plan de formación do Servizo Público de Emprego de Galiza do ano 2022.

Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal funcionario e laboral das oficinas de emprego, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social e da área de emprego das xefaturas territoriais da Consellaría de Emprego e Igualdade, que se atope en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 25 de maio de 2022.

No DOG do 16/05/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2022 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada.

- RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2022 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala superior de saúde laboral, subgrupo A1, do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2022 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial.

- RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2022 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala técnica de saúde laboral, subgrupo A2, do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

Outras novas recentes

Mércores, 12 Novembro 2025

Promoción interna a PSX e acceso libre a corpos xerais (A1, A2, C1 e C2), psicoloxía e auxiliar de clínica (MSF 11/11/25)

Na Mesa Sectorial do día 11 onde se negociou a promoción interna separada a PSX, acceso libre a corpos xerais (A1, A2, C1 e C2) así como acceso libre e promoción interna a psicolxía e auxiliar de clínica, a DXEP presentou os seguintes cambios respecto dos borradores iniciais: Pasan o corte de 4 a 5 por praza Incluen o criterio de xénero para o desempate Aumentan o número de...
Venres, 14 Novembro 2025

Concurso de traslados de veterinarias: apertura da elección de postos e xustificación de méritos

No DOG do 14/11/2025 publican a RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acordan a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e o procedemento de xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo...
Martes, 18 Novembro 2025

Oposicións a corpor xerais, PSX, psicoloxía, aux. de clínica e estatística (libre e/ou P.I.). Concursos pendentes. Gas radón (CP e MSF 18...

O martes 18 quedaron aprobadas en Comisión de Persoal as bases das convocatorias dos seguintes procesos selectivos: Acceso libre a corpos xerais (superior-A1, xestión-A2, administrativo-C1 e auxiliar-C2) Acceso libre e promoción interna a psicoloxía-A1 Acceso libre e promoción interna a auxiliar de clínica-C2 Promoción interna separada a persoal de servizos xerais (PSX)-C2...